O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 22, 2008

OS FUNGUEIRAZOS DUN HISTÓRICO GALIZA vs DEUTSCHLAND!!


ATOPA A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA DO GALIZA VS DEUTSCHLAND NO FOTO-VARAL, E SINTE NO TREN DO SERÁN DA RADIO GALEGA A PARTIRES DAS 18 H. O EXTREMECEDOR ECO DOS FUNGUEIRAZOS.




Comezar un crónico con tanto peso emocional ás costas é un lastre moi difícil de evitar, calquera dos embites nos que a Auténtica esteña presente supón un desgaste supremo de todos os elementos da LNB para tentar que todo saia o mellor posíbel, e así foi , dende o primeiro raio de sol do sábado 20 que dirixía dende Lugo a mini-guagua xermana pilotada polo xermano-vigues Eladio cara á praia das Catedrais para que a selección alemá se empaparse da brisa cantábrica e perderse nos escuros canellóns tecidos de xeito natural nas rochas dista impresionate praia ribadense.



E mentras deutschland prepara os flashes para nise espectacular marco das Catedrais facer a súa foto oficial, a só uns poucos Km , a LNB preparaba e vestía coas melloras galas a pista polideportiva do Gamallo Fierros para o gran desafío internacional do máxico serán. Xavier de deporte galego, trocaba os despachos pola rúa vestindo o mono de traballo cos membros da LNB para preparar a pista antes de dirixirnos ó concello de Ribadeo donde agardaba toda a Auténtica xunta o alcalde de Ribadeo Fernándo Suarez para recibir cos paus preparados á poderosa selección alemá. Era a primeira vez que un concello abría as súas portas á Selección Galega de Billarda e facíao para recibir ós irmáns da selección Alemá de Schlagpflock . Por primeira vez a língua de Marx invadía o concello Ribadense nunha calurosa e histórica benvida ofrecida polo alcalde de Ribadeo en alemá á delegación xermana chegada para medirse á Auténtica.




As dúas delegacións abandoaban a casa consistorial despois de sacar fotos diante da casa do pobo de Ribadeo para a prensa xermana e galega antes de dirixirse cara Remourelle para realizar o tan agardado a isas 14 horas xantar galego-xermano na Taberna Casa Lola . Eladio apagou o GPS da miniguagua xermana xa que Milio , o maxistral palanador da Auténtica nativo de Remourelle exerceu de sherpa da expedición alemá, e debeu amosarlle todos os carreiros porque á Auténtica comezaba a rincharlle o estómago co retraso da selección alemá que Milio nun arrebato de auto-identificación-sherpa dirixíu á súa casa antes de conducilos á Taberna de Lola.




Sobran as verbas para definir o espectacular xantar, ovella que berra bocado que perde, menú da Horta e carne asada fixeron lamber os biezos ás dúas delegacións , cánticos tabernarios xermanos e galegos para rematar cunha espectacular interpretación do negra sombra por unha das palanadoras xemanas que puxeron a pel de galiña a toda a Auténtica. Comezaba xa a sangue a ferver cos chipiños e a coñac , Lola era requerida xa pola Auténtica coma cociñeira oficial no posíbel partido de volta en Berlín mentras se cantaba o cumpreanos feliz ó selección xermano Aitor .... achegábase a hora do enfrontamento e os paus estaban preparados e as bandeiras tamén.



Baixaba a serpe multicor de Remurelle para atoparse de fuciños cunha pista repleta de afeccionados adoecedo porque as billardas comezaran a bruar. O desconcerto inicial de quencemetos de palanadores dunha e outra selección deu paso ó perfecto deseño da LNB da cerimonia de apresentación para a escoita dos Himnos. Por primeira vez na história unha gaita galega tocaba o himno alemá, o grande Daniel , trocou por uns instantes o palán polo punteiro para interprepar as notas dun himno que será recordado pola selección xermana por moito tempo. Markitos, o campión nacional acompañou a Daniel na percusión na explendorosa interpretación do Himno galego, pel de galiña e puños en alto deron paso ó inicio do tan agardado GALIZA vs DEUTSCHLAND.



Pese a que todas as apostas sinalaban á Auténtica coma favorita , o ritmo inicial imposto polos pupilos de Aitor Rivas desconcertou á Selección Galega, gañando unha importante serie de carreiras a emblemáticos palanadores e palanadoras da galega. Ademaís temos que sumar unha certa relaxación inical de palanadores galegos moito máis interesados na búsqueda do corpo a corpo coas palanadoras xermanas na pista que rematar pola vía rápida, históricas foron as recriminación da Carmiña cara panadores coma Milio ou Fuco , o rei do empate como lle chamaban os seus compañeiros chegados dende o sur, e un numeroso número de palanadores que semellaban agardar con máis interese o final da partida para agasallar á súa contrincante cos consabidos bicos que centrarse en vencer e convencer.



E no medio da chuvia de chucos galega o poder da bundesselección comezaba a emerxer da man dun impresionate Bernar, simplemente apabuiante con dous varados na competición e un por milímetros por fóra, só puido ser contrarestado por outros dous varados do indiscutíbel Calvete , emblema absoluto nista auténtica, pero non foi Bernar o único que emrerxeu niste mar devarados, Cristian , Livia , Denis, Daniela , Chantal ou Meikae xunto co poder dos nacionalizados Aitor e Iago que souberon conducir a escada da selección xermana ate o ecuador da competición que foi cando o seleccionador galego, O´Zidane da Billarda mandou apretar o pedaleo para neutralizar a escapada teutona marcando un ritmo ó que os apalanadores e palanadoras xermanos xa non poideron soportar.