O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 31, 2008

ISTE SÁBADO NO CINE-TEATRO DE RIBADEO ESTREO MUNDIAL DA CURTA DA LNB NO FESTIVAL ON-OFF!!


Nen as limusinas das gandes estrelas do noso admirado Bóllywood nen os seus pinchos de cabiar iraní puideron competir iste mércores 30 coa serpe multicor dos carros dos palanadores e palanadoras da LNB aparcados en Remourelle nen cos exquisitos torrezmos da referencial Taberna de Lola.



A LNB en chanclas dasasiando unha vez máis a lama dos grandes escearios tirouse ó monte para con toda a tribu convertida nunha descomunal trouppe de actrices e actores indomábeis dirixidos maxistralmente por Marcos e Suso , unha especie de irmáns Cohen de Remourelle que souberon domar mellor ás feras LNB que ó Bardem psicópata de non é sitio para vellos. Especial mención para o grande Chema dos Billardeiros Musicais lesionado cunha escordadura de nocello durante a rodaxe que foi intervido quirurxicamente no veciño celeiro pola Compoñedora do lugar, á máxia adaptada ó cine e á ciruxía!!


A LNB nunha escalofriante e inesperada mutación invadíu os platós imposibles da carraxe nunha carreira contra o reloxo chamada A Toda Mecha , gravación da curta en esceario ribadense e producción final da mesma nun máximo de 75 h.

Ë dicer que o froito dista perigosa árbore cinematográfica que se está a cocinar niste intres poderedes desfrutalo no seu estreo mundial iste sábado 2 de agosto no cine-teatro de ribadeo a partires da 18 h. Traede os chisqueiros!!
NOTA: A CURTA ESTÁ AÍNDA SEN TÍTÚLO, ATRÉVETE!!

segunda-feira, julho 28, 2008

SUMÉRXETE NO MAR DE VARADOS >> CURTAS E ABERTINHOS Á VISTA!!


ÚNETE Ó ELEFANTE E CONTINÚA NADADANDO A CONTRACORRRENTE NO INMENSO MAR DE VARADOS DA LNB :


Polo NorLeste: atentos á explosiva intervención cinematográfica coordinada por Marcos dos Remourelle Bulls , iste mércores 30 de xullo toda a tribu LNB ten unha cita inexcusábel a partires das 19 h. na Taberna de Lola de Remurelle (Ribadeo) para participar nista de seguro referencial docu-curta que ten coma protagonista á propia LNB e á súa filosofía combativa e que posteriormente será exhibida no festival on-off dista vila luguesa. Espectacular guión o realizado por iste Spike Lee de Remourelle ó que toda a tribu LNB ten que apoiar para facer realidade na pantalla os reus poderosos regos escritos. Contacto: chankli_12@hotmail.com

E polo Sul: atentos xa porque para o vindeiro 9 de agosto as activas brigadas LNB de San Xoan de Río , planean xa o histórico I Abertinho en terras Ourensáns no marco dun explosivo festival a celebrar niste pequeno e indomábel concello do sul galego. Apuntate xa: abelaido@hotmail.com

E se prefires o monte: Atención , Atención porque no ar está un posíbel Abertinho..... nos Ancares!!

Iste verán nada a contracorrente no Mar de Varados da LNB!!

quinta-feira, julho 24, 2008

A LNB NO DÍA DA PATRIA PRESENTE NO STAND DE NOVAS DA GALIZA!!


Se iste día da pátria andas por Compostela , non podes deixar de visitar o explosivo stand de Novas da Galiza no Festigal , alí poderás atopar material deportivo LNB máis exclusivos complementos. Exposicións e loita galega no campus sul para deleitar ós presentes coma ós asistentes a un circo , A LNB por un Aberto estábel do Día da Patria e por suposto......pola Soberanía Nacional!!

segunda-feira, julho 21, 2008

TABLÓNS NO I ABERTINHO DO MOINHO DO PEDROSO!!


Nen o vento nen os watios de luz e son puideron frear , cegar nen enxordar ós palanadores e palanadoras que durante as probas de son no esceario principal do festival da Terra e da Língua iste bado 19 se botaron ó prado do Moinho do Pedroso para desputar o I Abertinho da história... puido ser que as interferencias co ferro dos matraquinhos e a luz trifásica necesaria para o concerto impediran a comunicación directa ó VARALMORSE do estalo enviado pola anarko-reportieira do Varal Merce que viveu intensamente ista enganchada xunto ó río Xubia na que se anunciaba a decisión inapelábel da LNB de declarar en tablóns ou táboas iste explosivo Abertinho en recordo a todos os participantes nos que Nes, Iria e Martinho brilaron coa intensidade os fachos de lume nunha noite pecha. 1 millón de Beizóns a toda a indomábel tribu ártabra!!

sexta-feira, julho 18, 2008

NA DEFENSA DO TERRITORIO>> I ABERTINHO DE BILHARDA MOINHO DO PEDROSO!!

Iste sábado 19 comeza zoupar o mar de varados , a denominación de actividades que a LNB prepara para combater iste abafante verán que nos golpexa , a partires das 18 h . as troitar do río Xubia van chimpar coma tolas coa celebración no Marco do Festival da Terra e da Língua de Narón do I ABERTINHO de Bilharda que consolida como algo fírme e sólido colaboración entre a Fundaçom Artábria e a LNB, un xeito de actuación referencial que a LNB xa está a extender tamén cara outros centros sociais do país, auténticos dinamizadores culturais e deportivos alleos ó rancio e caduco engranaxe institucional. E para cubir o acontecemento imos ter o luxo de esnifar o de seguro impactante Krónico da anarko-reporteira do Varal Merce , que inclusive vai comunicar en tempo real ó VARALMORSE o campión ou campiona diste explosivo e I ABERTINHO…


Na defensa do territorio é o lema dista nova edición do festival e na defensa da Bilharda como o deporte nacional é o lema que van defender os palanadores e palanadoras que se den cita no Moinho do Pedroso iste sábado para tentar facerse co premio sorpresa diste I ABERTINHO DE BILHARDA, MOINHO DO PEDROSO 08.

quinta-feira, julho 17, 2008


E A PARTIRES DAS 18 H. ISTE SÁBADO 19 NO MUINHO DO PEDROSO (NARÓN) I ABERTO DA TERRA E DA LINGUA CUN DE SEGURO IMPACTANTE TROFEO SORPRESA PARA O CAMPIÓN OU CAMPIONA.... UNHA LÍNGUA DE XATO , UN LIBRO DE CARVALHO CALERO OU UN PACK DOS IMPRESIONATES ECO-COPOS QUE SE VAN UTILIZAR PARA ABREBAR DURANTE O FESTIVAL....TODO PODE SUCERDER NISTA NOVA E EXPLOSIVA COLABORACIÓN ENTRE A FUNCAÇOM ARTÁBRIA E A LNB!!

terça-feira, julho 15, 2008

EN COCHE Ó MUINHO DO PEDROSO , XUBIA (NARÓN)!!

E realizando o camiño inverso dos compañeiros de EN COCHE A PEKÍN , xa que a súa excitante expedición partíu ontes de Narón á China cargados os tres pasaxeitos coa ilusión na maleta do seu coche vermello de segunda man e no que moitos xa nos sentimos parte da tripulación enganchados á ruta con eles por medio do seu explosivo web-blog. Pero cara a Narón , e concretamente cara a Xubia outra expedición cargada con tanta ilusión coma a que se dirixe a beijing vai tentar organizarse partir iste sábado dende o NorLeste para tentar colaborar cos irmáns de ARTABRIA no ilusinate proxecto de por en marcha o I Aberto no marco dun Festival de verán.

Se o ano pasado o Muinho do Pedroso foi invadido pola loucura do Billarda Freestyle iste ano cos cuchufellos tragarán dende o palco o pó dos aloitadores no I ABERTO DA TERRA E DA LINGUA no que xa te poder ir apuntando: jtavia@gmail.com E se queres emular ós compañeiros de en coche a pekín , 619.570976 para formar parte do comando de carros do NorLeste.

quinta-feira, julho 10, 2008

REFRÉSCATE ISTE VERÁN NO MAR DE VARADOS DA LNB!!


Como xa anunciábamos as diferentes ramificación da LNB preparan xa as impactantes e poderosas accións billardeiras para refrescarse niste sofocante e imperialista vran que chega.

Pola banda do Sur a LNB prepara a invasión da Illa de San Simón programa para o find do 21 de setembro nunha acción de intervención na illa dirixida polo músico Pablo Carpintero abonada a varios frontes e no dos suores a LNB vai ser a absoluta protagonista amosando ós navegantes as diferentes danzas da pirusalda billardeira no que oa spalandores e palanadoras desafiarán coma o poeta , o maldito cerco das olas . Podes anotarte para ser parte diste comando Pirusalda da LNB : 625.204119

E polo Norte despois da tremenda pegada deixada o ano pasado co Billarda Free Stile no Festival da Terra e da Lingua de Xubia (Narón) , explosivo ABERTO en prado programado para o sábado 19 de xullo pola tarde antes dos concertos diste potente festival galego que totalmente autoxestionado poloa irmán da FUNDAÇOM ARTÁBRIA vai xa pola súa 8 edición ...... espectaclar e histórico enfrontamento festivaleiro no que aínda estás a tempo para apuntarte ti ou a túa equipa do centro social ou antisocial ó que pertenzas, imperdíbel estalo billardeiro coordinado polo comandante Martinho: 649.079038 non nos mires únete!!

E cruzando o rego Asturies estuda xa a fecha e o sitio para escanciar durante iste verán un novo Abiertu no que as grandes estrelas do Liriu se vexan as caras des pois do seu exilio parroquial e se proclame o primeiro campión nativo astur. ÚNETE Ó MAR DE VARADOS!!

quinta-feira, julho 03, 2008

ASTURLIRIU DA LA CARA EN ACUTO POLA SU OFICIALIDÁ, CULTURA FÍSICA QUE ESFOLA FRONTEIRAS!!

O año mouro do interperroquial puxo o peche á tempada oficial da LNB , comeza agora tempo de fichaxes e reconstrucción de franquicias nos Abertos que durante iste periodo estival se poidan ir celebrando na Galiza e en Asturies porque no país veciño mentras loitan dando a cara por conseguir a oficialidade da súa lingua que lexitimamente lles corresponde a febre do Liriu esténdese como os regos de sidra nos seus chigres e para mostralo iste explosivo audio-estalo da presentación mundial da filosofía AsturLiriu no programa ACUTO no que Javier dende o seu bunker das Bárzanas ( Castrillón) explica o pasado, presente e futuro dista disciplina que racha moldes e esfola fronteiras. RADIO-VARAL recupera o programa íntegro para ilustrar plenamete o impactante concepto da cultura física que Acuto procesa e que a LNB comparte totalmete , suores compatidos cara unha imparábel revolución cultural e motriz!! akí o mp3,

Varias novas de impacto internacional temos que dar ó carón disto , primeiro que Carlos Suari o conductor de Acuto prepara novo poemario que será publicado por SUBURBIA xove editorial en asturiano que chega disposta a dar luz ás novas voces da potente literatura asturiana e que pronto se poderá pedir nas librarías do país veciño e agardamos tamén no noso, por outra banda temos que facernos eco da histórica nova que a selección catalana de Bowling vai competir apartires diste 16 de xullo nos campionatos mundiais sub-23 a celebrar en Orlando que ademais de ser oficiais son homologados pola COI , un feito histórico que obrigou á delegación española a boicotear os mundiais aludindo motivos políticos. Auténtica nova de dimensión estratosférica xa que os bolos nista modalidade xa foron incluido en varias olimpiadas coma deporte de exhibición e isto supón a primeira pedra real para o chimpo de cataluña á competición oficial. E que fan os nosos dirixentes deportivos na galiza?? Rascar os collóns e a natura porque ista histórica acción é froito unha descomunal loita diplomática dos políticos cataláns nos depachos ó máis alto nivel. Noraboa á federación catalana por iste espectacular strike de consecuencias históricas!!

terça-feira, julho 01, 2008

AS PEGADAS DO INTERPARROQUIAL 08!!

As mismas meigas que lesionaron iste luns ó gran zidade da billarda impedíndolle realizar a pretempara por unha rotura de tendóns no dedo índice da man dereita foron as que nos foderon o espectacular documento gráfico que acompañaba istes regos escritos. É por iso que hai unha visita obrigada polo impactante Foto-Varal do interparrquial 08!!

Iste documento ten que botar a andar coa espectacular secuencia da gran final producida en ribadeo nos estudios de TELE-VARAL e posterior entrega de premios xunto co histórico audio que como rematan dicindo no seu crónico os membros da selección parroquial do Val da Louriña emitido na Radio Galega e recuperando aki por Radio-Varal atronou no seu coche de volta ó sur e no de milleiros de carros que percorrendo o país vibraron coa nova de saber en tempo real o campión do interparroquial e sentir o análise en forma de poesía brutal co que Juan Pico pasa a centos de metros moi por riba da presentación de Reina dos campión de europa , e aproveitamos para facer un chamamento a sincronizar os transistores porque hoxe martes en Acuto da RPA ás 16:30 presentación mundial de ASTURLIRIU ante os micros niste noso programa irmán.





Simultáneamente á sorpresiva reelección de Mugabe en Terras de Zimbabwe e sen punto de comparación posíbel entre levantar a copa de europa nun atiegado estadio de Viena ou loitar por levantar un rebelde año mouro no coliseum de Celeiro de mariñaos , coa pantasma das comparacións sempre odiosas planeando no horixonte botaba a andar e correr polos valados nunha espectacular fuxida o año mouro do interparroquial 2008.






Noite perfecta para a presentación dun xa mítico torneo do circuito LNB que afrontaba entre torrezmos estalando na tixola a súa agradadísima 3º edición. Coa noite enriba o os regos de viño tinto e branco correndo pola gorza , ían chegando os representates das seleccións parroquiais que ían loitar polo año dende as 9 da mañán do día seguinte.

Foron as delegación que se desprazaban dende máis lonxe as que máis demoraron a súa entrada no campo de loita alumeado polos fachos nos ollos dos palanadores e palanadoras ribais que agardaban entre danzas da non chuvia e o son dos Gaiteiros Billardeiros , dende as cálidas terras do Sul chegaba a indomable selección parroquial do Val da Louriña , un compendio de palanadores embravecidos que viñan dispostos a dalo todo na pista e fóra dela tamén se facía falta.



E no medio da tempestade de torrezmos, cervexas e viño a luz da única bombiña que alumeaba na Cantina de LNB trocouse no amparo perfecto para acoller a espectacular entrada da delegación chegada dende o país veciño que responde ó nome de ASTURLIRIU , un feito histórica estaba acontecer baixo o ceo , ise manto que todo o ampara acolleu a espectacular aparición dos machetadores e machetadoras asturianos que desafiaban os aramios de espiños das fronteiras para adentrarse en territorio galego e irmandarse cos palanadores e palanadoras da LNB. espectacular intervención de Javier , o representante de AsturLirio esixíu Guía para un año que embravecido de desfacía da corda e fuxía en livertade perseguido por unha larada de palanadores dopados e entorrezmados , finalmente Zidane atrapou o año que volvía ó rego da LNB depois da pequena fuxida sen jet lag , un mal que semellaba afectarlle ós represebtantes de Remourelle que parte deles recén chegaban do Sur de desputar o capionato estatal de bolos , monumetal balbordo ante as verbas acendidas e ardentes de Ginés R. que exercía de vocal da selección Remourelle que xa vía practimante o año repousando nunha bandexa da taberna de Lola.

San Cosme coa incoeporación dos históricos Lidia e Jose Manuel, Astur-Eo con dúas incorporación da extinta URSS ( Lourenzá) , Xove con reprentante invisible , Ridadeo formado polos poderosos billardeiros Musicais e uns moi motivados Celeiro de Mariñaos apresentaban credenciais ante todos os xinetes da tormenta da LNB para facerse co prestixoso año mouro da LNB. Fin de festa e contradecindo o que din as máximas do deporte de élite moitos dos palanadores e palanadoras que ó día seguinte ían loitar polo año ían agora desafiar as leis da gravidade para manterse en pé polo resto que quedaba de noite.




Comezaban as billardas a asubiar e comezaba o año a súar, ista podería ser unha das frases do xa referente poético que é Juan Pico pero non, foi a realidade dun día máxico , a Louriña chegaba entoxicado e renqueante polas charamenas da noite e foi polo que os Astur-Eo se aproiveitaron da falla de verticalidade en noitas das súa accións. Isto pasaba no arrinque da xornada na pista de celeiro en Vilamar na outra sede San Cosme caía ante Celeiro desfacendo o maleficio de anos pasados e Remourelle resentido polo Jet Lag afuciñaba tamén contra Celeiro e San Cosme, unha reducida selección de Xove formada por tan só catro palanadores despuntando a doble turno as tandas non era quen de poder vencer en ningún dos seus enfrontamentos niste considerado coma grupo da morte que catapultou a Celeiro de Mariñaos a desputar a gran final de pola tarde.

Na pista de mariñaos a segunda enganchada da mañán entre Ribadeo e AsturLiriu , os priemeiros unha apisonadora que posteriormente pasaron por riba de Astur-Eo e a confirmación de AsturLiriu como unha das grandes sorpresas diste Interparroquial 08 , se na primeira avanzadilla de machetadores e machetadoras composta por un moi seguro Popes , unha debutante cun poder e un acerto impresionate chamada Jenny e unha xove e valente promesa do deporte do Liriu como é Sandra dirixidos por ise referente diste deporte que racha moldes tamén en Asturies chamado Javier, O Zidane del Liriu .

E a pocos minutos para o histórico debú chegaban de máis alá da ponte dos santos a carabana de reforzos composta polo explendoroso Hevia que deslumbrou na pista de Celeiro máis aínda que Nadal na herba Londres co seu explosivo tiro do revés, un fito inaudito co que inaugura un novo xeito atravesado de entender o golpexo doiste poderoso Nadal do Liriu . E xunto co seleccionador asturiano Pravia que chegaba queimado ó interparroquial en tres dos seus dedos da man dereita soubo rendir ó máxino e sacar xugo de todos os seus xogadores, especial mención a Delmi e Albarín dous dos machetadoroes con máis estilo e forza de todo o campionato e que dende a irrupción do Liriu en Asturies están sempre ó pé do canón dispostos a empuñar as machetas cando faiga falla e a súa seleción e equipo os necesite. AsturLiriu forzou a prórroga fronte a Astur-Eo deixando a istes últimos na cuneta .

Pola tarde despois do xantar como preludio da gran final deixaron tamén fóra de xogo ó Val de Louriña, unha selección que despois do churrasco do asador recuperaba a plenitude e a cor de tódolos seus efectivos pero xa demasiado tarde, o gran Elvis voltaba a mover as cadeiras na pista de xogo despois dunha mañá na uvi billardeira mentras Oscar e Chupi recuperaban punteiría baixo os cristais das gafas de sol para apoiar as accións contundentes de Rubén , Moisés , o firer do varal Hittler e a fichaxe norteña Camilo maís o primeiro ovolacteo-vexetariano que se atreve a introducir niste inferno de omnivoros que é a LNB.

Ás 17 h . baixo un impresionate despregue policial para vixiar os xá exaltados siareiros que abrebaban na Cantina-LNB mestralmete dirixida por Milio de Remourelle que non deixou un intre de perrear e ovellear, igualdade extrema e tensión máxima as incorpacións dos Tronos Foro e Rafa dábanlle un plus de temeridade a unha xa de por si potente e enrabietada selección de Mariñaos que mantiña no banquiño a un Xosiño e Luisa dispostos a saír se as cousas se torcían.

Por primeira vez en moito tempo nerviosismo nas facianas dos Billadeiros de Ribadeo, pese a contar con Chema rendindo ó máximo e co poder feminino de Lola , Geni & cia desputando ate o límite cada billarda nada puido frear ós de Mariñaos que con Demelsa , Ginés e Cristian concentrados en deixar escapar o año e cun espléndido Victor rendindo de luxo convertido ademáis no MVP deixáronlle a Ismael que fora el quen puxera a dulce guinda da victoria sobre a temida selección parroquial que acumula máis campións nacionais nas súas filas.

O Val da Louriña tivo que arrincar primeiro por unha cuestión de km, e levaraon consigo orgullosos a culler de Pau entregada polos anteriores posuidores Remourelle, non antes sen recordar a toda audiencia que son os posuidores do tan desexado no norte Xerro do Salnés . Espectacular e histórica xornada e no ar de Celiro de mariñaos quedan trazos de futura vendetta. Xa está o prazo aberto para recibir peticións de sede para a celebración do vindeiro parroquial 09. ADIANTE REVOLUCIÓN LNB!!