O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 28, 2008

LIRIUS, BILLARDAS E CACHIÇAS XUNTOS DESAFIANDO AS MAREAS!!

Invadidos aínda pola escuma cantábrica dende o atlántico piscina chega unha espectacular video-marea de cachiças adoecidas que invaden o peirao da vila pontevedresa de Moaña para amosar á mundo enteiro o poder e potencial imparábel dista revolta LNB , record de asistencia absoluto ás costar da corferencia Sul mentras no Norte se prepara unha semana intensa , toma nota e prepara o makuto!!

-Mércores 29 de outubro: Pista de Ove en Ribadeo dende as 16 h, O Cazador de Palabras, Matías o presentador diste novo progama da Galega aínda a estrear traerá a súa escuperta de perdigóns para tentar dar caza as verbas que definen o noso deporte ademáis de gravar nun explosivo reportaxe ós golpexos e varados que alí se produzan. Os que poidan que se acheguén armados con paláns e billarda ate Ove!!

-Sábado 1 de novembro: Gran Aberto Billardeiro en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) a partires das 16 h , posterior magosto con torrezmos, chourizos e viño . A Irmandade San Caetano , Ollomao e a LNB organizan iste poderoso evento no pulmón vermello da mariña de lugo , podes inscribirte a pé de pista e se non tes agarde faino xa en irmandadesancaetano@gmail.com

-Sábado 1 de Novembro: Aberto de Billarda no Castanhazo Rock de Chantada , a partir das 16:30 as billardas invadiran o mercado gandeiro donde Xerock, Skacha , Skarnio , Skama la Rede e Real Mckensies pola noite tentarán embravecer aínda máis ó gando sen sanear alí concentrado. Atención porque o Aberto será a antesala dos explosivos xogos bravús polo que os palanadores e palanadores depois serán os primeiros en botarse a lanzar galletadas de esterco. Podes anotarte xa : 627.780891