O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 18, 2009

O GRAN RETO DA FIND , QUE AS BILLARDAS VOEN EN BOIRO, ATRÉVESTE?

Como vedes no cartaz, iste sábado 21 xa está marcado tamén no calendario da LNB e sobre todo serve para facemos unha poderosa chamada ós palandores e palanadoras do Barbanza que o corpo lles pida guerra ista find , dende o propio C. S Aturuxo coméntannos que non teñen nen material deportivo nen xente instruída no noso desporto e nós respostamos que iso non era impedimento nengún senón un espectacular reto polo que recordamos que os que se animen a acudir á chamada da xungla virxe billardeira de Boiro vaian armados ate os dentes con paláns , billardas e cámara de fotos para achegarlle ó mundo o poder e bravura dos primeiros pasos da LNB no concello de Boiro, e se xa o tes claro antes do sábado que vas exercer da pasamosche o contacto de Charo : 650877046 para que vaia pondo firmes ós activistas do Aturuxo ante a acción revolucionario-billardeira que se aveciña. NEN UN PASO ATRÁS , NEN PARA COLLER IMPULSO!!