O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 01, 2009

REFRESCA A TÚA GORJA PARA NON DESFALECER NISTE ABRASADOR FIND A TRES BANDAS!!


Fomos moitos os que confiamos na Galicola dende o primeiro intre que fomos golpexados pola tan agardada nova , confírmase agora a poderosa irrupción no mercado diste primeiro refresco nacional coa explendosa presentación da súa páxina , a LNB xa está mantendo conversas cos responsábeis da marca para para tentar abastecer de burbullas todas as pistas de xogo e o que é máis importante: Facer da Galicola a bebida oficial da LNB!!

Refrescar a túa gorja cunha galicola é o que vas ter que facer ista find se non queres desidratarte coa espectacular actividade que temos na LNB, acción simultanea en tres frontes , nunha man a galicoa e noutra o palán ergueito , esperta pobo!!

-Sábado 3 de outubro: A LNB Sur volve á carga este sábado 3 de outubro no Porriño. A vila do Louro está en festas, e que mellor maneira de celebralo que co II Torneo de Pincha “Festas do Cristo”. Ás catro da tarde do sábado do Re-Cristo, os palanadores e palanadoras meridionais xuntaranse no curuto máis próximo ao centro urbano: o Monte da Risca.

-Domingo 4 de outubro: Arrinca a Conf. Noroeste cunha explosiva xornada no pista da Sardiñeira, achégate chantar unha billarda xusto no corazón da cidade da Coruña e demostrar así o poder inmenso da nosa proposta nos espezos de esencia urbana. A cita a apartires das 16:30 , non agardes máis e apúntate á revolución: 619.963932

-Domingo 4 de outubro: Estreo mundial da Conf. Central , en colabroación cos irmáns da A.C Brisas do Quenllo a LNB artella iste espectacular e histórico arrinque de tempada na área estornela , atención porque A Pontraga prepárase xa para recibir a paus iste domingo a partires das 16:30 á serpe multicor da Conf. Central , incluso co pavillón dos Cabaleiros disposto por se as nuves decinden valeirar os caldeiros....

1 Comments:

  • At 1:03 PM, Blogger paideleo said…

    Eu prefiro o viño.
    A ver se subo á Risca a xogar á pincha.

     

Postar um comentário

<< Home