O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 03, 2009

A CACHUCHA DO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09 XA ESTÁ A DESALAR!!

Ourense e o país enteiro xa treme ante a tremenda embestida que vai supor ista nova edición do Billarda All Stars , de novo unha linea imaxinaria vai dividir de arriba a baixo o mapa do país polo que xa podes ir situándote para defender a parte do firmamento de á que pertences. Para entendernos , os palandores da Conferencia NorLeste + os palandores da Conf Sur [Ourensá] puntuarán para a Selección do Leste mentras que os membros da NorOeste + Conf. Sur [Pontevedra] puntuarán para a do Oeste. O comezo do partido está marcado para as 12 h do domingo 8 de marzo polo que as Guaguas das tres conferencias xa están desafiando as lagañas . Atentos ós web oficiais de cada conferencia porque alí se establecerán os horarios e as paradas de cada Guagua , por primeira vez as tres guaguas arrincarán para atoparnos á hora pactada na pista de chave ( ó carón do estadio do Couto) para desputar o Aberto do All Stars que se vai realizar en dúa pistas simultaneas e nunha terceira realizaranse en paralelo ó partido o concurso de triplas ou paláns e o concurso de mates, polo que vide preparad@s para non parar nen un intre ate sentarse a iso das 14:45 a comer o cocido ( prezo: 12 euros)

E coma o campión ou campiona do Aberto do All Stars non pode ir coas mans nen o bandullo valeiro , apresentamos A Cachuca do All Stars Ourense_09 , un espectacular e inaudito premio polo que loitarán coma cans famentos todos os palandores e palanadoras que iste domingo acudan a desputar o Aberto das Estrelas , atención porque baralláronse varios nomes para identificar a poderosa cachucha , Anxo , Emilio....pero por aclamación popular en incluso por riba do poder local que implicaba José Luis , a Cachuca do All Stars chamarase Alberte. E non queda a cousa ahí , o campión de Mates levará unha bandexiña de uñas de porco e o campión de triplas unha bandexiña de rabos , porque como sabedes do porco aproveitanse todo , ate os andares....

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home