O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 04, 2008

O GRAN GOLPE TRIUNFADOR ABSOLUTO NO ON-OFF: OUTROS ACTORES XA SON POSIBLES!!


Apoteóse absoluta ista fin de semana no festival on-off de ribadeo, se os chantos das leiras tremen ante a chegada da tribu LNB agora tamén as butacas dos cines palidecen ante a irrupción da meteórica carreira cinematográfica iniciada polos palanadadores e palanadoras.

Marcos e Suso de remourelle dirixiron coma George Roy Hill no 1973 ó Zidane da Billarda e a Calvete coma Robert Redford e Paul Newman na mítica película O Golpe aquí mutada en O GRAN GOLPE .


Gansters mutados en embravecidos palanadores para armar unha histórica curta resume maxistral da filosofía LNB que embiste ó imperialismo deportivo que despois do seu pase no cine teatro da vila luguesa ó caron dunha ducia máis de fitas conseguíu na gala nocturna a estatuiña de mellor curta do público e a de mellor actor para o Zidane da Billarda.


Hai veces que as cámaras non son suficientes para pulir en pedra o inolvidable dun histórico estalo, polo que quedará para sempre gravado na retina dos asistentes á entrega de premios o explosivo discurso do grande palanador e actor Zidane da Billarda - "DEMOSTRAMOS QUE OUTRO DEPORTE É POSÍBEL E AGORA DEMOSTRAMOS QUE OUTROS ACTORES TAMÉN SOMOS POSÍBEIS!!"


NORABOA A TODA A TRIBU LNB POR ISTE ESPECTACULAR TRIUNFO COLECTIVO E ATENTOS PORQUE TELE-VARAL PREPARA O ESTREO NA REDE DISTA XA HISTÓRICA CURTA TITULADA O GRAN GOLPE!!

1 Comments:

  • At 3:16 AM, Blogger Botica Vieja................ said…

    Noraboa a todos!
    Dixeron hoxe na CNN que algún actor de Hollywood xa está temblando de medo ante a vosa irrupción no mundo da gran pantalla...

     

Postar um comentário

<< Home