O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 09, 2008

A FOTOFINISH DE NACHOK MARCA O SPRING FINAL CARA Ó PLAY OFF NACIONAL COMPOSTELA 2008!!

Coa billarda e o palán preparados para actuar comeza a desexada semana da conta atrás para o agardado PLAY-OFF NACIONAL 2008 que iste domingo 15 de xuño vai invadir Compostela coa presenza das grandes estrelas diste deporte da billarda que van arrincar os pastores electricos para fozar coma os xabaríns feridos fozan no monte na pista de terra do campo de furbol de Conxo. E para a ocasión a LNB volta a dar unha volta de folla e inspirándose no festival de músicas avanzadas do SONAR , vai apresentar unha aténtica xoia en forma de cartaz dixital exclusivo para anunciar o PLAY-OFF NACIONAL 2008 asinado polo fotógrafo galego de vangarda NACHOK .

Únense así dous discursos potentísimos para facer fronte á gran mentira deportiva e cultural , Nachok retrata co seu kalashnikov de imaxes a brutalidade do cotián máis cercano afastándose do discurso da maioría dos fotógrafos que verten a súa ollada en latitudes lonxanas desprezando o propio como non válido, e pola outra banda a LNB que acabicornada polos medios , poderes e deportes maioritarios revólvense e crécese ante a adversidade para apresentarse en Conxo cun poderoso exército militante que vai facer saltar os dentes dos que ousen porse diante. ATENTOS Á PANTALLA PORQUE CHEGA O CARTAZ DIXITAL QUE VAI TER QUE RULAR DE PANTALLA EN PANTALLA COMA UN PORRO PASA DE MAN EN MAN.