O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 25, 2009

MENTAWAI E A LNB , AFIANDO OS DENTES E LENDO AS TRIPAS PARA COÑECER O FUTURO!!

Nistes intres de intensidade suprema en tódolos frontes cremos que chegou o momento de invocar ós espirutos dos irmáns Mentawi , tribo da selva indonesa que se resiste con tódalas súas forzas ó contacto cos colonos que o goberno lles envía para botalos das súas terras que de xeito natural levan ocupando dende fai miles de anos. Os Mentawai son expertos en realizar tatuaxes e son temidos polo veleno co que impregnan as súas mortíferas frechas, ó igual ca LNB nistes intres os Mentawai antes das cerimonias importantes afían os dentes para imitar ó dos animáis salvaxes cos que conviven , un cánnon de beleza que se está impor niste tramo final de tempada entre os palanadores e palanadoras da LNB que tentarán entrar como sexa na danza final do campo de terra de Conxo , en Compostela. Os Mentawai cando necesitan saber o futuro da súa tribo cazan un xabarín vivo e despois dunha noite de danzas e fume para invocar ós espíritus , na alborada matan o porco bravo e len o seu futuro nas entrañas do xabarín aínda quente....de momento non imos utilizar o seu sistema senón que aconsellamos substituir as tripas do animal por unha urxente visita ós webs oficiais das conferencia , porque é impresionate o futuro que se aveciña , polo NorOeste anuncian inmersión final para iste domingo 29 e para o vindeiro 19 de Abril ambas no Frontón de Riazor , e se aínda queres máis o Sur bota por fóra para despedir a tempada regular en Mos cunha acción que está a coller forma de Gala , apostas sobre a mesa coa primeira quiniela realizada no Sur e unha posíbel inmersión nun salón de actos para desfrutar dun espectacular concerto peche de tempada , e se iso fora pouco no NorLeste seguen mergullados na selva Luguesa tentando de pechar o Aberto Nacional Cidade de Lugo xunto cos compañeiros de Madia-Leva. LNB e os Mentawai afiando os dentes e lendo as tripas!!