O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 30, 2007


Iste luns TELE-VARAL prepara a emisión dun espeluznante documento sobre intervención dos tres palanadores LNB no progama Luar da Galega, prepárate para descubrir a cara oculta dun eclipse Luar!!

quarta-feira, março 28, 2007

A NOVA FICHAXE DOS CORNERÍA-TEAM FAI TREMER OS MICROS DE TELE-VARAL [preme]

Canceleiro vestíu por primeira vez no multiusos de Santo Adrao a camiseta laranxa dos Corenería-Team , unha vez pasada as probas físicas do equipo médico dos cornería Canceleiro nunha históricoa entrevista co reporteiro estrela de TELE-VARAL afirmou ter desoído afertas millonaras de equipos do estranxeiro para incorporarse á disciplina dos Corneria Team franquicia pola que está disposto a morrer matando. E así o demostreou niste 10º asalto da SUPERLIGA de billarda donde por primeira vez en moito tempo se viu froxear ó gran Zidane da billarda que xa ten a Vicente o palanador da EkipA SafaRi a ten só un punto pisándolle os calcaños, entre de novo na pomada do top ten David o dos Sporting Petapouco defensor do título non dixo aínda a súa ultima palabra, Foro palanador mellor clasificado na Xeral dos Tronos de Masma aproveitou tamén as dimensión reducidadas do pista de Santo Adrao para facer un novo varado e liderar en solitario ista desputada competición, todas as táboas xa a disposición no espario patrocinado pola TENDA-LNB donde podes adquirir material deportivo para a práctica do deporte da billarda que patrocina tamén as Táboas da Superbol Galiza 2007 que continúa liderada solidamento polo lanzador de Xove Arturo, o rei da Lastra aínda que a tan só un punto de Felgo , o vencedor dista última tirada de Santo Adrao.

segunda-feira, março 26, 2007

VICENTE EMOCIONADO COMPLETA O SEU PRIMEIRO HATT TRICK BILLARDEIRO!! [preme]

GALO , LACÓN E PALÁN DE OURO, VICENTE O PALANADOR DA EKIPA SAFARI COMPLETOU ISTE DOMINGO 25 NA PISTA DE SANTO ADRAO O SEU PARTICULAR HATT TRICK VENCENDO NUNHA ESPECTACULAR E INÉDITA FINAL A UN SENSACIONAL RAFA, PALANADOR DOS TRONOS DE MASMA QUE CON ISTA XEIRA COMPLETA UNHA GRAN ACTUACIÓN DA SÚA FRANQUICIA NUNHA TARDE QUE AMIAZOU TRONADA Ó COLÁRENSE TODOS OS SEUS MEMBROS NAS SERIES FINAIS. VICENTE CONVERTIDO NUN AUTÉNTICO COWBOY EN BUSCA DUN FORAXIDO CHAMADO ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA , COBRA A RECOMPENSA CON ISTE TRIUNFO E PON EN SERIO PERIGO O LIDERATO DO PALADOR DOS CORNERÍA TEAM. MOI ATENTOS Á PANTALLA PORQUE EN BREVE SE ACTUALIZARAN AS TÁBOAS CLASIFICATORIAS PARA SABER DONDE ESTÁ CADA QUEN PARA AFRONTAR O SEMPRE PERIGOSO TRAMO FINAL DISTA SUPERLIGA 2006-07 QUE ARRINCA OS CHANTOS E INVADE AS LEIRAS.

quinta-feira, março 22, 2007

BROSAS E BILLARDAS NO PAZO DE CONGRESOS E FEIRAS DE LUGO (FORESGAL)

A serpe multicor da LNB afía as brosas e diríxese cara ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para dende iste venres participar na I Feira Forestal da Galiza (Foresgal) mediante a espectacular colocación dun stand de obrigada visita para todos os afeccionados diste deporte da billarda que arrinca chantos e invade leiras. E moi atentos porque o sábado a partires das 16:30 Ismael , O Zidane da Billarda, estará no noso estand ó frente da TENDA-LNB que abrirá as súas portas para que todo aquel que pase polo noso stand poida mercar un pack de palán + billarda asinado por ista grande estrela do deporte da billarda. E iste domingo 25 Santo Adrao no concello de Lourenzá a partires das 17 h. acolle a desputa do gran Torneo do Palán de Ouro , o 10 asalto da SUPERLIGA de billarda que vai clarexar quen é quen nista auténtica loita sen trincheiras!!

terça-feira, março 20, 2007

ESPECIAL TELE-VARAL : CONCURSO DE VARADOS DO BILLARDA ALL STARS

Mentras o venres Sak, o representante das Brigadas LNB na Coruña quentaba o ambiente explicando a todo o país no programa da RG as Quimbambas a mecánica do primeiro concurso de Varados da historia a disputar niste Billarda All Stars 2007 , un rapaz na cidade da Coruña chamado David recén rematado os exámenes preparábase intensamente e afiaba as billardas para facerlle frente ós galácticos e galácticas chegados do Leste montados na frenética Guagua. Máis de 50 palanadores quixeron probar sorte nista primeira edición do espectacular concurso de Varados, a xenuina versión billardeira do concurso de mates , pero tan só foron tres os elexidos para a desputa da primeira serie final , Juan Pico, David Fontán e o campión da primeira edición da SUPERLIGA de billarda David Díaz atopábanse sós fronte ó desafío histórico da finalísima do concurso de Varados.
E foi iste ultimo, o experimentado palanador do Sporting Petapouco David Díaz o primeiro en sucumbir ante a presión do Varal deixando sós ante a gloria a Juan Pico e á gran estrela do deporte da billarda o coruñés David Fontán. Pero as gañas , o empuxe e a carraxe distes dous palanadores fixeron que a balanaza da final seguira equilibrada , sabedores de estar a viver un fito histórico as bancadas da Pateira tremían e soaban os tambores de guerra dos afeecionados cada vez que un palanador insertaba a billarda entre o Varal, pero foi nun dos pouco erros que cometeu o xovencísimo e maxistral palanador Herculino cando a balanza na final se desequilibrou a prol do sempre visceral e frenético Juan Pico, tremían as pernas do equipo de TELE-VARAL e dos reporteiros da emisora irmán Cuac-FM sabedores de estar capturado e retransmitindo unhas imaxes e emocións que pasarán á historia do deporte galego, preme aquí e arrinca os chantos para asistir á histórica final do primeiro concurso de Varados. felicidades para istes dous finalistas que demostraron ó mundo coa súa fazaña brutal que outro deporte xa é posíbel!!

segunda-feira, março 19, 2007

LESTE vs OESTE : O ESPECTACULAR DESAFÍO DO ALL STARS [preme]

Aínda co fume nos ollos e o doce sabor nos beizos pola obrigada visita ás terras liberadas do Rei do Cubata os representantes da LNB rematada a presentación mundial do All Stars no programa Luar e despois de rendir pleitesía ó único rei que lexitamente recoñecemos, a serpe multicor da LNB dispúñase a primeira hora do domingo a tomar unha vez máis a Guagua para aterrar no paraíso Coruñes da Zapateira, agora xa coñecida coma Pateira , despois do lapsus verbal do reporteiro estrela de TELE-VARAL fronte a Gayoso . Pero non podía haber unha fuxida cara adiante sen unha parada no camiño, coma é de recibo os palanadoras e palanadoras da LNB non podían enfrontarse ó descomunal reto do All Stars sen a parva dos días de competición , polo que a Chofer da Guagua en acordo coa LNB estableceu unha parada técnica no Mesón da Cabra nas maravillosas terras de Parga.
Eran case as 12 e mentras Sak falaba para todo o país nos micros do extrarradio da RG a Guagua da LNB afrontaba coma un ciclista extenuado as últimas rampas da cima da Pateira para chegar á pista de tenis donde están os estudios José Couso da nosa emisora irmá Cuac-FM que retransmitíu en directo para toda a cidade da Coruña o all star e un case de infarto concurso de mates, a versión billardeira do concurso de mates. Ás 12:30 comezaba o grande espectáculo do All Stars 2007 , por fin LESTE e OESTE fronte a fronte na pista de xogo. Permanecede moi atentos á pantalla porque todo o equipo de TELE-VARAL traballou a reo para ofrecer espeluznantes e exclusivos videos do All Star con entrevistas ós protagonistas e un espectacular especial concurso de mates , concurso que foi gañado por Juan Pico nunha final de infarto contra unha das grandes estrelas do combinado do Oeste , David o xoven palanador situouse xa coma unha das grandes figuras da LNB pola que xa están máis que interesadas as grandes franquicias da SUPERLIGA de Billarda. O Varal ofréceche as fotos oficiais dos combinados do Billarda All Stars 2007 para que nas habitacións do país brilen as auténticas estrelas. Contra o imperialismo deportivo Billarda All Stars!!

COMBINADO DO OESTE

COMBINADO DO LESTE

sexta-feira, março 16, 2007

PREPARADOS PARA O ECLIPSE LUAR?

ISTA NOITE NO PROGAMA LUAR A GRAN ESTRELA DO DEPORTE DA BILLARDA ISMAEL, O ZIDANE DA BILARDA, VAI APRESENTAR Ó MUNDO O BILLARDA ALL STAR 2007 A CELEBRAR ISTE DOMINGO NA PISTA DA ZAPATEIRA NA CORUÑA AMOSANDO A TODA A AFECCIÓN DISTE DEPORTE AS EXCLUSIVAS CAMISOLAS QUE VAN VESTIR OS PALANADORES E PALANADORAS DO LESTE E OESTE, PERO ZIDANE NON VAI ESTAR SÓ ,VARIOS MEMBROS DA LNB VAN SUBIR Ó ESCENARIO CON EL E UN DELES VAI SER JUAN PICO, O REPORTEIRO ESTRELA DE TELE-VARAL ATERRA POR PRIMEIRA VEZ NO ESCENARIO QUE DE SEGURO ALGÚN DÍA SERÁ SEU. COMEZA O GRAN ESPECTÁCULO DO ALL STARS!!

terça-feira, março 13, 2007

CHEGA O CONCURSO DE VARADOS DO BILLARDA ALL STARS!!

Non pode haber un All Stars que se precie sen un potente concurso de mates, por iso a LNB vai por en marcha isto domingo 18 antes da desputa do partido entre o leste e oeste un espectacular concurso de Varados, a versión billardeira do concurso de mates que vai levar ós auténticpos especialistas dista disciplina que combina a precisión e forza a dosis iguais a enfrontarse entre si e deixar ós miticos duelos entre Michael Jordan e Dominique Wilkings nun auténtico xogo de nenos, os Bixi , Servando , Foro , Victor ou Paulo van atopar de seguro rivais de entidade no combiano do Oeste como é David que xa se prepara a conciencia para o espectacular reto. E como non podía ser menos a LNB traballa coa posibilidade de contar cun espectacular combo de cheerleader transexuais para animar os posíbeis tempos mortos dun partido que de seguro vai rachar todos os moldes.

sexta-feira, março 09, 2007

ACODE Ó BILLARDA ALL STARS SUBIDO NA BACA DA GUAGUA!!

A Guagua da LNB xa está preparada para iniciar a viaxe cara ó olimpo das estrelas situado no Campus da Zapateira, o domingo 18 de marzo a partires das 12 da mañá as billardas ardendo van invadir de novo a cidade da Coruña golpexadas polos palanadores e palanadoras dos combinados Leste e do Oeste que despois da desputa do espectacular concurso de Varados , o versión billardeira do concurso de mates, se van enfrontar nunha pista de seguro repleta de siadeiros para viver a intensidade a bravura dun deporte que racha moldes. Un ano máis a Guagua vai percorrer o traxecto entre Barreiros - A Coruña, polo que se ti , palanador ou palanadora de Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Baamonde, Guitiriz, Parga, Betanzos ,Cambre....... ou calquer outro concello ou parroquia en ruta da Guagua que saiba que dirixíndose a ovaral@hotmail.com pode ser recollido e ter o enorme honor de ser transportado á pista da Zapetira na baca da Guagua compartindo teito con calquera das grandes estrelas do combinado do Leste. Racha coas cadeas e sinte o ar na cara montado na baca da Guagua da LNB!!

quinta-feira, março 08, 2007

8 da Marzo: DÍA DA MULLER PALANADORA!!

Pese que para a LNB todos os días do ano son unha loita continua pola conquista dos dereitos ,hoxe 8 de marzo queremos facer unha mención especial a todas as Mulleres que forman parte da LNB , para elo utilizamos a imaxe de dúas grandes palanadoras dista competición que racha moldes que ó igual que as súas compañeiras empuñaron os paláns para , de igual a igual facerlle fronte ós palanadores, por un lado está Carmiña, a palanadora dos Bíteres que sufríu unha caída no polémico torneo do San Marcos á que desexamos unha rápida recuperación e ó seu carón con pucho vermello está Lía, a xoven palanadora que está arrasando na LNB infantil. Carmiña e Lía , coas Fanecas Bravas á fronte xa que son a única franquicia formada exclusivamente por mulleres , resumen á perfección a raiba e a carraxe coa que todas as palandoras da LNB golpexan cada xornada a billarda polo ar, e hoxe , no espacio radiofónico comandado por outras mulleres, As Madriñas da Quimbambas de seguro que a voz da LNB vai facer unha especial mención ó sexo feminino do noso deporte. Forza Billarda, Forza para todas as mulleres do mundo!!

quarta-feira, março 07, 2007

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O BILLARDA ALL STARS 2007!! [preme]

O TEMPORAL CONTINÚA AZOUTANDO GALIZA, PERO NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA. DURANTE A CELEBRACIÓN O ANO PASADO DO I ALL STARS FIXERA TANTO VENTO PRODUCIDO POLA IRRUPCIÓN DOS GALÁCTICOS E GALÁCTICAS DA BILLARDA DO LESTE E OESTE NA CIDADE DA CORUÑA QUE CAERA O ENORME BANDEIRÓN ESPAÑOL QUE ADORNADA A PRAIA DE RIAZOR, TELE-VARAL GRAVOU DAQUELA UN HISTÓRICO VIDEO XA QUE FOI O PRIMEIRO MEDIO EN CHEGAR Ó LUGAR DOS FEITOS, QUÉ ACONTECERÁ NISTE II BILLARDA ALL STARS? . IDE COLLENDO SITIO NA ZAPATEIRA, PORQUE A CONTA ATRÁS PARA O PARTIDO DAS ESTRELAS XA ESTÁ EN MARCHA.....

terça-feira, março 06, 2007

DESAFIÁNDO O DITO, CHEGA O ALL STARS!!

Marzo ven bravo e así o quixo facer saber o pasado domingo na pista do San Marcos no concello de Trabada ate donde se deslizou sixilosamente a serpe multicor da LNB convertida case en anguía para desputar o seu 9º asalto da Superliga de billarda. Nen sequera as velas que varios dos membros da expedición acenderon na capeta do San Marcos puideron facer amainar o terrible temporal de auga, frío e vento co que Trabada recibía ós galácticos e galácticas do deporte da billarda, non paraban nen os cans pase a que Luna, a cadela dunha casa veciña á pista de xogo desafiou o dito e tentou acercarse ate donde se ía desenrolar o combate pero non puido sorportar máis ca un par de carrieras ate que decidíu regresar para a casa co rabo entre as pernas. Pese a que moitos palanadores e palanadores se resistían ós terribles latigazos da chuvia, despois dunhos tensos intres de reflexión por mor do moito que está en xogo niste último tramo de competición , impúxose o senso común e decidiuse a suspensión das carreiras que faltaban por desputar para realizalas na seguinte cita en Santo Adrao. Pero antes de que isto ocorra e para calmar os ánimos da alta compaticón a LNB xa está en disposicón de anunciar a celebración do agardadísimo BILLARDA ALL STARS a celebrar o vindeiro domingo 18 e para ademáis do partido entre as estrelas do leste e do oeste do país a LNB vai realizar un espectacular concurso de Varados, a versión billardeira do concurso de mates. A brigada Coruña da LNB xa preparou a web do torneo dende onde se van coordinar todos os movemetos das estrelas das dúas partes do Galiza, o programa de actos xa esta dispoñíbel na páxina do All Stars . Entra xa para ir facendo boca!!

segunda-feira, março 05, 2007

TÁBOAS NO SAN MARCOS DE TRABADA......

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, velaí un exemplo do que os palanadores e palanadoras da SUPERLIGA de billarda se atoparon na pista do San Marcos de Trabada, frío e auga a caldeiros converteron nun auténtico barrizal impracticábel o campo de xogo, nen sequera as lousas empregadas polos xogadores puideron salvar un torneo que tivo que ser suspendido a medio descurrir deixando as carreiras que faltan por desputar para a próxima cita de Santo Adrao. O nerviosismo e a tensión fixeron unha vez máis a aparición en escea por mor do moito que está en xogo, pero para calmar os ánimos a LNB xa prepara todo a infraestructura para o 18 dde marzal desputar a gran festa diste deporte no campus da Zapateira na Coruña, prepárate para vivir de preto o Billarda All Stars 2007!!

sexta-feira, março 02, 2007

TRABADA : 9º ASALTO CONTRA OS ELEMENTOS!!

SE A CLIMATOLOXÍA É ADVERSA.....NEN OS CANS VAN PARAR NO ALTO DO SAN MARCOS , DESAFÍO ABSOLUTO DOS PALANADORES E PALANDORES DA LNB NISTE 9º ASALTO , NÓS SI ENVIAMOS AS TROPAS CONTRA OS ELEMENTOS: TRABADA , DOMINGO 4 A PARTIRES DA 16:30. QUEDAS AVISADO!!

quinta-feira, março 01, 2007

BILLARDAS ARDENDO CARA Ó SAN MARCOS DE TRABADA.....

Pese ó seu bo estado de forma , os problemas para o equipo de Zidane multiplícanse cando máis tiñan que formar unha peña ó redor do seu lider, as mostras de indisciplina dunha das súas grandes fichaxes da tempada , o xa coñecido coma o Eto´o da billarda que desoíu as indicacións dos técnicos do Cornería team para saltar á pista de xogo e leva tres torneos mantendonse á marxe polo que agardamos que Trabada sexa o retorno de Uxío e poida desenrolar ise potente xogo e combinacións con Toño , o palanador que despois dos seus coqueteos coa Loita Galega está sendo acusado polos siadeiros do Cornería de sobrepeso polo que ó igual ca Ronaldinho no Nou Camp agardamos un espectacular torneo do loitador de barreiros con stripties final incluido. Outro que xa anunciou o retorno é Edelmiro o gladiador do Morteiro que por mor dunha lesión ó igual que Juan Pico impediulles saltar á gaiola de Vilaronte polo que prometen vinganza na terra do San Marcos. Destacable tamén a espectacilar progresión dunha palanadora das Fanecas Bravas, María, apoioada denda as poboadas bancadas por siadeiros desprazados dende Avilés atopouse en Vilaronte coma unha faneca no cantábrico e logrou cuallar unha actuación que de seguir así poderá ser unha das sorpresas dista segunda volta que xunto con Carmiña son as grandes incógnitas baixo o ceo Trabadés. Foro , o maxistral palanador dos Tronos volta a coller a forma e perfectamente arroupado polas seus compañeiros de franquicia pode ser outro dos que faigan pupa no liderato do seu veciño de Celeiro. Pero xunto ós galácticos da billarda na pista enexa chegan tamén os lanzadores da SUPERBOL comandada xa por Arturo Vigo que aterrou na lastra de Vilaronte arrasando no embarrado terreo de xogo e demostrando que ista gran estrela dos bolos enxértase nista competición disposto a vencer e a non dar nen a máis mínima oportunidade ós seus contrincantes, Gines e Américo son únicos que lle pisan os talóns despois da primeira tirada pero seguro que o xa famoso Bisbal das Lastras , Canceleiro e o imaxinativo xogo de Sócrates tentaran porlle as cousas o máis difícil posíbel na pedra do San Marcos a ista gran estrela do deporte autóctono. Vade collendo sitio!!