O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 24, 2009

SAN XOAN DEGOLADO, BILLARDA , TORTILLAS E TORREZMOS...Vilamartín Pequeno REVOLUTION AROUND THE WORLD!!


Despois de ver iste video-estalo do Michel Gondry da billarda , é o intre perfecto para darlle a razón a aqueles que lle negan a billarda o status de deporte, ista xoia da creación audiovisual demostra ás claras que iste universo entolecido de loops, billardas, paláns e imaxes é xa moito máis ca un deporte e confirma a máxima que se ven constatando dende que arrincou ista loucura , na LNB e nos seus elementos satélites congrégase a xente máis válida diste país , ós feitos e a cada movimento da brutal serpe multicor nos remitimos , fóra da LNB o abismo e a inocua.


Cando un recibe o impacto asinado por Pablo Suengas para inmortalizar o Aberto de Redondela imposíbel non pensar no Star Guitar dos Chemical Brothers, no The Hardest Button to Button dos White Stripes e como non nise videoclip que xa ten o caliz de obra mestra firmada a medias por Daft Punk e o propio Michel Gondry, os androides do around the world son o reclamo perfecto para anunciar a apertura da Superliga iste domingo na Conf. Norleste na parroquia de Vilamartín Pequeno , atención porque se fala de torrezmanda para os omnívoros , tortillas para os ovolacteaos e para os vexetas puros hai tomates e leitugas nas hortas dos veciños solidarios......e por se fora pouco vai estar aberta a capela pegada á pista de xogo para os que desexen adourar ó único santo que a LNB recoñece : O San Xoan degolado....revolución LNB around the world!!