O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 24, 2009

TREME WIMBLEDON COA PODEROSA ARMADA "PITU CALEYA" CONCENTRADA EN PIARNU!!


Coma antídoto perfecto contra a tontería tenística que iste días nos invade , TELE-VARAL destapa iste espectacular novo video-estalo donde as grandes estrelas do universo Liriu acollen cos brazos abertos á expedición LNB desexosa de loitar por incarlle o dente a ise espectacular trofeo de plumas de identificación nacional asturiano chamado Pitu Caleya. O comboio Conceyu Nacional afianza a pasos xigantes a súa proposta con personalidade propia que xa olla cara a súa próxima estación , sabemos que xa comezaron os contactos fóra da pista entre os equipos protagonistas da revolución Liriu para establecer as estratexias e paradas de futuro e dotar do tan desexado calendario de torneos dista competición irmán que comeza xa a rachar moldes. Especial mención ás novas estrelas que aparecen no firmamento asturiano , Estela e Luís comezaron temerosos pero remataron a xornada en plenitude absoluta preguntando donde era a próxima cita para matar o mono e tratar de facerse con outro de seguro espectacular trofeo, cuestión isa , que resoa xa tamén nas paredes da Galiza....para cando e donde o proximo asalto de Conceyu Nacional?