O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 26, 2009

CON FACHOS , A LNB CONTINÚA O SEU AVANCE SOBRE OS ESCOMBROS DE CONFUSIÓN DUN PAÍS A ESCURAS!!


Ás apalpadas aínda despois do tremendo vendaval, a LNB retorna camiñando na escuridade sobre os escombros de confusión , coa ollada posta no espectacular e explosivo 1º Aberto Nacional solidaridade con Palestina a celebrar en Compostela o vindeiro domingo 8 de febreiro, é por elo , que se está a estudar fechas para a próxima xornada na Conferencia Norleste mentras que iste domingo 1 de febreiro a Conferencia NorOeste se dispón a desputar unha nova e agardada enganchada regular na que os Furabololos tentarán asaltar do liderato en poder dos todopoderosos Xarutos.