O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 05, 2009

2009 PON EN MARCHA O PROXECTO GLOBAL DA LNB, O GRAN RETO : O LIBRO-DISCO!!


Arrincamos o ano cunha inusitada forza, o tan desexado proxecto global da LNB orientado á producción do Libro-Disco comeza a tomar forma da man , nada máis nen nada menos , de Santiago Jaureguizar que do seu puño e letra pasounos un espeluznante relato-curto de zombis e billardas que abre camiño a toda unha serie de estalos literarios que acompañarán ós temas de apoio á revolución billardeira que os mellores grupos do país xa están moulando nos seus locais de ensaio. Chamada pois a todo o poder criativo inmerso no LNB , se Santi deu o primeiro paso dentro dentro da nómina de escritores sen medo a represarias, Toño Randeeira , un absoluto mito dentro da LNB que retorna ó ring co seu espíritu de palanador criativo e indomábel , tamén aportou un explosivo estalo literaio que vai formar parte dise poderoso libro de retais de luxo. Atención pois , membros da LNB que militen no eido musical ou con inquedanzas literarias agardamos os vosos estalos para armar iste poderoso e inaudito puzzle que vai arrincar os chantos que dividen os suores e a cultura de vangarda, Agardamos polas vosas achegas!!