O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 06, 2008

O MICRO DE TELE-VARAL , ISA GRAN PEZA DE CULTO PREPARA A SÚA NOVA MUTACIÓN !



A día de hoxe TELE-VARAL ten instalados 154 video-estalos, todos eles indispénsábeis para coñecer a crónica de vida dunha revolución palpitábel. Pode que a chegada do video 200 sexa hora para unha posíbel ben merecida festa para celebrar tanta intensidade audio-visual..... pero para quentar motores , dende o NorOeste chegan explosivos logos para que os reporteiros de guerra nas pistas de xogo do país unifiquen placas de micros.



Dende o orixinario mircro billarda espido, pasando pola placa amarela, o inalábrico con paaca de madeira de Juán Pico e a última incorporación do carapucho de bolsa de plástico utilizado por Gil no internacional contra Deutschaland , o micro de TELE-VARAL experimentou unha sempre espectacular mutación e adaptación ó medio para transladar á multi-étnika audiencia de TELE-VARAL o alento dos palandores e palanadoras da LNB.


Co sucesivo peche de calendarios nas tres conferencias e a irrupción próxima da II COPA CANTÁBRICA na que a Auténtica , acompañada pola guerrilla audiovisión de TELE-VARAL, voltará ó gran teatro de operacións de Piyarnu para defender o copo acadado de xeito inextremis o ano pasado fronte ó poderío da selección asturiana do Liriu e posibles novos aborixes da escuma cantábrica , a LNB , despois dun espectacular arrinque afronta xa o seu o seu frenético ritmo inmersión!!