O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 06, 2009

ARRIBA, ABAIXO, Ó CENTRO E A DENTRO.....ARRINCOU ACCIÓN CO EXPLOSIVO BRINDE NO BAR-MÓBIL DA CONF. CENTRO !!


Só cun brinde no bar-Mobil da Conf. Centro da LNB se pode celebrar o tremendo éxito acadado no pavillón alternativo no que a tribo se refuxiou dos chuzos de punta que caían na pista da Pontraga. A LNB elexíu un pavillón que nengún GPS podía localizar para así esquivar os satélites inimigos, pero se queres recuncar no acontecido aquí tes o mapa dos son dunha xornada histórica.


Máis de medio cento de palanadores e palanadoras se deron cita nista histórica data donde os locais do Sporting da Pontragha souberon reporse ós inconvintes do xogo indor e xa se sitúan de terceiros na clasificación por equipas despois dos poderosos Furabolos e os Trouleiros, ademáis Iván dos Furaboos comanda xa con 6 puntos e en solitario a clasificación da Conf. Centro, olla no seu web oficial as clasificacións completas!!