O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 11, 2009

ERIC TRAE O XERRO PARA O NORTE MENTRAS A AUGA E O VIÑO DESFAI OS CAMIÑOS DO SUR!!


A explosiva II edición do Xerro do Salnés deixou intactas as cunetas da parroquia de Xil xa que a case total maioría dos palanadores asistentes ó Aberto nen probaron, nen sequera tocaron a auga pese a rematar tanto o tropical combinado de sur , coma os esquimós de norte, absolutamente empapados e pingando baixo os impresiontes xostregazos de auga coa que nos agasallon os deuses no treito final dista nova edición do mítico Xerro.

Ista vez foi o Norte quen primeiro chegou á porta da Taberna da Cancela, o punto de encontro establecido donde ó cabo dos minutos foron chegando as unidades do combinado Sur.

Con saída ás 8:15 de Ribadeo a Guagua do Norte foi recollendo palanadores e palanadores dispostos a vingarse e traer de volta o tan desexado Xerro . Como estaba sinalizado o Restaurante O’cadaval era o punto establecido para pillar forzas tomando a parba e a estación imaxinaria para que un se unira á expedición un dos palanadores máis impotantes da Conferencia NorOeste , estamos a falar de Xosé Antón, o xogador dos Furabolos uníase ó combianado esquimó disposto a arrimar o hobreiro na revancha billardeira.

Non foi o único pasaxeiro que asaltou a Guagua en marcha xa que en Compostela e para demostrar a total fraternidade LNB, Manu, o palanador do Faisca unísase en total harmonía e irmandade á expedición billardeira cara ás terras de Meaño.

A ruta polos Furanchos foi o primeiro contacto entre os cambinados donde cada un deles amosou o seu estado de forma . Cuncas de penalti , beizos amoratados e esixencia de tapas ós camereiros indicaban que o ambiante comezaba a ser xa o das grandes citas, e non era para menos , estábamos inmersos xa no labirinto das previas do Xerro do Salnés. Nunca estiven nunha final dun mundial de futbol pero pouco pode distar a ista maravilla chamada Xerro do Salnés.

Sabémolo e todos que tendes os ollos postas aquí o sabedes, a filosofía LNB implica un proxecto global e un dos deus principais frontes é o musical, e todos os que estivemos no Xerro tivemos a enorme sorte e o luxo de compartir tazas e suores cos autores dunha espectacular canción que se fixo grupo , FACHENDA GALEGA, con ise metro-sexual chamado Manolo Abuín á cabeza que estivo na previa dos Furanchos e na loita polo xerro pondo o seu poderoso grau de area para o sur .

Ademais ate iste zulo mediático chegan ecos dunha espectacular actuación de Fachenda Galega na Taberna da Cancela en exclusivo unplaged para os palanadores do Sur unha vez que a expedición do norte abandoara na guagua o campo de batalla da anagada pista das Angustias.

FACHENGA GALEGA abren pois a gran posibilidade de convertírense no primeiro grupo en xira polas conferencias , ademáis anunciamos espectaculares novas de carácter sonoro que porá frenético ritmo ó anuncio dos Aberto do día das letras.

E por se non fora suficiente emoción, antes do xantar visita guiada ás adegas CASTROCELTA donde se prepara o posibelmente mellor Albariño do mundo , un luxo para toda a LNB ter coma amigos e compañeiros de viaxe a ista maxistral xente de Xil.


Xantar no Restaurante o Noso Bar e volta á pista das Angustias para enfrontarse á história. O desgaste físico dos palanadores era xa evidente despois das ferventes horas de aclimatación e a moitas das unidades do sur acusaban xa o jet lag trececatorceiro do espectacular festival e aberto de billarda celebrado o día anterior na veciña Salceda de Caselas.

Comezou a loita no aberto a dúas pistas pola espectacular afluencia de palanadores , Norte e Sur de novo fronte a fronte e mollados por dentro e a partir do ecuador do partido empapados por fóra polo impresionate dilubio que converteu a pista das angustias nun mar invadido por palanadores surfeando na adversidade.

Final do Xerro entre dous mestres do Combinado Norte , o atrevento da xuventude de Eric dos Outros contra a sabedoría e a experiencia nas grandes citas de Franco dos Billardeiros Musicais. Baixo uns espectaculares chuzos de punta Eric foi quen que dobregar ó palanador Italo-Galego nunha espectacular final que podemos intitular coma golpexando baixo a chuvia.

Maxistral lección de toda a LNB que sen apoios de instutución ningunha un ano máis fomos quen de facelo , especial mención a toda a xente de Xil que de novo acolleu a toda a tribo LNB niste mítico torneo. O Xerro xa está no norte , na mítica Taberna de Lola de Remourelle, atreverase o Sur para o ano a reclamalo??

De momento dende as cálidas terras do sur chegaron xa as primeiras análises:

A valoración de onte é que gañou o único que non bebeu, por tanto hai que impugnar o aberto, xa que en Meaño so se debería poder xogar a billarda con bastantes cuncas de viño encima. Para o ano temos que levar un alcoholimetro e o que de menos de 0,5 non xoga.