O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 29, 2008

ARRINCOU O GRAN TREN DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA 2008-09!!

Espectacular arrinque da 4º edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA , tensión en tódolos frontes abertos , tanto na pista coma fóra dela. A LNB medra e faino arrasando con todo por diante, arrincaba o Sur exercendo de portentosa colomotora, as festas do Cristo en Mos era o marco perfencto para a primeira xornada de liga regular, 52 inscritos e 8 franquicias estables atizaban o lume do motor , Paquete Pinchas, Almuinha, Asembleia Aberta, Branco-Negro, Lideiras, Culombio, Faísca e Chimpa de Meda rifaban as pinchas para metelas no Varal, e una estrela voltou brilar, Chupi venceu na final a un debutante Aníbal e encabeza xa a xeral na Conferencia Sur, espectacular inicio e espectacular a tina de abrebamento a pé de pista coa que no Sur combaten a sede e acadan financiamento.


E ó día seguinte na mítica pista da Zapateira da Coruña xunguíase o enorme bagón da Conferencia NorOeste, Furabolos e Feniáns Galegos presentábanse como novas franquicias nista conferencia atlántica que impactou coa súa explosiva posta en marcha cun cartaz no que o golpe dun xaruto chamado Serxio busca o Varal situado nun repleto estadio de futbol, maravillosa premonición para dentro de pouco abrir en canal as portas de Riazor. Jano, Miguel e Serxio comandan a xeral mentras que os Xarutos en franquicias xa se sitúan en solitario en cabeza.


E con xantar de inicio de tempada incluído , o enorme bagón da Conferencia Norleste botaba andar na pista polideportiva de Remourelle, espectacular afluencia de público que ratifica o sensacional estado de forma da gran conferencia cantábrica. Os Outros e a Irmanadade San Caetano debutaban na conpetición dispostos a dar moita guerra niste sempre perigoso teatro de operacións plagado de estrelas . Cobadazos na cabeza de ambas series, Adri, Chema e Andrés comandan a serie A e David, Eric, Zidane e Teresa comandan na serie B.


Entra nos webs oficias das conferencia mentras sintes a espectacular txalaparta billardeira no 3º estalo do histórico internacional , con manteo ó seleccionador incluído!!

sexta-feira, setembro 26, 2008

COMEZA O ESPECTÁCULO: ARRINCA A 4º EDICIÓN DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!



Preparádevos porque ista find comeza o grande espectáculo , do maxin de maceirax e vía o gran palanador do apolipse chega ista descomunal obra preludio de algo moi grande e intenso:

LNB LIVE 08: Por primeira vez disparos directos ó VARALMORSE dende as tres pistas en xogo , atentos porque o sábado polo lusco e fusco comeza o carrusel billardeiro dende O Porriño.

O patrocinio de Gadis informamos tamén polo rebolo causado, é exclusivo para a realización das tres faixas das Conferencias , e renovarase anualmente , baixo nengún concepto, ningún palanador nen palanadora vai desembolsar nada para a realización distes elementos de pista e cando a administración mira para outro lado , dende a LNB temos claro que non imos quedar de brazos cruzados. Avisamos...agarrade as cinchas porque comeza o gran espectáculo da Superliga de Billarda!!

A.C.D O VARAL , O PARAUGAS FEDERATIVO DA IV SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!


Ista fin de semana de novo combulsión absoluta na Galiza toda co inicio da 4º EDICIÓN DA SUPERLIGA GALEGA –GADIS- DE BILLARDA.

A billarda pide a berros e a paus un estatus oficial e faino apadriñada pola marca de Supermercados GADIS , A denominación de A Auténtica para a Selección Galega de Billarda e o firme compromiso coa terra da LNB fixo que a marca GADIS decidira dar o paso adinate patrocinando ista SUPERLIGA de Billarda que agora empeza enmarcándoa na súa campaña publicitaria VIVAMOS COMA GALEGOS. É a primeira vez que unha marca de tal calado e importacia do ámbito privado patrocina unha competición dun deporte galego de esencia tradicional .

Dende A.D.C O Varal , que unha vez máis vai facer de paraugas federativo ante o vacío legal imposto polas institucicións competentes , pedimos a tod@s os participantes nista Superliga o máximo compromiso posíbel con ista revolución que non ten xa volta atrás e pregamos a máxima axuda posíbel e colaboración cos coordiandores de cada conferencia . Podemos afirmar que nista 4º edición a LNB pecha o gran círculo que leva anos tentando trazar , de Norte a Sur e de Leste a Oeste comeza iste sábado 27 a máis potente competición do ámbito do deporte tradicional galego sen descusión ningunha , e todos vos palanadores e palandoras sodes os únicos protagomistas....Adiante revolución billardeira , Adiante o gran reto nacional!!




-Sábado 27 ás 17 h. arrinca a competición na aínda virxe Conferencia Sur , na pista do colexio Fernández López do Porriño no incomparable marco das Festas do Cristo. Espectacular a leña coa que atiñan o lume no seu web oficial para quentar o forno, análise a fondo dos favoritos despois dos Abertinhos do Verán e referencia ás franquicias xa fixas na conferencia: Culombio da Louriña, Faisca de Vigo, Almuinha de Marin , Lideiras de Mos....e un feixe que durante a tempada se irán sumanado.

-Domingo 28 ás 16:30 na pista da Zapateira arrinca tamén a Conferencia NorOeste con epicentro na cidade da Coruña pero ista tempada con firme vocación nómada para moverse por concellos das áreas comarcais veciñas coma Ferrol , Eume, Ordes , San Sadurniño ou Bergantiños...coas grandes estrelas das franqucias dos Xarutos, Filloas de Sangue, Electrónic@s , A Treu, Taravelas e Fendepaus dispostos a consolidar o seu poder minimizado no pasado play off nacional

-E iste mesmo Domingo ás14:30 xantar apertura na Taberna de Lola de Remourelle (Ribadeo) para ás 16:30 na pista anexa ó restaurante iniciar a tempada na mítica Conferencia NorLeste na que compite o Compión Nacional Markitos que defende o título acadado na pasada tempada. Poderán resistir os membros dista alianza primaria o empurre salvaxe das outras dúas xa emblemáticas confercias... Billardeiros Musicais, Os Outros, EkipA SaFari, Bíteres, Fanecas Bravas, Cornería-Team, Irmandade San Caetano, Piratas da Billarda e os Remourelle Bulls iste domingo van ceñirse ó berro da gran estrela de TELE-VARAL , Xoan Pico - primeiro o bandullo e despois o carabullo!!
ATOPÁMONOS NAS PISTAS PORQUE ARRINCA A GRAN SERPE MULTICOR DA LNB QUE VAI PERCORRER O PAÍS ENTEIRO CO ESPECTÁCULO DA MELLOR LIGA DE BILLARDA DO MUNDO!!

quinta-feira, setembro 25, 2008

RUMBO Á BERNILALE: GALIZA vs DEUTSCHLAND!!



Arde Galiza mas nom queima!! Iso debeu pasar o exercito alemá desprazado ate ribadeo para enfrontarse á Auténcica, se antes falabamos do esplendoroso Kraftwert Folk agora temos que falar do embriagador arume do licor café do Sur misturado coa cervexa xermana saboreada polos palanadores e palanadoras de ambas seleccións despois do monumental choque internacional, especular a curta resume da intensa vida do Galiza-Deutschland, incluidos os históricos varados do gran Bernar , micro ás costas de Gil para adentrarse no sempre perigoso banquiño alemá plagado de estrelas da Bundesliga. Simplemete de estatuiña na Berlinale!!

INAUDITA SESIÓN DE KRAFTWERT-FOLK PARA DESPEDIR Á SELECCIÓN XERMANA DE SCHLAGPFLOCK!!



Hoxe xoves , a selección xermana de Schlagpflock colle o avión en Compostela que a levará de volta a terras teutonas, coma homenaxe TELE-VARAL xa ten guindado iste espectacular e histórico video-estalo producido polo grande gaiteiro Daniel , el pon a banda sonora cun inaudito alubión de Kraftwerk Folk galego-xermano e manipula istas máxicas imaxes para que as bágoas invadan os ollos diante das pantallas. Irmáns da Auténtica Alemá....vémonos en Berlín!!

quarta-feira, setembro 24, 2008

ATENCIÓN EN TÓDOLOS FRONTES!!


COA RESACA INMENSA DO INTERNACIONAL DE FONDO A LNB FAI UN CHAMAMENTO A TÓDALAS SÚAS UNIDADES DAS TRES CONFERENCIAS:
ISTA FIN DE SEMANA ARRINCA A 4º EDICIÓN DA SUPERLIGA GALEGA -GADIS- DE BILLARDA.
ISTO É SÓ UN ADIANTO REMITIMOS OS WEBS OFICIAIS DE CADA CONFERENCIA MENTRAS POMOS O OUVIDO NA PRIMERA IRRUPCIÓN BILLARDEIRA NO PROGRAMA DEPORTIVO DA RADIO GALEGA CANEÁNDO E SENTIMOS O ECO DUNS HISTÓRICOS FUNGUEIRAZOS DO GZ-DCH NO TREN DO SERÁN MENTRAS AGARDAMOS ANSIOSOS POLAS EXPLOSIVAS PRODUCCIÓNS DA SEMPRE INDOMÁBEL TELE-VARAL!!

segunda-feira, setembro 22, 2008

OS FUNGUEIRAZOS DUN HISTÓRICO GALIZA vs DEUTSCHLAND!!


ATOPA A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA DO GALIZA VS DEUTSCHLAND NO FOTO-VARAL, E SINTE NO TREN DO SERÁN DA RADIO GALEGA A PARTIRES DAS 18 H. O EXTREMECEDOR ECO DOS FUNGUEIRAZOS.




Comezar un crónico con tanto peso emocional ás costas é un lastre moi difícil de evitar, calquera dos embites nos que a Auténtica esteña presente supón un desgaste supremo de todos os elementos da LNB para tentar que todo saia o mellor posíbel, e así foi , dende o primeiro raio de sol do sábado 20 que dirixía dende Lugo a mini-guagua xermana pilotada polo xermano-vigues Eladio cara á praia das Catedrais para que a selección alemá se empaparse da brisa cantábrica e perderse nos escuros canellóns tecidos de xeito natural nas rochas dista impresionate praia ribadense.



E mentras deutschland prepara os flashes para nise espectacular marco das Catedrais facer a súa foto oficial, a só uns poucos Km , a LNB preparaba e vestía coas melloras galas a pista polideportiva do Gamallo Fierros para o gran desafío internacional do máxico serán. Xavier de deporte galego, trocaba os despachos pola rúa vestindo o mono de traballo cos membros da LNB para preparar a pista antes de dirixirnos ó concello de Ribadeo donde agardaba toda a Auténtica xunta o alcalde de Ribadeo Fernándo Suarez para recibir cos paus preparados á poderosa selección alemá. Era a primeira vez que un concello abría as súas portas á Selección Galega de Billarda e facíao para recibir ós irmáns da selección Alemá de Schlagpflock . Por primeira vez a língua de Marx invadía o concello Ribadense nunha calurosa e histórica benvida ofrecida polo alcalde de Ribadeo en alemá á delegación xermana chegada para medirse á Auténtica.




As dúas delegacións abandoaban a casa consistorial despois de sacar fotos diante da casa do pobo de Ribadeo para a prensa xermana e galega antes de dirixirse cara Remourelle para realizar o tan agardado a isas 14 horas xantar galego-xermano na Taberna Casa Lola . Eladio apagou o GPS da miniguagua xermana xa que Milio , o maxistral palanador da Auténtica nativo de Remourelle exerceu de sherpa da expedición alemá, e debeu amosarlle todos os carreiros porque á Auténtica comezaba a rincharlle o estómago co retraso da selección alemá que Milio nun arrebato de auto-identificación-sherpa dirixíu á súa casa antes de conducilos á Taberna de Lola.




Sobran as verbas para definir o espectacular xantar, ovella que berra bocado que perde, menú da Horta e carne asada fixeron lamber os biezos ás dúas delegacións , cánticos tabernarios xermanos e galegos para rematar cunha espectacular interpretación do negra sombra por unha das palanadoras xemanas que puxeron a pel de galiña a toda a Auténtica. Comezaba xa a sangue a ferver cos chipiños e a coñac , Lola era requerida xa pola Auténtica coma cociñeira oficial no posíbel partido de volta en Berlín mentras se cantaba o cumpreanos feliz ó selección xermano Aitor .... achegábase a hora do enfrontamento e os paus estaban preparados e as bandeiras tamén.



Baixaba a serpe multicor de Remurelle para atoparse de fuciños cunha pista repleta de afeccionados adoecedo porque as billardas comezaran a bruar. O desconcerto inicial de quencemetos de palanadores dunha e outra selección deu paso ó perfecto deseño da LNB da cerimonia de apresentación para a escoita dos Himnos. Por primeira vez na história unha gaita galega tocaba o himno alemá, o grande Daniel , trocou por uns instantes o palán polo punteiro para interprepar as notas dun himno que será recordado pola selección xermana por moito tempo. Markitos, o campión nacional acompañou a Daniel na percusión na explendorosa interpretación do Himno galego, pel de galiña e puños en alto deron paso ó inicio do tan agardado GALIZA vs DEUTSCHLAND.



Pese a que todas as apostas sinalaban á Auténtica coma favorita , o ritmo inicial imposto polos pupilos de Aitor Rivas desconcertou á Selección Galega, gañando unha importante serie de carreiras a emblemáticos palanadores e palanadoras da galega. Ademaís temos que sumar unha certa relaxación inical de palanadores galegos moito máis interesados na búsqueda do corpo a corpo coas palanadoras xermanas na pista que rematar pola vía rápida, históricas foron as recriminación da Carmiña cara panadores coma Milio ou Fuco , o rei do empate como lle chamaban os seus compañeiros chegados dende o sur, e un numeroso número de palanadores que semellaban agardar con máis interese o final da partida para agasallar á súa contrincante cos consabidos bicos que centrarse en vencer e convencer.



E no medio da chuvia de chucos galega o poder da bundesselección comezaba a emerxer da man dun impresionate Bernar, simplemente apabuiante con dous varados na competición e un por milímetros por fóra, só puido ser contrarestado por outros dous varados do indiscutíbel Calvete , emblema absoluto nista auténtica, pero non foi Bernar o único que emrerxeu niste mar devarados, Cristian , Livia , Denis, Daniela , Chantal ou Meikae xunto co poder dos nacionalizados Aitor e Iago que souberon conducir a escada da selección xermana ate o ecuador da competición que foi cando o seleccionador galego, O´Zidane da Billarda mandou apretar o pedaleo para neutralizar a escapada teutona marcando un ritmo ó que os apalanadores e palanadoras xermanos xa non poideron soportar.

MARCADOR: GALIZA vs DEUTSCHLAND!!

3 setos a cero , foi o resultado atención ás marcas :

SETO-1: GZ:18 / DCH:4 / EMPATES:3

SETO-1: GZ:17 / DCH:4 / EMPATES:4

SETO-1: GZ:12 / DCH:6 / EMPATES:7


Como diciamos xa antes do partido , non hai lugar para vencedores nen vencidos , Vicente Castro e Xavier Campos do concello de Ribadeo e da Consellearía de deportes e cultura respectivamente entregaron os premios ós representantes das dúas seleccións. Pero o maior premio que Galiza recibíu foi o paseiño co que deutschland agasallou á selección galega e que a Auténtica tentará devolver nunha pista en terras xermanas.


Especial mención temos que facer ó esforzo da delegación do Sur, Fuco , Amil , Gil e Rubén son unha impresionate punta de lanza dunha revolución imparábel no sur que no NorOeste agora vai conducir Anxo que xunto á súa compañeira tamén se achegaron ate Ribadeo para por o seu hombro en representación de toda a súa conferencia que iste ano toca xa consolidarse coma nómada, Xarutos , A Treu , Filloas e electrónicos serán unhas bigas perfectas coas que Anxo co apoio de Sak dende a Lusitania poida constuír un sódido e infranqueable refuxo antiaéreo.


Poderiamos falar mares e mareas pero non é necesario, a Auténtica demostrou a súa valía e profesionalidade, as institucións que apoian os desprazamentos noutras disciplinas tenen xa unha conta pendente agora coa LNB , Alemaña agora xa agarda por nós, a punta de lanza do proxecto internacional da LNB naceu en Asturies, continúa e Alemania....e podemos decir que a Auténtica nunca fallará ás súas seleccións irmáns. Pegádevos ás pantallas porque TELE-VARAL prepara xa os seus histórico video-estalos diste encontro brutal entre a Billarda e o Schlagpflock .

domingo, setembro 21, 2008

OVARALMORSE: 3 SETOS A 0 , A AUTÉNTICA MANTÉN A INVATIBILIDADE!!

Erros no sistema operativo do VARALMORSE impediron a transmisión en directo dende a pista do Gamallo Fierros de Ribadeo dos dous histórico-estalos enviados en formato sms que agora aquí reproducimos ALEMAÑA RESITE NO ECUADOR DO INTERNACIONAL!! , eran as verbas coas que se reflexaba o poder xermano na primeira parte do partido e o bó rollo de varios palanadores da Auténtica coas palanadoras xermanas, pero pasado o ecuador o seleccionador galego O´Zidane da Billarda deu orde explícita ós seus elementos de pisar o acelerador A AUTÉNTICA MANTEN A INVATIBILIDADE DESPOIS DE VENCER A DEUTSCHESTAND POR 3 SETOS A CERO , XA SE FALA DE REVANCHA E VENDETTA EN TERRAS XERMANAS!! Eran as verbas coas que OVARALMORSE tentaba transmitir a indescriptíbel emoción de toda una xornada na que a selección galega atopouse coa que xa podemos considerar coma a tamén AUTÉNTICA selección alemá. Sabemos que tendes fame , pois preparádevos para dixerir una impresionate cobertura informativa en forma de videos de TELE-VARAL e análise do internacional con fotos exclusivas dos intensos momentos que pese a quen pese xa quedarán na historia do deporte galego. Atentos á pantalla!!

sexta-feira, setembro 19, 2008

GALIZA vs DEUTSCHLAND : CHEGOU O GRAN DÍA!!


.....e despois da expectacular intervención de Verena, xogadora da selección Alemá de Slack Flok e do seu seleccionador Aitor Rivas no Aberto Por Reformas da Radio Galega, xa só restan que falen os paus na pista do Gamallo Fierros. Foi unha semana de intensidade máxima que vai culminar nunha auténtica festa na que os protagonistas somos todos os membros dista serpe multicor chamada LNB , os que vistan as camisolas da Auténtica e os que estañan apoiando dende a pista , dende as súas casas ou dende o sitio que esteñan , a Auténtica representa a TODAS E TODOS QUE LOITAN DIARIAMENTE POLA CONSOLIDACIÓN DISTE NOSO PROXECTO NACIONAL BASEADO NOS FUNGUEIRAZOS .

Por iso pedimos a tod@s os asistentes ó partido o máximo respeito para os nosos irmáns da Selección Alemana de Billarda que sen a súa presencia o seu interese manifesto por apoiar e compatir a nosa loita se molestaron en adestrar para tratar de ser un máis que digno rival para a Auténtica. Antes e despois do partido xa podemos adiantar que non vai haber vencedores nen vencidos, venceu a constancia e a militancia na ilusión de tod@s canto compomos ista poderosa bola de lume chamada LNB.

Sabemos que en varias cidades de Alemania instalaron pantallas xigantes para ver o partido da súa selección de Slack Flok, por desgraza as institucións no noso país iso aínda non o entende polo que vos remitimos á transmisión en directo do VARALMORSE , que grazas á tecnoloxía de blogaliza podemos seguir saltando os muros do imperialismo mediático. QUE FALEN AGORA OS FUNGUEIRAZOS!!

O PODEROSO DISCURO DA SEGUNDA XERACIÓN-LNB ARRASA CON TODO!! [preme]


Despois dos adestramentos de Compostela a Selección xermana transladouse ate Fisterra e a Coruña para continuar exercitándose ante un cada vez maior numero de espectadores que siguen incrédulos as súas evolucións. Ós poderosos discursos de Daniella, Denis e Iago Raposo que puidemos ver no histórico documental de Vieiros partencentes á seleción alemá, temos que sumar a explosivo intervención de Marcos Fernández no programa A Base do Deporte de Radiofusión que podes escoitar akí aloxado xa en Radio-Varal , Marcos represente a isa indomábel segunda xeración de deportistas galeg@s engullidos pola furia e a carraxe da LNB que ó igual ca Anxo, representante da Conferencia NorOeste que xunto a unha numerosa representación do Sur , van chegar a Ribadeo dispostos a deixar ben claro , que isto é unha revolución total e absoluta.

E hoxe venres a Bundesselección adestra en Lugo, polo que abride os ollos se andades pola cidade das Murallas e á tartiña, ás 19H , no Aberto por Reformas da Radio Galega, última hora da selección xermana da man do seu adestrador que xa anunciou que o sábado pola mañá sacarán a foto oficial na praia da Catedrais .
Como di Marcos na súa histórica intervención, se non fixéstes plans para o sábado nos faigades, Tod@s a Ribadeo a apoiar á Auténtica!!

quarta-feira, setembro 17, 2008

LISTA DE CONVOCADOS PARA A AUTÉNTICA!!

A PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) das tres conferencias fai pública a lista de palanadores e palanadoras convocados paos iste sábado 20 de setembro en Ribadeo defender a terra e o mar galego fronte ó furacán xermano que xa amosou o seu tremendo poder no extaordinario documento de VIEIROS no que podemos ver como Aitor Rivas, o seleccionador alemán, prepara concienzudamente á súa armada teutona!!


GALIZA: TERESA , EDELMIRO , RUBÉN OTERO , CARMIÑA, CALVETE , XOAN PICO, CRISTIAN , GIL , ANA, MILIO , GINÉS-CELEIRO, MARKITOS, CARLOS AMIL,TERE, ERIC, DANIEL , LUISA, GINÉS-BULLS, FUCO.

O´ZIDANE DA BILLARDA DIRIXIRÁ Á AUTÉNTICA NA PISTA DO GAMALLO FIERROS

NOTA IMPORTANTE:

-13 H. RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO DE RIBADEO Á SELECCIÓN ALEMÁ E GALEGA ÁS 13 H.

-14 H. XANTAR GALEGO-XERMANO ESPECIAL PRODUCTOS DA HORTA NA TABERNA DE LOLA DE REMOURELLE, ROGAMOS CONFIRMAR ASISTENCIA, PREZO DO PRATO: 15 EUROS : ovaral@hotmail.com / 619.570976
MARCOS FERNÁNDEZ UN DOS RESPONSÁBEIS NACIONAIS DA PxA ESTARÁ ISTE XOVES NO PROGAMA A BASE DO DEPORTE DE RADIOFUSIÓN ÁS 21H. ANALIZANDO O EXPLOSIVO PARTIDO INTERNCIONAL CONTRA A PODEROSA SELECIÓN DE DEUTCHLAND. COMEZA A ANGUSTIOSA CONTA ATRÁS!!

XA ESTÁN AQUÍ!!


A selección xermana de billarda xa adestra a porta pechada en Compostela , se andas pola cidade abre ben os ollos porque poden estar diante de ti , e esteñas donde esteñas prepara o computador porque logo ides poder ver en VIEIROS-TV un espectacular reportaxe coas grandes estrelas da seleccion xermana exercitándose no parque de Bonabal.
E na selección galega, milleiros de apoios, incluidos a da propia directora xeral para o deporte Marta Souto para empurrar á Auténtica no seu gran reto de bater á temíbel selección teutona que vai contar ademáis con ducias de seguidores seguidores alemáns nas bancadas da pista polideportiva do Gamallo Fierros de Ribadeo. Precisamente Ribadeo xa se enche de cor para recibir ó acontecemento cos carteis do partido por todas as esquinas e bares da vila luguesa , precisamente como está a ocorrer en Vieiros co tremendo balbordo nos comentarios que obrigou ó moderador a intervir para suavizar tensións, varios membros da LNB xa tiveron encontronazos nos bares á hora de chantar os carteis polo recoñecemento coma propia da bandeira tri-cor galega. Á Auténtica demostra que non deixa indiferente a naide, ou se odia ou se mata e morre por ela!!
Nota Importante: mañá xoves será publicada a convocatoria oficial da Auténtica para iste histórico partido.

terça-feira, setembro 16, 2008

AITOR ADVIRTE NA RADIO GALEGA DO PODER DAS PALANADORAS XERMANAS!! [preme]


Se ontes non puideches sentir a espectacular conexión coa delegación xemana horas antes de partir cara a Galiza para aclimatarse o máis axiña posíbel á chuvia de likores coa que a Selección Galega agarda á selección Teutona , Radio-Varal rescata iste xa histórico estalo no que ise trotamundos da billarda , chamado Aitor agora contratado pola federación alemana co gran reto de converter á selección no gran referente mundial por diante da Galiza, Italia , Croacia ou Asturies. O primeiro gran reto alemán xa ten hora e lugar: Ribadeo , sábado 20 ás 17H. e Aitor advirte xa do poderío das palanadoras xermanas destacando en antena a Liria Romero palanadora de orixe galega , coma unha dos grandes referentes do xogo alemán. VAI COLLENDO SITIO PARA LOITAR CONTRA AS ELITES DO IMPERIALISMO DEPORTIVO ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 15, 2008

CONEXIÓN EN DIRECTO NO TREN DO SERÁN COA SELECCIÓN ALEMÁ HORAS ANTES DE PARTIR CARA Á GALIZA!!

Comeza a tan agardada conta atrás para o explosivo internacional , nerviosismo na ponte aerea Berlín-Compostela, a expedición xermana prepárase para dar a sorpresa fronte á Auténtica e ista agarda ansiosa a hora de verse as caras fronte a fronte á selección dirixida por ise tratamundos da billarda chamado Aitor Rivas reclutado pola federación alemá para situar ós teutóns na élite diste deporte que arrinca chantos e tira muros. E moita atención porque iste luns a partires das 18 H . no Tren do Serán da Radio Galega conexión en directo con alemaña para saber a última hora da poderosa selección xermana , horas antes de partir cara a Galiza para o gran desafío internacional fronte á Auténtica. Atención os técnicos da selección galega porque o seu seleccionador vai falar das grandes estrelas da selección alemana e advertir da presencia de numerosos houligans que van acompañar á selección xermana para animala ate o último trago de cervexa. Sintoniza e sinte o alento do eixo Xermano-Galego que iste sábado vai arrolar todo por diante!!

sexta-feira, setembro 12, 2008

CONFIRMACIÓN OFICIAL DO NOVO PARTIDO INTERNACIONAL DA AUTÉNTICA!!


QUE A AUTÉNTICA SE PREPARABA ERA UN SEGREDO A VOCES , PERO O RIVAL CO QUE SE ÍA BATER ERA UNHA TOTAL INCOGNITA, HOXE CONFIRMAMOS OFICIALMENTE O NOVO E EXPLOSIVO DESAFÍO DA AUTÉNTICA : GALIZA vs DEUTCHLAND

As grandes estrelas da Bundesliga Xermana de Billarda vanse ver cara a cara coa ate agora invatida Selección Galega de Billarda o vindeiro sábado 20 de setembro na pista polideportiva do Gamallo Fierros de Ribadeo.

Desafiantes e con gañas de rachar ó sólido bloque dirixido polo Zidane da Billarda vai aterrar na Galiza a selección teutona nutrida por planadores e palanadoras das tres pricipais cidades xermanas donde a billarda ten unha poderosa implantación cos tres máis importanes clubes do país: Hertha Berlinensis , Borussia Kielensis e Eintrach Heidelbergensis.



A Auténtica rachou os chantos e a Selección Xermana os muros para atoparse nun encontro histórico que non te podes perder: Atención acreditacións oficiais para medios de prensa dixital e papel , radios e televisións : ovaral@hotmail.com

Anunciamos tamén que haberá un xantar de irmandade galego-xermana o sábado 20 antes do partido na Taberna de Lola cun exclusivo Menú da Horta , se queres vir pacer coas grandes estrelas anótate xa!! : ovaral@hotmail.com

E moi atentos porque a PxA (Plataforma de xestión da Autentica) está traballando a reo para facer pública xunto coa alemana a lista de convocados por Galiza formada por elementos das tres conferencias. A terra necesita á Auténtica e a Auténtica necesita de ti!!

quarta-feira, setembro 10, 2008

DE MONTEALTO A RIBADEO ...ABERTINHOS QUE ABREN CAMIÑO Á AUTÉNTICA!!



E de Montealto como non podía ser doutro xeito tamén chegan excitantes novas , espectacular as instantaneas as diste collage que podedes ver unha por unha no impactante web do mais bravo barrio coruñes , crónico do I BERTINHO DE MONTEALTO e toda a información sobre o festival e os actos desentolados durante iste pasada find. Moitos posibles internacionais se deron cita niste abertiño porosto en marcha polos irmáns da Treu , Xan Alberto &cia abriron ás portas para que moitas das estrelas da Conf.Noroestes entre as que destacaban moitos dos Filloas de Sangue, Xarutos e o grande referente de punteiría e forza Johny adestraran de cara ó inico de liga e se amosaran de cara a unha posíbel internacionalidade coa Selección Galega de Billarda iste vindeiro 20 sábado 20 de Setembro


E como moitos xa roínamos nas uñas para ver como se desenrolou o desafío mundial dos Billardeiros Musicias contra o resto do mundo. Akí o tendes o gran documental de TELE-VARAL para desfrutalo. Caeron os campións nacionais nunha pista ribadense que vai ser histórica xa que vai acoller o primeiro partido da Auténtica mo país galego. Reiteramos atentos ós teléfonos e ás excitantes novas!!

terça-feira, setembro 09, 2008

DA VICTORIA NA FORTALEZA DE SALVATERRA Ó POSIBEL DEBÚ COA AUTÉNTICA!!



Se estiveche na fortaleza , métele no impactante estalo producido dende o sur para TELE-VARAL para reviver a intensidade dos golpexos na Fortaleza de Salvaterra e se non estiveche, de fuciños te tes que botar ó video para ver a marevilla realizada pola tribu do sur , público a gabelas , espectacular Varal de porteiría e unha intensidade no xogo e nas marcas nunca antes vista para coroar ó xenio de Gil ó máis alto do pódium invisible.

Coma a LNB Gil afirma ós micros de TELE-VARAL ter ído de menos a máis e vencer niste I Abertinho do festival da Poesía é por iso que o seu nome xa figura entre os grandes diste deportes que racha moldes polo que ten moitos boletos para ser un dos chamados para O GRAN DESAFÍO INTERNACIONAL DA AUTÉNTICA. Chegou o intre de lanzar a alerta a todos os palandores e palandoras da LNB , a PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) xa comezou a traballar e está a realizar as xestións pertinentes para lanzar a lista de convocados con elementos das tres conferencias para o vindeiro sábado 20 de setembro enfrontarse a unha das máis potentes seleccions de billarda do vello continente. Acendede os móbiles e situadeos en cobertura porque en calquer intre pode soar unha chamada esixindo a túa presenza na pista ribadense para defender as cores e o orgullo da SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA!!

segunda-feira, setembro 08, 2008

A FORZA DA POÉTICA DE GIL ARRASA NO ABERTINHO EN SALVATERRA!! [diapositivas>>preme]

Prórrogas , música e poesía foron os grandes compañeiros de batalla dos 32 inscritos niste apoteósico I Abertinho do Festival da Poesía, un combate cun explosivo crónico exposto xa no seu web oficial ó que te tes que botar coma un golpe esfameado se bota ó galiñeiro. Porriño, Mos, Redondela, Moaña, Marín, Ourense, A Coruña…. foron algúns dos sitios dende donde chegaron as guerrillas armadas para loitar na fortaleza de salvaterra pola caixa de viño do condado e o lote de libros doados polo festival. E os que chegaron desarmados armáronse no stand do Novas da Galiza , distribuidor oficial de material LNB e voceiro oficial dista revolución imparábel que arrinca chantos e invade as leiras. Desfacendo os todos pronósticos Manu e Gil prantáronse na final para ser o palanador das Pereiras o que se fixo coa tan desexada victoria nun emblemático festival que abríu as portas á LNB para trazar futuros camiños xuntos. Atentos ó TELE-VARAL para ver os documetais que xa están ruxindo nos fornos , e atentos tamén á pantalla para coñecer o desenrolo do Abertinho de Montealto!!

2 SETOS A 1 VENCE O RESTO DO MUNDO ÓS BILLARDEIROS + OS OUTROS!!


espectacular ambiente na vila ribadense para vivir ista xa clásico enfrontamento por equipos, entradas colapsadas ó IES Gamallo Fierros para ver e tocar ás grandes estrelas da Conferencia NorLeste que se preparan para o 28 de setembro botar a andar na SUPERLIGA GALEGA 2008-09!!


BILLARDEIROS MUSICAIS + OS OUTROS


RESTO DO MUNDO CAMUFLADO BAIXO O NOME DE COMBINADO LNB


Miller , o palanador cubano da Irmandade San Caetano foi unha das grandes figuras do Resto do Mundo na que destacou tamén Juán Pico e o ex-trono Victor , incorporado xa ás filas da EkipA , franquicia que realizou as xestións pertientes a pé de pista para pechar a plantilla coa incorporación da palanadora portuguesa Elena, despois dunhas duras conversas co seu representante Xulio.


Os billarderios vían como O Resto do Mundo ía pulindo co seu xogo as súa esperanzas de victoria, Markitos e Hugo tentaban arrastras cos seus Varados a un equipo que se desfondou pasando o ecuador do torneo.


Espectacular animación na pista central do IES Gamallo Fierros de Ribadeo para ver insitu ista enganchada por Equipos eclipsando totlamente ó que acontecía nunha piste de tenis de Nova York


O resto do mundo foi quen de dobregar ós campións nacionais Billardeiros Musicais, Xosinho , exercerceu de campitán dista ONU billardeira na que formaron palanadores e palanadoras Galegos, Suizos, Cubanos e Portugueses. A faciana de Xose explica toda a emoción despois dunha traballada victoria niste referencial Abertinho por Equipos nas festas patronais ribadenses. Os billardeiros xa afían os coitelos vingarse para o ano!!

COA CHUVIA DE VARADOS DE SANTALLA NA RETINA!!



Mentras os mercearios da Galega esconden a súa reportaxe do encontro de Santalla do sábado pasado celebrado nista aldea da Pontenova, TELE-VARAL , a vangarda televisiva do país , apresenta en pleno temporal de abertinhos, un poderoso documental esquivando os peios dende unha lastra do campo de bolos. Co punto de mira posto no Aberto de Billarda , o obxectivo do rifle do francotirador de TELE-VARAL penetra donde ningún outro medio visual se atreve a entar. ADIANTE COA REVOLUCIÓN!!

quinta-feira, setembro 04, 2008

ALERTA LARANXA Ó MONTEALTO SÚMASE Ó TEMPORAL DE ABERTINHOS QUE AZOUTA O PAÍS ENTEIRO!!

Niste tempo de borrasca os Abertinhos imponen o se frenético ritmo de actuación e fan saltar a única e auténtica alerma laranxa que recoñecemos ista find, se Salvaterra e Ribadeo non eran suficientes iste sábado chega o xa anunciado e agora xa confirmado ABERTINHO DE MONTEALTO na Coruña, recollede os paus que teñades pola casa e botádevos ó bairro máis bravo da cidade para combater os lóstregos do serán xunto cos irmáns da Treu que coordinan . Contacto e inscripción : 651.424014 / Xan

E para non perderse niste sábado laranxa ofrecémoscho o mapa para chegar puntual e sen reviravoltas ó Abertinho de Bilharda Festival da Poesia de setembro ás 16:30 h. en Salvaterra: no recinto das muralhas!!

Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinhoa maiores para a ganhadora. Participa!! INSCRIPCIÓN E CONTACTO: lnb.sur@gmail.com
...E xa está nas rúas da vila luguesa de Ribadeo, agora chega ás pantallas , o agardado cartaz oficial do II DESAFÍO BILLARDEIRO!!



INSCRÍBETE PARA O COMBINADO LNB: lnb.norleste@gmail.com / 627.166834

A LNB CONQUISTA PONTEAREAS...E PREPARA NOVAS VARADO-INVASIÓNS!!



Atención ás persoas....cunha banda sonora construída co ruxir do Caimán do Río Tea , aborixe das pozas de Ponteareas hoxe mutados baixo a pel do Capitán Furilo , o grande Rubén Otero constrúe un extremecedor documento dises de foder e empreñar no que agroman unha boa parte das grandes estrelas do Sur e no que descubrimos o que moitos intuíamos .... Xosé Miguel ademáis de ser ise referente absoluto da avadiña guerrilleira na xungla virxe billardeira mútase sen complexos nun descomunal Oliver Stone armado cun micro de pau nunha extraordinaria entrevista a fondo a Chupi despois de vencer no Abertinho de Ponteareas, imposíbel evitar as comparanzas coa fita COMANDANTE e imposíbel evitar as comparanzas de Chupi cun xoven Fidel cando afirma ter vencido no Abertinho por facer moitas partidas en 2. Cando se aproxima outra find con varias citas inexcusábeis para a tribu-LNB de Norte e do Sur pensamos que chegou o intre de berrar sen complexos ..... BILLARDA OU MORTE!!

Polo Sur :

I Abertinho de Bilharda Festival da Poesia

6 de setembro (sábado, 16:30 h.) en Salvaterra:
no recinto das muralhas- Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinhoa maiores para a ganhadora. Participa!! INSCRIPCIÓN E CONTACTO: lnb.sur@gmail.com

Polo Norte :

II DESAFÍO BILARDEIRO NAS FESTAS DE RIBADEO

BILLARDEIROS MUSICAIS + OS OUTROS VS COMBINADO LNB

Domingo 7 de setembro ás 17: 30 h. na Pista deportiva do Instituto Gamallo Fierros.
INSCRÍBETE PARA O COMBINADO LNB: lnb.norleste@gmail.com / 627.166834

quarta-feira, setembro 03, 2008

TROCO DE PEL PARA A SERPE LNB QUE CONTINÚA REPTANDO POLO PAÍS ADIANTE!!

Espectacular o troco de pel producido no web oficial da Conferencia Sur, máis información e contidos ofrecidos na explendorosa bandexa do worpress para unha comunidade que medra minuto a minuto e segundo a segundo, especial referencia ó apartado dispensado ó calendario, donde os compañeoiros e compañeiras do Sur xa pecharon filas no I ABERTO DE PONTEAREAS con datas e pistas para afrontar a primeira tirada da inminente tempada. 27 de setembro é a data marcada para a primeira enganchada puntuábel para a SUPERLIGA GALEGA GALEGA 2008-09 no Sur , no NorLeste será o domigo 28 e a falta de confirmación oficial sabemos que fume Xaruto está realizando as xestións pertientes de coordinación na Conferencia NorOeste para que isa find tamén se poña a rodar a gran bola de lume que arrase de novo os mastros coloniais da cidade da Coruña e concellos dos redores. Pero mentras iso chega ise intre atentos porque aínda tes varias citas inexcusábeis para ista find no embravecido Mar de Varados:

- I ABERTINHO DE BILHARDA

NO XXII FESTIVAL DA POESÍA DO CONDADO
GALIZA NON SE VENDE ....E A LNB TAMPOUCO!!
6 de setembro (sábado, 16:30 h.) en Salvaterra:

I Abertinho de Bilharda Festival da Poesia

no recinto das muralhas- Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinhoa maiores para a ganhadora. Participa!INSCRIPCIÓN PREVIA: lnb.sur@gmail.com

- II DESAFÍO BILLARDEIRO NAS FESTAS DE RIBADEO
BILLARDEIROS MUSICAIS + OS OUTROS VS COMBINADO LNB

Domingo 7 de setembro ás 17: 30 h. na Pista deportiva do Instituto Gamallo Fierros
Coma Gaspar retorna ó peirao ribadense .....volta na súa xa segunda edición iste explosivo desafío do Billadeiros Musicais no gran toneo de verán por equipos , se queres formar parte do Combinado LNB e dasafiar o poder dos campións nacionais de Txema &cia na súa propia terra inscríbete xa en: lnb.norleste@gmail.com

segunda-feira, setembro 01, 2008

OSCAR E MARIO..... O TREBÓN CERVANTEGO NO ABERTO DOS ANCARES!!

Imperdíbel o histórico crónico de Sak esquivando coma un indomábel pito do monte as balas e trampas dos sempre malditos cazadores furtivos , os Ancares queren vida , queren LNB....Cun bon trebón foron recibidos os valentes palanadores que se achegaron ao Aberto dos Ancares que se desputaba ao abeiro do polideportivo da capital de Cervantes. Un reducido pero entregado grupo de palanadores puido desfrutar dunha primeira sesión de adestramentos onde ían coñecendo as normas, a técnica e o excelente material fornecido polo patrocinador do encontro, a carpintería artesá Ovidio. Xa na previa ao aberto dous palanadores despuntaban, Oscar cunha facilidade técnica nunca vista e Mario, cunha potencia atronadora; mais non eran os únicos que sorprendían aos organizadores, xa que nas terras bravas dos Ancares o deporte da billarda é ben coñecido polo unha ampla maioria da poboación e por tanto moitos e moitas das presentes tiñan unha experiencia moi útil á hora de competir.

Ás sete da tarde comeza o torneo e comeza a paixón dunhas xentes sabedoras de que algo está a cambiar cando a un recuncho sempre maltratado e afastado do país unha delegación da LNB chegaba con ansias de ficar aló. Nas primeiras carreiras xa se deixa sentir a concentración e tamén os nervios habituais ao coller un palán en competición oficial, feito que fixo que a competición estivese moi nivelada ainda coa heteroxeneidade que amosaba o polideportivo de San Román, con palandores e palanadoras de entre 14 e 85 anos algúns novatos e outros expertos noutrora. Segundo pasaban as rondas a peneira ía deixando ver que Oscar e Mario se desputarían a final, como así foi. Unha final que non puido ser máis igualada ata que na definitiva carreira, Mario saiu cun moi bo golpe pero Oscar, seguro da súa rápida aprendizaxe arriscou a tentar un varado na longa pista cervantega, deixando mudos aos espectadores do pabellón namentras a billarda voaba polo ar ata chegar ao varal rompéndo de emoción todo o pabellón.Con esta espectacular xogada remataba o aberto dos Ancares e o tarro de mel ía para Oscar que axiña se apurou a saudar a Mario como vemos na instantánea. Por último reparto de material para o adestramento persoal de cara a vindeiras competicións e satisfacción entre os participantes e por suposto a organización.

AMENCER BILLARDEIRO DESPOIS DO FURACÁN EN PONTEAREAS E SANTALLA!!


E se aínda estades repóndovos despois de sentir o atronador canto da pita do monte co espectacular crónico chegado dende os Ancares e refregades os ollos despois de ver no web oficial do Sur as espectaculares imaxes e verbas da gran victoria de Chupi no Aberto de Ponteareas , preparádevos para sintonizar TELE-VARAL e reviver o sentido nos frontes abertos.........e se polo sur a familia medra a pasos axigantados polo norte despois dunha final de infarto no que o billareiro Daniel venceu a un revitalizado Zidane tamén aumenta a tribo cun poderoso exercito de collaretres verdes que se unen á loita!!


Espectacular apresentación no Aberto de Santalla no pico da Pontenova da poderosa Irmandade San Caetano , unha agardadísima inmersión dista equipa Galego-Cubana do cinturón vermello do concello de Barreiros, Tortillas con ovos da casa e golpexos firmes contra o imperialismo son a carta de presentación dista nova franquicia que toda a tribo-LNB recibe cos brazos abertos e os puños pechos!!

IRMANDADE SAN CAETANO , NOVA FRANQUICIA LNB NA CONFERENCIA NORLESTE!!