O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 13, 2008

PLAY OFF NACIONAL 2008>> TODO LISTO PARA A GRAN MUIÑADA EN COMPOSTELA!!



Iste domingo 15 todo está disposto para que Compostela trema coas grandes estrelas do deporte da billarda desputando o Play Off Nacional 2008 intitulado e galeguizado como A GRAN MUIÑADA que abrirá lume a partires das 12 h No Campo de terra de Conxo . 2 finais pola mañán e outras 2 no serán marcarán unha xornada histórica muiñada para o deporte de esencia tradicional galego, incluso poderás seguir a muiñada dende calquera tasca no teu portátil ou pola Televisión Galega.


Espectacular tamén o despregue das Conferencias xa que dúas guaguas repletas cos palanadores e palanadoras máis siareiros sairán a primeira hora da mañán do domingo, unha de Ribadeo e outra da Coruña para atoparse na terra batida de Conxo donde ó igual que os sioux , selar con sangue e licor cos irmáns da Conferencia Sur o pacto de loita para que o vindeiro ano eles tamén esteñan presenza de facto nista explosivo play off nacional.


Aínda estás a tempo para unirte á expedición:


Guagua do Norleste saída de Ribadeo: 699.730313 / coordinador David

Guagua do NorOeste saída da Coruña: 659.628892 / coordinador Sak

expedición do Sur: 625.204119 / coordinador Moisés
E se queres adquirir material deportivo ou as exclusivas chapas LNB , a pé de pista vai estar o tenderete imposible da TENDA-LNB.
Se estás na cadea ou impedido por causa maior para non estar en Conxo coa tribu billardeira tamén vas podes seguir en directo a muiñada no Galiza en Varados que preparan dende O VARALMORSE que por primeira vez na história vai compartir os dereitos de emisión da gran muiñada do Play off Nacional co programa da Galega A Revista, polo que mentras un toma o vermut , a taza , o viño, a caña ou o cubata vai poder ver os trallazos das finais femininas e por franquicias no seu bar ou tasca preferida.