O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 20, 2008

ALBERTE DE MARÍN VENCE Ó GLADIADOR DE RÍO NA GRAN FINAL DO I ABERTO DA PATACA DA LIMIA!!

XA ESTÁ AQUÍ O TAN DESEXADO CRÓNICO DO I ABERTO DA PATACA DA LIMIA , CON ESPECTACULAR INSTANTANEA INCLUIDA DO EXPLOSIVO ENFRONTAMENTO E COMO IMAXE DE ENTRADA NON PODIAMOS UTILIZAR A OUTRO QUE NON FORA Ó GRANDE NICO PETROV , O BÚLGARO QUE PERCORRE GALIZA TRABALLANDO NUNHA FAMOSA POLBEIRÍA DO PAÍS COMA PELADOR DE PATACAS, O CANSANZO , A PATACA E O COITELO SON SEGÚN EL OS FACTORES DECISIVOS Ó HORA DE CONSEGUIR MANTER O RITMO DE 5 PATACAS PELADAS POR SEGUNDO .... SÓ PETROV COA SÚA INTENSIDADE DE PELADO SE PODE COMPARAR Á ESPECTACULAR IMPLICACIÓN DE TÓDOLOS PALANADORES E PALANADORAS NISTE I ABERTO DA PATACA DA LIMIA CHEGADOS EXPRESO DENDE VARIOS PUNTOS DO PAÍS PARA APOIAR CO SEU IMPUSO ISTA IMPARÁBEL REVOLUCIÓN BILLARDEIRA , O GLADIADOR DE RÍO POUSA POR UNS INTRES OS APEIROS DE LOITA E OFRÉCENOS ISTA SENSACIONAL REPORTAXE PARA DESFRUTE E GOZO DE TODA A INDOMÁBEL TRIBU....

Sábado 16 de agosto, amanece un día chuvoso na Limia, van pasando as horas e comezan a saír os primeiros raios de sol nas terras de Xinzo, esa mesma tarde por primeira vez aterrizará a LNB coincidindo co 3º festival da mocidade organizado polo Centro Social Aguilhoar. Chegan as 5 da tarde e comezase a preparar o primeiro Aberto da Pataca da Limia. Nun campo de múltiples superficies, dende o asfalto central, coa auga dos charcos e coa terra nos laterais presentase un aberto moi técnico e que o mais mínimo fallo pode truncar as espectativas de victoria.Moita xente de Aguilhoar acuden os entrenos previos e toman contacto a maioría por primeira vez coa billarda. A maioría da xente de Aguilhoar teñense que ir para traballar na montaxe do festival e faise o sorteo do torneo entre 8 participantes.



4 de Marín, 2 de Xinzo, 1 de Castro Caldelas e 1 de San Xoan de Río tomarán parte neste primeiro aberto da Pataca da Limia. Nos cuartos de final quedan eliminados os 2 representantes de Xinzo, pagando así a novatada e 2 de Marín. Chegan as semifinais, por unha banda "o gladiador de Río" enfrontase a "Ajus de Marín", na outra semifinal o debutante "Coronas de Castro Caldelas" intentará facer saltar a sorpresa ante o regular "Alberte de Marín". Nunhos emocionantes duelos clasificanse Xosé Miguel e Alberte pra "Gran Final".Desputase o tercer e cuarto posto no que "Ajus" vence sen moitos problemas o debutante Coronas.

Comeza a final e non pode comezar mais igualada, xa que na primeira rolda empatan Xosé Miguel e Alberte. Na segunda rolda a presión se apodera de Xosé Miguel que se ve claramente superado por Alberte. Na derradeira os intentos desesperados de conseguir remontar non teñen resultado e proclamase "Alberte de Marín" campión do divertido primeiro Aberto da Pataca da Limia.

Tralo campionato tempo para a confraternización dos xogadores tomando unhas cañas na barra do festival e comentando as propostas dunha iniciativa que pretende facer unha revolución en Marín, convertindo este pobo nun dos epicentros galegos da billarda. Seguimos a espera de coñecer os grandes detalles deste macrotorneo billardeiro que parece que introducirá de cheo as billardas no Morrazo. Sen mais un saudo a xente de Aguilhoar e esperemos facer un día en Xinzo dedicado únicamente a billarda, así eles tamén poden formar parte do campionato.