O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 20, 2009

CASTAÑAS E O HIMNO DA AUTÉNTICA, O PERIGOSO PLUTONIO ENRIQUECIDO DE TELE-VARAL !!


Espectacular e contundente resposta de TELE-VARAL ó ataque da Warner Music Group , se é habitual e marca da casa a utilización de música tanto dos netlabels galegos coma internacionais, sobre todo porque nista casa somos seguidores aférrimos do podcast especializado en música de libre distribución c´mmons baby, TELE-VARAL na primiera acción audio-visual despois do ataque da mafia dos dereitos de autor, opta por coller o boi polos cornos utilizando a espectacular música da versión en gaita do himno da Auténtica, que o podedes descargar akí en mp3, para musicar tamén as vosas aventuras diarias na búsqueda dunha futura República Billarda. Ginés prclamouse campión diste aberto do magosto no corazón da vila de Ribadeo , primeiro ensaio xeral do Koro Poliaphóniko cos nen@s kantores do Varal quentando as gorzas e as bonecas cara a Copa Cantábrica do 8 de novembro en Piyarnu ( asturies) . Atención xa dispoñíbel ademáis a clasificación na Conf. Centro despois do Aberto da Gentalha iste domingo en Belbís no que, Basilio, o palanador que estrou Tele-Varal centro se impuxo na pista de terra batida de Compostela....palán ergueito, adiante co Varal!!