O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 14, 2009

ISTE XOVES A LNB NA GALEGA NO ESTREO MUNDIAL DO "CAZADOR DE PALABRAS"


Despois do record de asistencia absoluto acadado en Vigo como se amosa no espectacular o Foto-Varal do Torneo a serpe multicor retorna ás terras do norte para iste domingo 18 afrontar un novo asalto da liga regular no Norleste a partires das 16 h no agardado retorno á mítica pista de Vilamar ( Barreiros) , e que mellor forma de celebralo que sintonixando iste xoves coa Galega que ás 21:30 h estrea novo programa chamado O CAZADOR DE PALABRAS adicado niste seu primeiro capítulo ós deportes e donde se poderá ver á indomábel tribu LNB afiando lanzas e billardas na sempre perigosa selva do NorLeste. Pega os fuciños á pantalla e despois arrebola a TV pola fiestra!!