O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 12, 2009

LUGO A PRIMEIRA MINA NUN PAIS QUE VAI ESTOURAR MINADO DE ABERTOS!!


Intensa actividade a que se alvisca en tódolos frontes , se en Vigo se os compañeiros de GalegoZ inundaron iste sábado a Sala Mondo co seu Aranhoto Bilhardeiro condensado no single "O amo da billarda" que o 14 xa poderemos descargar na Regueifa Plataforma , non queremos nen imaxinar o tremendo impacto cando iste vindeiro domingo sexa o estreo do tema na Guagua da LNB que transporte ate Lugo o tribu toda do NorLeste para desputar o tan agardado Aberto Nacional Cidade de Lugo . Lugo prepara os paus e afía con brosas as billardas para recibir á tropa toda da LNB, polo que facemos unha chamada a todos os activistas billardeiros da Terra Cha e da Cidade de Lugo para acudir en masa á pista de futbol sa do antigo matadeiro da Frigsa. MADIA-LEVA e a LNB selán a súa firme alianza dándolle continuidade a iste referencial Aberto no que o campión ou campiona levará o tan prezado Lacón da LNB e haberá un espectacular "Concurso de Tripas" para homenaxear a Henriqueta Otero , isa profesora en Barreiros perseguida polo réxime franquista e atrapada a moi poucos metros de donde se vai celebrar o aberto.

RIBADEO-LUGO >> PUNTOS DE PARADA-LNB!!

Os horarios de saída da Guagua xa están expostos no web oficial do NorLeste xunto cos puntos habituais de parada , queremos recordar tamén que a LNB en función da nova política de autoxestión vai cobrar un bono-axuda a todos os pasaxeiros de 3 euros ( excluidos os menores idade). Iste domingo non te quedes na casa , prepara o coitelo e únete á guagua porque no antigo matadeiro de Lugo vai voltar correr o sangue a regos . Se estás na ruta Ribadeo-Lugo e non tes acordada unha parada , ponte en contacto para establecer un Punto de Parada- LNB no que subir ti e os teus compañeiros á Guagua >> ovaral@hotmail.com