O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 01, 2009

RUBÉN OTERO E OS PAQUETE PINCHAS RACHAN O PODER DO NORLESTE E SÓ GENI FOI QUEN DE FREAR O VENDAVAL DO SUR!!


Instantánea para história: Markytos entrega a Rubén Otero o título de Campión Nacional Absoluto na cerimonia de entrega de premios da Cantina de Conxo , sen representación institucional ningunha , nen falta que fixo porque cada poro da pel distes dous campións nacionais habalan de sobra a leximidade absoluta dunha competición sen papeis pero con dignidade e coraxe a eito...[foto-varal akí]


Que iste deporte de esencia tradicional cruzou a liña para ser considerado xa coma unha disciplina de carácter análoga ás demais actividades físicas maioritarias e que a credivilidade dos palanadores e palanadoras coma deportistas galegos de seu está fóra de toda dúbica. Unha tarde de calor converteu o campo de futbol de Conxo nun Gobi donde os palanadores e paladoras da LNB execeron de xinetes ó lombo do camelo da ilusión:



Final Nacional Feminina:


Pincha, estornela, billa , chachiza....que o noso deporte teña nas multiples e diferentes denominacións que recibe no país xénero feminino é por algo e demostrouse con ista espectacular final en clave de muller , espectacular todas as representes de cadansúa conferencia que abriron lume nun Play Off Nacional que deixau pegada en toda a tribo LNB.


Geni , palanadora dos Outros pertencentencente á Conferencia NorLeste ( Lugo ) venceu despois dunha desputadísima final contra Fátima palanadora do Culombios da Conferencia Sur ( Ourense-Pontevedra)


-Final Nacional por Equipos:


Furabolos do Pino , Remourelle Bulls e Paquete Pinchas , o equipo campión en cada unha das tres Conferencias da LNB despúñase a realizar o tan agardado choque a tres , un espectáculo dun nivel impresionate do que foron testigos os centos de afecccionados chegados de todo o país que animaron de xeito intenso desafiando o forno no que se convertera no medio día o estadio de Conxo


Dende o lanzamento da primeira billarda os Paquete Pinchas , equipo da Conferencia Sur non deu un segundo de tregua ós seus ribais, unha auténtica apisonadora a franquicia do Sur que sufríu unha pequena páxara no ecuador do partido pero que en nengún intre víu perigar o seu título nacional pola acción dos Furabolos do Pino representantes da Conferecia NorOeste ( A Coruña) nen polos inseguros Remourelle Bulls da Conferencia NorLeste ( Lugo) .

Os Paquete Pinchas proclamáronse campións nacionais cun xogo arrolador e inaugurando o que xa se pode denominar Billarda Moderna , un auténtico espectactáculo ver a istes 6 palanadores sinónimo de precisión , forza e elegancia que destrozan de xeito sutil e sen concesións a todo o que se poña diante.




-Final Nacional de Varados


Comezaba a sesión de tarde e facíao da man do espectáculo, cun público pelíscándose para certificar a realidado que que estaba acontecendo impacto na pista de Conxo recén regada para paliar os devastadores efectos da sofocante calor , reunión de estrelas para iniciar as quentas de lanzamentos da Gran Final Nacional de Varados ( ou tiros de longa distancia) . os 4 primeiros clasificados por Conferencia estaban na pista dispostos a facer roer na area a tódolos seus adversarios. Unha pista a terra batida que non daba concesións , ou ou ou si , non hai espazo para especulación e o lanzamento ten que ser limpo e certeiro para penetrar no Varal ( porteiría ) sen tocar o chan. Especulacións e certidumes , 10 tiros para cada un dos 12 palanadores e a intuición dicía que o que fixera 2 Varados faríase coa victoria.

Fuco pola Conferencia Sur e Markytos pola NorLeste fixeron un Varado sendo Rubén Otero dos Lideiras da Conf. Sur o que conqueríu dúas dianas confirmando os pálpitos iniciais para proclamarse campión galego nista espectacular disciplina pondo os pilares da súa lenda na cidade de Estronópolis , ou a cidade anteriormente coñecida coma Compostela.



-Final Nacional de Absoluta:


Chegaba a hora da verdade , Markytos, o palanador dos Billardeiros Musicais da Conferencia NorLeste puña o seu cinturón de campión galego en xogo , sen medo , disposto a defendelo con uñas e dentes fronte ós 23 palanadores restantes , elexidos por seren os 8 primeiros clasificados de cadansúa conferencia.Unha loita sen tregua nas areas dun deserto chamado billarda, os palanadores da final golpexaban e convertían o Varal , isa portería de dous paus verticais no seu oasis particular no que só un dos finalistas tería acceso a beber das súas augas.



Todas as conferencia foron metiendo os seus representes nas series finais sendo a Conferencia do Noroeste ( A coruña) a que primeiro se quedou sen elementos despois da caída de Rafa e Maceira . Todo estaba en mans do emerxente do Sur e do poder do NorLeste que se resistía a deixar o seu reinado.


E Chegou a tan agardada final a tres co actual campión galego , Markytos , sen concesión e totalmente concentrado disposto a defencer o seu título nacional xunto co seu compañeiro de equipo Hugo e Rubén Otero , facía unha horas proclamado campión nacional de Varados, disposto a facerse tamén co título individual absoluto.


E se nos Varados Rubén Otero cimentou a súa hexemonía, na final absoluta confirmouna , a del e a de toda a implacable delegación do Sur. Cun Varado Rubén selou a súa victoria vencendo en todas as carreiras das 5 dispostas na final e conquerindo así o título de campión nacional de billarda , nunha competición a da LNB que confirmou niste Play Off Galego unha dimensión espectacular nunca antes soñada no eido do deporte galego de seu e que o día no que a nosa televión pública decida dar un paso ó fronte emitindo unha final LNB ó completo deixará cegos a moitos televidentes ó refregaren os ollos para confirmaren que o que ven é certo e está acontecendo nista terra e niste tempo....E mentras non chega iso , atentos porque non quedamos de brazos cruzados, TELE-VARAL prepara os especiais do Play Off Nacional e atentos porque haberá unha explosiva edición en formato podcast de Radio-Varal realizado a pé de pista durante a final de equipos. Atentos ás Varadas!!