O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 07, 2009

BASILIO INAUGURA TELE-VARAL CENTRO CON XOSÉ ANTÓN COMA SUICIDA REPORTEIRO DE GUERRA!! [preme]


Imaxes históricas: 1º acción de Tele-Varal na Conf. Centro, impresionante!! , preme no enlace e chimpa coma un can famento nista espectacular xoia do dogma europeo ,nen condimentos nen trucos de producción.... Xosé Antón toma o pulso da competición de Basilio, unha das grandes estrelas da LNB e membro dos Trouleiros, franquicia xa que lle pisa os talóns ós finalistas nacionais Furabolos.....a tensión máscase entre os dentes niste histórico video-estalo!!

A EQUIPA DA GENTALHA PREPARA XA A INCURSIÓN DA CONF. CENTRO EN COMPOSTELA!!


Pero coma en tódolos sitios cocen fabas, mentras en Lourenza a tribo do Norleste se prepara para en San Xurxo loitar no aberto puntuábel polas fabas de Lourenzá doadas por Veiga do Curral , en Composela xa se prepara a equipa LNB da Gentalha do Pichel para coordinar no campo de futbol de Belbís o vindeiro domingo 18 o 2º Aberto puntuábel da Conf. Centro para por a guinda do pastel reivincativo que nos levará de novo a Compostela para berrar durante a mañá alto e claro que na LNB Queremos Galego que é o mesmo que decir que Queremos Billarda.