O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 04, 2009

SIAREIR@S GALEG@S E A LNB.... DÚAS EQUIPAS , UMHA NAÇOM NO ALL STARS!!


Comezou a conta atrás cara ó BILLARDA ALL STARS_09 e xa se sinten os motores das Guaguas rumbar, Ourense agarda á gran serper multicor da LNB que se organiza de xeito maxistral , dende O NorOeste confirmase a poderosa alianza Siareir@s - LNB que lograron por en marcha conxuntamente todos os fachos dista histórica xornada do 8 M polo que na parada en Compostela da Guagua que arrinca ás 8:30 h da Coruña vai haber un importantísimo continxente de siareiros que se unirán ós Furabolos do Pino , isa franquicia que amiaza cunha espectacular serie de mates na que unhas das súas grandes estrelas, Xosé Antón, xa sufríu unha leve escordadura durante a preparación do mate que agardamos non merme en absoluto o seu importantísimo concurso na serie de Mates , Varados e no propio partido das estrelas. No Norleste xa toman impulso recordando o doce sabor do RIBEIRO co que posiblemente celebrar unha nova victoria do combianado do Leste mentras que na Conf. Sur preparan xa o seu Super-find Billareiro, sábado en Salceda para aínda coa sangue quente rematar coa maldición proclamando campión no partido das estrals ó Combinado do Oeste ó que pertencen.


SKARNIO NA SESIÓN VERMUTE DO BILLARDA ALL STARS OURENSE_09!!

Un luxo absluto , SKÁRNIO unha das bandas máis internacionais da escena galega vai realizar unha potentísima e combativa sesión vermute para rachar dende o minuto cero coas dictaduras que nos veñen enriba...incluídas a dos bailes de salón. Ë posíbel que os campións do Aberto All Stars , de Mates e Varados recollan no mesmo esceario a Cachucha Alberte , as uñas e os rabos . A cita diante do esceario apartires das 14 h, danzas de guerra para preparar o bandullo antes do gran cocido de irmandade .