O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 12, 2009

SÁBADO 15 DE AGOSTO : CUCAÑAS E BILLARDAS ....PORQUE A PONTE EXISTE E RESISTE!!

A LNB afianza as súas alianzas por terra e agora cos compañeiros da Ponte , polo aire e polo río..atención porque salta a alarma en plena "zona estornela" xa que iste sábado apartires das 10:00 h temos unha cita inexcusábel cunha festa e cun aberto de billarda que vai rachar moldes. Entre Padrón e Pontecesures sitúanse xeograficamente istes escaladores da carraxe que coa mesma materia prima ca nós esnaquizan co xugo de imperialismo deportivo berrando que A Ponte existe e as cucañas patrimonio cultural xa!! .

E para apoiar a moción a LNB falou con cocky , un dos máximos responsábeis dise macro-evento que vai ter como arrinque un espectacular Torneo de Billarda ó xeito tradiconal da Ponte apoiado pola xente da nova Conf. Central que lle amosará ós palanadores da Ponte o sistema de competición LNB para a súa posíbel integración na confencia.
Cucañas contacto-lina directa: 647.281888 e Atentos porque fala Cocky:

As cucañas da Ponte son simplemente as "acuáticas". Parece ser que tamén as hai terrestres...facendo escalada vertical, pero nós facémolas horizontais. No río.

O sistema é o seguinte:
-un pau de eucalipto recébase con produtos esvarantes...tales como cebo, grasa...etc e na punta do pau clávase unha bandeira.
-os participantes deben percorrer descalzos a lonxitude do pau ate coller a bandeira.
-non se pode ir doutro xeito que non sexa de pé.

Na Ponte danse 3 premios, que á parte dos correspondentes trofeos levan consigo unha dotación económica, e que depende da recadación para as festas de cada ano...
Antes podía participar calquera, pero de uns anos para aquí, para ir ó pau é obrigatorio cumplimentar un formulario para eximir á comisión organizadora de calquera posible desfeita que cada quen poida sufrir no seu físico(hai uns anos un rapaz levou un golpe nunha orella ó bater co pau). Temos un documento no que se demostra que xa no ano 1916 se realizaba este xogo. No facebook tamén temos un grupo recentemente creado:

AS CUCAÑAS NO RÍO ULLA: INTESESE TURÍSTICO OU CULTURAL XA!!

Este "aberto" ten como fin o de xuntar os veciños da aldea nunha actividade máis o día da festa. Comezámolo a facer o ano pasado cando eu formaba parte da comisión de festas, coa idea de recuperar un dos xogos populares que dende facía anos ninguén desfrutaba, e a verdade, tivo máis éxito do que críamos, xa que os nosos vellos se apuntaron sen pensalo, e claro, xa que nós pouco xogamos ó longo da nosa vida(eu teño 28 anos) os equipos que chegaron ás fases finais...eran de xente máis vella.

O torneo dará comezo sobre as 10:00 da mañán e que como pola tarde hai partido de futbol entre solteiros e casados....seguramente as fases finais se rematarán o domingo, tamén pola mañá...xa que pola tarde temos as cucañas. Envío algunhas fotos tanto do torneo de estornela do ano pasado como das cucañas.

2 Comments:

  • At 12:45 PM, Blogger Cocky da Ponte said…

    Graciñas Xermán polo teu interese e a publicidade que nos dás dende este blog.
    Soamente un pero: eu só son un de tantos veciños que cada ano organizan as festas, é decir, OS RESPONSABLES DE TODO SOMOS TODOS OS VECIÑOS. O ano pasado tocoume a mín, pero este ano están outros....e o seguinte...outros...etc.

     
  • At 10:58 PM, Blogger Tonho Randeeira said…

    As cucuñas, tamén para o Masma. Irmandade xa billarda e cucuña. Por un nordés, cheo de cucuñas, billarda e loita.

     

Postar um comentário

<< Home