O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 12, 2007

Na serie-A os rookies dos Piratas da Billarda Cristian e Lía comandan a clasificación con 16 puntos seguidos de preto por daniel e David, na Serie-B Hugo e o italo-galego Difranco son tete de course mentras que Gines invadido polo poder do proscuitto conseguido en asturies remonta ate a 3º posición seguido por un espectacular Marcos do Billadeiros Musicais que se cola tamén na clasificación de varados repleta de palanadores disa sonora franquicia. Pero se os cóbados sáen a relucir na clasificación buscando escalar postos na xeral na clasificación por equipos a cousa está que arde, comadan Billadeiros musicais con 57 puntos seguidos polos Remourelle bulls con 47 e polos Piratas da Billarda con 38 , pero a gran loita líbrase polo fondo da táboa , espectacular ascensión das Fanecas Bravas que empatan cunha irregular Ekipa a 25 puntos deixando ós Bíteres coma pechacancelas da táboa de franquicias , un equipo doente que necesitan urxentemente unha das vacinas do seu expalanador Xosé Manuel para recuperar o seu gran poder billardeiro e voltar á élite nite deporte que racha dentes!! ATENTOS Á PANTALLA PORQUE CHEGA A CARREIRA DA XORNADA!!