O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 12, 2007

SE O VELLO SIMBAB VOLVESE ÁS ILLAS ESTARÍA NO 3º ASALTO DA SUPERLIGA!!

Espectacular afluencia de público no 3º salto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA na súa Conferencia NorLeste celebrado na pista polideportiva dos colexios se Mondoñedo. Os palanadores e palanadoras da LNB chegaban quentes ás terras de Simbad despois de ollar na noite anterior o espectacular video-documental da LNB emitido na galega . Un sol de xustiza como as xostras nas costas dos expertos golpexou duro para animar unha xornada que deixou unhas táboas clasificatorias que xa podedes consultar no web oficial da Conf.Norleste .