O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 01, 2009

CALVETE REAPARECE EXPLÉNDIDO NO ABERTO DAS TROITAS DE SANTALLA!!


Por encima de calquer análise e resultado dun espectacular Aberto das Troitas da Pontenova temos que situar o retorno á competición da gran estrela do universo billardeiro. Calvete , o único referente filosófico e ideolóxico para a LNB reapareceu expléndido en Santalla e fixoo cun rendemento espectacular chegando ate a final e confirmando a súa total posta a punto para seguir liderando o noso máxico proxecto de golpexos e suores...

Como sabedes todos , Calvete natural de Sigrás , foi o padriño de todas conferencencias LNB, na Zapateira exerceu a súa función outorgando entidade propia á tribu do NorOeste , naquel xa mítico torneo de Cervo deulle validez plena ós irmáns da Conf. Sur para comezar o seu tremendo fungar e como non podía ser menos, apresentamos en exclusiva mundial outra instantanea para a história. Calvete nos montes do Santalla exercendo de padriño e transmisor de forza e sabiduría para os compañeir@s da recén estreada Conf. Centro outorgando a súa poderosa bendición a un emocionado Xosé Antón coma representante da zona estornela....

A LNB voltou ó seu recuncho entre valados en Santalla , xusto no intre no que a Conf. NorLeste asina o contrato de visivilidade co xornal El Progreso para emitir os crónicos de cada asalto da nova tempada no suplemento A Mariña , de feito iste mesmo martes podedes ver un intenso artigo sobre o presente e futuro dun lume que arde xa baixo a terra imposíbel de aplacar.

Pero a Conf. NorLeste ten os ollos moito máis aló da mariña mais cando dende Lugo cidade son incesantes as adesións de palanadores coma foi o caso niste Aberto de Santalla de por exemplo Carlos que incluso expuxo a idea de facer do seu bar Diveca da Praza de Ferrol un campo base máis da revolución en pleno centro cidade das Murallas.

Markytos adestrando todo iste verán coas baquetas na intensa xira coa súa poderosa banda-folk CÁDABA demostrou, vencendo no concurso de Varados e quedando segundo no Aberto das Troitas , que está disposto a loitar de novo por facerse co trofeo de campión nacional.

E POR FIN.....HUGO CAMPIÓN!!

E nunha intensa final que necesitou desempate , Hugo desfíxose do seu propio maleficio nas finais e celebrouno bacinándose cun magnífico kilo de troitas que o acredita coma campión do Aberto das Troitas da Pontenova....seguide atentos porque ista brutal actividade revoluciona as troitas e tabeiróns das augas máis bravas!!