O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 09, 2009

VIGO ACOLLE A PRIMEIRA GRAN INTIFADA BILLARDEIRA DO ANO!!

Sen tregua posíbel a LNB amosa os puños de novo niste combulso inicio de ano convertindo Vigo na cidade elexida para iste novo embite na dinámica Conferencia Sur que dende a mañá diste sábado ate o lusco e fusco vai converter o pavillón do Monte da Mina de Castrelos nunha zona sitiada polo lanzamento de misis katiusha e billardas en apoio á causa Palestina. Atención porque ó ser formato Aberto e como os torneos comúns xa están chamando á porta dende o NorOeste xa anunciou a súa presenza unha delegación dos poderosos Furabolos do Pino que xunto cunha posíbel presenza de elementos do NorLeste van converter iste torneo na cidade Olívica nun fervedoiro entre fraccións rebeldes loitando primeiro polo espectacular Torneo de Paláns, o que popularmente se coñece coma varados pero que niste torneo Vigués vai ter unha serie de billardas postas nunha raia de semicírculo imitando tal cal os carriños coas bolas de basket situados ós 6,25. E despois do xantar nas mesmas trincheiras do Pavillón , loita fraticida na pista nun aberto que se prevé multitudinario. Contra o bombardeo do Pobo Palestino , fabas , paláns e billardas!!

PROGRAMA I ABERTO DE BILLARDA DE VIGO:

O sábado 10 será o día. O pavillón do Monte da Mina en Castrelos será o lugar. Ao programa que preparou o Local Social Faísca non lle falta detalle, así que aquí volo expoñemos con detalle:

- 11 h. Obradoiro de billarda: Aprendizaxe e adestramento asesorado por expertos palanadores da LNB.

- 12 h. Concurso de paláns: Espectacultar versión no deporte da billarda do concurso de triplas do All Stars da NBA. Preparádevos para esta nova modalidade de billardismo extremo que se estrea en Vigo e para que a xente de Faísca ten reservados premios para os gañadores.

- 14 h. Receso para xantar. Haberá un xantar aberto alí mesmo no pavillón. O menú: fabada (tamén haberá versión vexetas), pan, viño, postre e chupiños, todo por 8 euros! Os que queiran quedarse a comer que avisen canto antes no correo zevianagz@gmail.com para poder facer un cálculo de cantidades. Se sobra algo non importa… pero que non falte!

- 16 h. 1º Aberto de billarda de Vigo, puntuable para a LNB Sur. Será a hora da competición oficial, e é necesaria esquisita puntualidade. Fontes ben informadas aseguran que os premios desta xornada están confeccionados a base de marisco, así que se non vos chegou o que comestes no nadal, aquí tedes a última oportunidade de marcarvos unha enchenta!!