O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 12, 2009

MATES E CRIPTONITA TAMÉN NO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09!!

Nate Robinson venceu fai unhas semanas no concuso de mates da NBA chimpando por riba de Dwight Howard vestido coa capa de superman. Puidera ser que o balón da cor da criptonita inutilizara os poderes do grande Howard , pero fora como for , os xuices ó igual ca David , Ubaldo e Anxo no concurso de mates do Billarda All Stars de Ourense non tiveron dúbidas. Atentos á pantalla porque moi pronto poderedes ver a espectacular reportaxe de TELE-VARAL , mentras agardas imprescindíbel pasar polo web oficial da Conferencia Sur para mergullarte no multitudinario asalto realizado en Salceda de Caselas , comentar tamén que antes do Play Off Nacional , nisa Conferencia do Sur planexan xa unha espectacular competición por equipas que dende aquí lanzamos a proposta de nomeala coma o Copo do Rei Xíbaro