O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 19, 2008

ESPECTACULAR RETORNO DO GOLPE EN VILALBA , VOLTA O MESTRE DO DOGMA BILLARDEIRO ÁS PANTALLAS!!

A escasos km da Recadeira, parroquia mindoniense donde foi apreixado polo seprona Pitiño , o lobo manso separado pola forza do seu fogar, voltou o Golpe nun espectacular formato dogma , sen mesas , nen sillas nen os focos do antigo estudio para homenaxear a Pitiño botándose ó monte acompañado de Xosé Cancelo, o representante da LNB na Terra Cha Luguesa que falou para TELE-VARAL nunha psicodélica entrevista que derivou nunha sentida petición de mellora para o golfista Severiano Ballesteros. Chamádelle curandeiros ou o que queirades pero ontes Seve sufríu unha espectacular mellora, é por tanto que se queres curar achégate á consulta dos meigos da LNB , e se queres un volante aquí tes o contacto con Xosé [ xvcancelo@hotmail.com ] xa que Pepe foi un dos que deu a cara e o nome para apoiar coas súas curas e as fregas á revolución LNB. En cada comarca , en cada vila , en cada aldea fai coma Xosé a milita sen medo na LNB , manda a túa ficha co teu nome , d.i, concello e contacto e que fai que volten bruar as billardas!!