O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 29, 2008



A LNB bótase unha vez máis ó monte para entre os toxos e codesos apresentar a Explosiva Faixa que vai presidir a terceira edición do BILLARDA ALL STARS 2008 iste domingo, 2 de marzo, a partires das 12 h na pista do campus universitario coruñés de A Zapateria donde o combinado do leste parte coma favorito xa que chega invicto nas dúas anteriores edicións do All Stars , pero nista edición coa conferencia NorOeste competindo regularmente, prevese unha igualdade máxima na pista que vai facer saltar chispas.



Para o Concurso de Varados , juan Pico do leste defende o título acadado o ano pasado ,fronte a estrelas coma David Fontán finalista no 2007 e expertos na disciplina coma Servando o Larry Bird dos Varados e os Billardeiro Musicais Hugo e Marcos.



O concurso de mates vai ser a gran incógnita , pódese dicer que os elexidos do Leste Juán Pico (cornería team) Hugo (Billardeiros Musicais) e Ginés (Cornería Team) levan toda a semana prepacticando os explosivos mates cos que deslumbrar á galiza e competir cos elexidos do Oeste entre que pese a que esconden as súas armas xa se filtrou á prensa que será Ghanito dos electrónicos un dos elexidos para desafiar o poder dos matadores do Leste. E se non te podes botar ó monte coas estrelas conecta o computador co VARALMORSE para saber en tempo real o resultado das tres probas de lume sobre a ardente pista de Zapateira. Bótate ó monte para ver as estrelas!!

quinta-feira, fevereiro 28, 2008

AS ESTRELAS DA TRIBU-LNB DESENTERRAN A BROSA DE GUERRA PARA O ALL STAR!!


IMPRESIONATE EFECTO CHAMADA DO BILLARDA ALL STARS , NAIDE QUER PERDERSE AS EVOLUCIÓNS DAS ESTRELAS DO LESTE DIRIXIDAS POR DAVID NEN OS GOLPEXOS DO PODER EMERXENTE DO OESTE, DIRIXIDAS POLO EXPERTO LOIS FONTÁN QUE ADEMÁIS VAI CONCENTRAR ÓS SEUS PUPILOS XA DENDE O SÁBADO PARA DIRIXIR UN ADESTRAMENTO NO QUE OS SEUS PALANADORES E PALANADORAS PERFILARÁN SISTEMAS PARA DOBREGAR Ó ATE AGORA INVICTO COMBINADO LESTE. ISTE DOMINGO 2 DE MARZO A PARTIRES DAS 12 H AGATEÑA POLAS ALAMBRADAS PARA TOCAR ÁS ESTRELAS!!

quarta-feira, fevereiro 27, 2008

BILLARDA ALL STARS 2008 , MATES E VARADOS PARA ARRINCAR COS CHANTOS!!



TODO XA ESTÁ PREPARADO PARA A GRAN FESTA DO BILLARDA ALL STARS 2008 A CELEBRAR ISTE DOMINGO 2 DE MARZO NA PISTA DA ZAPATEIRA DA CORUÑ

APRESENTAMOS O EXPLOSIVO PANEL DE ACTOS PARA QUE TOMES NOTA E NON TE PERDAS NINGUNHA DAS TRES COMPETICIÓNS QUE VAN ENTRAR EN XOGO:

BILLARDA ALL STARS ZAPATEIRA 2008

12 h: Apresentación e fotos

12:15 h: Incio do All Stars LESTE Vs OESTE 10 Vs 10 + suplentes

13:15: Final do partido

13:20: Inicio concurso de Varados

dous grupos disparando en dúas porterías

Varado A -------Varado B

Final varados: vencedor A vs B

14 h: CONCURSO DE MATES

3 elexidos de cada conferencia

vencedor o que máis puntos sume en 3 roldas de intentos

HABERÁ CATRO XUICES / 2 POR CONFERENCIA

XANTAR ALL STARS : 14:30

Primeiro o orgullo e despois o bandullo!!

segunda-feira, fevereiro 25, 2008

ARRINCA A SEMANA DO ALL STARS COA ESTREA MUNDIAL EN VIEIROS DO VIDEO-CLIP DE MAFIA GALLEGA!!


Apretade as cinchas porque a LNB despega nunha intensa semana do ALL STARS 2008 que vai ser de infarto, e despega coa nova que centos de fans estaban gardando, VIEIROS estrea de xeito mundial e excluscivo o videoclip A Billarda de MAFIA GALLEGA primeira producción de TELE-VARAL para un explosivo single facturado en Xenebra que xa está a facer historia. E moi atentos porque con iste estalo VIEIROS e a LNB formalizan unha colaboración que vai facer saltar as chispas!!

quinta-feira, fevereiro 21, 2008

GALIZIA PRACTICA DE CARA Ó BILLARDA ALL STARS 2008!!


Baixo o poderoso himno hip-hopeiro construído en Xenebra por Mafia Gallega para apoiar a revolución billardeira que se espalla imparábel pola Galiza ,os palandores da todas as conferencias toman posicións cara ó novos enclaves, na Conf. Norleste xa está guindada a lista dos seleccionados para o Billarda All Stars 2008 a desputar na pista da Zapateira da Coruña e mentras na Conf. Sur analizan polo miudo a espectacular actuación dos catro palanadores desprazados ate Cervo na desputa do lacón da LNB, na Conf. NorOste , esconden os seus ases na manga para non desvelar aínda os All Stars do Oeste , que dirixidos na pista por Lois , enfrontaranse iste vindeiro 2 de marzo ó potente combinado do Leste conducido por David. Comeza a conta atrás para o Billarda All Stars 2008!!

terça-feira, fevereiro 19, 2008

ESPECIAL VIDEO-QUEIMADA DO TORNEO DO LACÓN NO CONCELLO DE CERVO!!


Xa está á túa disposición a agardada video-queimada cos mellores golpexos do Torneo Aberto do Lacón de Cervo e a espectacular final que enfrontou a David e Hugo nunha pista que ardía coma o lume na augardente.

segunda-feira, fevereiro 18, 2008

DAVID ACADA O PRESTIXIOSO LACÓN DA LNB MENTRAS KOSOVO SE INDEPENDIZA!!


Cervo acolleu cos brazos abertos á cada vez maior e xa internacional serpe multicor que é a LNB , un pavillón a reventar e cun barullo atronador fixeron que ista nova edición do xa mítico Torneo Aberto do Lacón tomara un caliz case épico, sobre todo polo xeito no que se decidíu o triunfador do salgado alimento.



Pero se xa de por si é agardada con entusiasmo ista data os preludios dun posíbel bautismo deportivo en Cervo de paladores da recén creada Conferencia Sur facían dista edición do Lacón unha cita con tintes históricos, e así foi , ate istas bravas terras da Mariña, Moisés e Rubén encabezaron unha poderosa expedición de catro pincheiros que combateron coma xa expertos palanadores fronte ós palanadores da Conferencia NorLeste nunha rapidísima pista cuberta que desestabilizou o xogo e esixía a máxima precisión en cada lanzamento.



Aquí podemos ver ó mítico Calvete exercendo de padriño deportivo dos palandores da Conferencia Sur, impresionante!!



E mentras no parlamento de Pristina unilateralmente se declaraba a independencia da provincia serbia de Kosovo , na Coruña arrincaba o cuarto embite da Conferencia NorOeste , cunha poderosa e numerosa Franquicia Branca donde os Electrónicos como se conta no estalo do VARALMORSE voltan a tentar pisar os calcaños dos líderes Xarutos Os electronicos resarcnse levemente e comprimese a clasificacion q apnas varia. 5 varados meten presion d cara ao allstar.



As bancadas de Cervo tremían cando se iniaban as series finais , espectacular David arrasansando literalmente primeiro co explosivo e novo all stars Xosiño e despois , a Moisés da Conferencia Sur , que pese a resistir coa pincha moi preto do Varal , non puido cun inspirado palanador do Sporing enfundado especialmente para a ocasión nunha camiseta cunha explosiva declaración de principios, A MARADONA DIVIDE.


E así foi , TELE-VARAL prepara xa o imperdíbel documento dunha final histórica entre David e Hugo que repetía contenda despois de sucumbir no Galo fronte a Vicente, voltaba ó ring para desputar unha final na que despois dun empate a varados David voltou a por a directa para facerse cun máis que merecido Lacón doado pola cernicería Antonio de Barreiros. A LNB continúa deixando semente de victoria aló por donde pasa!!

sexta-feira, fevereiro 15, 2008

VOLTA PALANOTRÖNIC NISTA FIND DE LOUCURA BILLARDEIRA, PREME E ESCOITAO!!

Coa voz entrecortada pola frenética actividade dista fin de semana , a LNB bota man dise mito do xornalimo galego que racha moldes , volta Palanotrönic!! , o cibor-reporteiro retorna para informar dos horarios e nos que simultáneamente as billardas van cortar o ar na pista de Cervo na mariña Luguesa e na Zapateira na cidade da Coruña. Ate o Norte xa teñen anunciado a súa chegada unha delegación da Conferencia Sur que realizarán niste torneo do Lacón o seu bautismo de palán e na Conferencia NorOeste 4º asalto da liga regular donde os FILLOAS DE SANGUE sufrirán a baixa do internacional galego David Fontán que estará realizando funcións de talonador defendendo as cores selección galega de rugby en terras de Al Ándalus , ista find toda a LNB empurra coma David na melé para que as billarda invadan o país enteiro!!

16 h : INICIO DO TORNEO ABERTO DO LACÓN NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE CERVO

17 H: INICIO 4º ASALTO LIGA REGULAR NA PISTA DA ZAPATEIRA (A CORUÑA)

E se queres seguir os partidos en directo, o domingo pola tarde conecta o computador coa metralleta sms do VARALMORSE que arranxado os problemas técnicos polos curandeiros do BLOGALIZA vai realizar as conexión en tempo real coas pista en xogo ás 16 h – 17 h – 19h –20h.

quarta-feira, fevereiro 13, 2008

A LNB COMBATE CON GANGSTA-RAP E BILLARDAS A TERRÍBEL LEI SECA!! [preme]



Fin de semana de auténtico infarto na LNB , polo NorLeste agárdade unha multitudinaria nova edición do Torneo Aberto do Lacón con bautismo de palán incluido para palanadores da Conferencia Sur que se van achegar para loitar polo salgado trofeo ate a vila de Cervo e freática acticidade tamén no polo NorOeste con desputa iste domingo do seu cuarto asalto na Liga Regular que servirá tamén para definir os All Star que se van infrontar o día 2 de Marzo ás estrelas do leste. E se fora pouco RADIO VARAL recupera a intensa locución no Aberto por Reformas donde dous mafiosos armados ate os dentes se atoparon de novo para tratar de combater a lei seca musical e deportiva que invade o país galego. Pero non todo queda aquí se te acercas ó teu kioske estás aínda a tempo de roubar o xornal GALICIA-HOXE , donde o Xabier Cordal , o poeta con antifaz xornalista desafía as xeadas unha vez máis adentrándose no sempre escuro e perigoso mundo do crime organizado da man dun dos asasinos a soldo da LNB. Le akí o explosivo cara a cara!!

terça-feira, fevereiro 12, 2008

O CÁDILAC DE MAFIA GALLEGA APARCA NO PARKING DE ABERTO POR REFORMAS!!


Atención , Atención, ista tarde Paco Gallego , o Al Capone da Rima , aparca o seu cádilac procedente de Xenebra ás portas da Radio Galega para apresentar no Aberto Por Reformas o explosivo single co que MAFIA GALLEGA apoia a gran revolución billardeira que está a por en xaque a lei seca que dende fai anos impera no panorama deportivo galego. Sintoniza o transistor porque ista tarde chega armada ate os dentes , a gran familia billardeira!!

segunda-feira, fevereiro 11, 2008

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO TORNEO INTERNACIONAL DO LÁCÓN: CERVO 2008!!

Absolutamente desvelados ista find , agardando novas do desenrolo dos primeiros adestramentos Abertos na Confernecia Sur no torreiro de San Campio, na parroquia de Pontellas (O Porriño) , na que os palanadores e palanadoras dista conferencia inician a preparación para o explosivo Aberto da Copa Salnés. Mentras , no NorLeste dende hoxe luns ábrese o prazo de inscripción para participar noutro histórico embite , Chega o Torneo do Lacón e ti vas poder participar xa que é un campionato internacional aberto a todos os cazarrecompensas billardeiros do universo . Torneo Aberto e non puntuábel que se desputará iste domingo 17 nas terras do Concello Lugués de Cervo. Vai anotándote porque prevese unha impresionate avalancha de deportistas xa que despois dunha explosiva untervención da LNB nunha pasada edición da festa da queimada hai dúcias de palanadores coma Xende que agardan á serpe multicor á que de seguro moi pronto se van unir.
Inscripción 2 euros: lnb.norleste@gmail.com/ 699.730313

quinta-feira, fevereiro 07, 2008

DELFRANCO vs CALVETE : A CARREIRA DA XORNADA QUE DASAFIOU Ó ESPECTÁCULO DA SUPER BOWL!!



E coma guinda final á incursión billardeira nas sempre brava e resistente Terra Cha Luguesa , TELE-VARAL ofrece en exclusiva mundial a CARREIRA DA XORNADA protagonizada por dous veteranos con carácter Delfranco e Calvete fronte a fronte desafiaron dende o Pavillón da Pastoriza o espectáculo da Super Bowl america. E para saber como quedeou a cousa nista primeira incursión da serpe en terras da Britonia conecta co novo espazo de RADIO VARAL donde o coordinador deportivo analiza a 6º xornada da liga regular na Conf. Norleste para os micros da Cadea Ser. E mentras na dinámica Conferencia Sur arrincan xa iste sábado os adestramentos cara á súa presentación aficial no Aberto da Copa Salnés. O ritmo frenético invade á serpe multicor!!

quarta-feira, fevereiro 06, 2008

A GUAGUA DA LNB INVADÍU A TERRA CHA NO 6º ASALTO NA CONF. NORLESTE!!


Rumbaban os motores da Guagua carrexando no seu interior cara terras bravas ós palanadores e palanadores da Conferencia NorLeste , retumbaba nos bafles estartelados o himno hip hopeiro creado en exclusiva dende os arrabaldos da cidade Suiza de Xenebra por Mafia Gallega para adentrar coma o coitelo na manteiga o verme revolucionario da Billarda no poderoso corazón da tribu da Bretona.



Un pavillón ateigado de siareiros famentos recibíu á expedición que baixo o bruar popular desenrolou un explosivo xogo que deixou á franquicia líder da competición tocados e cos Remourelle – Bulls pisándolles os calcaños máis ca nunca.

Intenside extrema na primeira incursión da serpe multicor en plena Terra Cha luguesa donde xa se osma a posibilidade da formación de palandores e futuras franquicias dispostos a desfacerse da piaga que ate o de agora lles impedía desenrolar o deporte da billarda con total plenitude.



A Terra Cha entra no circuito da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA e faino pola porta grande , beizóns a todos por iste potente e poderoso apoio!!

segunda-feira, fevereiro 04, 2008

O GOLPE SACA A PIAGA E INVADE AS TERRAS BRAVAS DA BRETONIA!!


Espectacular ambiente o vivido na primeira incursión da LNB na Terra Cha Luguesa, un pavillón a reventar e pese ás piagas dixitais que de novo impediron a transmisión en tempo real do VARALMORSE na que a intensidade do intre rozou e éxtase . E coma mostra un peine, ahí quede un a explosiva priemira incursión do Golpe na Pastoriza co auténtico revulsivo dos emerxentes EkipA , o galego-helvético Edelmiro e Tereixa a nativa da Pastioriza e colaboradora niste inmersión nas terras da Bretonia galega. atentos ós trocas nas táboas da Conferencia Norleste e a todo os usuarios do Firibox comunicarlle que os problemas de edición grazas ós veterinarios dixitais de conferencia Cantábrica e Atlantica xa están resoltos. Forza e que o Golpe invada as chaira!!

sexta-feira, fevereiro 01, 2008

A INVASIÓN BILLARDEIRA Á TERRA CHA XA É RADIADA!!



RADIO VARAL RECOLLE AS EXPLOSIVAS DECLARACIÓNS DE DAVID DÍAZ Á CADEA SER , O RESPONSÁBEL DEPORTIVO DA LNB ALERTA DA CHEGADA DA SERPE MULTICOR Á PASTORIZA ISTE DOMINGO E AMOSA O FIRME DESEXO DA LNB DE CHEGAR PARA INSTALARSE. PREME E ESCOITA O ESTALO , E NO VARALMORSE SIGUE A INCURSIÓN EN DIRECTO!!