O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 14, 2009

A LNB PRESENTE NO PRIMEIRO ANIVERSARIO DOS IRMÁNS DE ACUTO!! [preme]

E para coller forza , nada mellor que acudir en masa ó espectacular cumpreanos que celebraron iste pasado sábado ás 13 h. os irmáns de ACUTO , ise fundamental furado radiofónico que a LNB posúe en terras Asturianas para gardar os paus cos que axudar na imparábel expansión do deporte do Liriu afontou con saude de ferro o seu primeiro aniversario e a LNB participou disa grande festa soprando o grande facho que alumea cada semana toda a actualidade da cultura física do poderoso país veciño . Despois de catro anos de que a radio galega menosprezase totalmente na súa grella ós deportistas galegos é o intre de sentir iste referencial estalo completo de Acuto capturado no RADIO-VARAL e repartir a tarta entre toda a tribu para coller forzas ante as grandes retos dista explosiva finde, se non fora pouco a xornada doble do domingo con xornada regular no Frontón de Riazor da Conferencia NorOeste e o Aberto Nacional Cidade de Lugo na pista de futbol sá do antigo matadeiro da Frigsa, atención porque anunciamos xa para iste sábado o I Aberto Concello do Pino coordinado polos Furabolos no que se desputará un espectacular Xamón-LNB para o campión ou campiona xunto con outros fabulosos e saborosos premios que iremos amosando para o resto dos palanadores que suban ó podium....moitas felicidades e 1.000 primaveras + para ACUTO e para a cutura física asturiana, adiante a revolución surfeando nas cunetas no salvaxe cantábrico!!

1 Comments:

  • At 1:35 AM, Blogger Toño Randeeira said…

    Cada vez estou máis convencido que a Revolución LNB supera xa conceptos de por si superados coma Galiza, estado español, Europa, Mundo, Galaxia ... Existe o Ceo? San Pedro xoga a Billarda? Buda fai paláns?

     

Postar um comentário

<< Home