O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 04, 2009

FABAS NA RETAGARDA , PARA UNHA HISTÓRICA FIND NA QUE SE RACHOU O CENTO DE INSCRITOS NUN ABERTO LNB!!


Atención porque non hai respiro posíble para a serpe multicor da LNB. Mentras se prepara o espectacular saketo de fabas autóctonas co que agasallar ó campión ou campiona do vindeiro Aberto da Faba a celebrar o próximo domingo 11 na pista de san Xurxo do concello de Lourenzá , a xornada diste find deixa datos escalofriantes para todos os posíbeis inimigos:

- Iste sábado rachouse en Porriño a barreira dos cen inscritos nun Aberto da LNB , 108 palanadores e palanadoras embravecidos chimparon por riba da listón dos 100 inscritos nun Aberto que tivo que saír do centro da Vila para un monte no que se marcaron 4 pistas simultaneas que situou a Chupi coma campión do Aberto. Comézase a cometar a necesitade de sacarlle a droga do calacao a iste palandor do paquetre Pinchas que fai doblete e repite triunfo acadado en Redondela.

-Pero iste domingo estan os facendo história, os deuses decidiron coller os caldeiros de auga e bertérnmolos pola cabeza pero a axilidade e a veteranía da tribo da conf. noroeste fixo que nistes intres se estexa desputando no Frontón de Riazor o Aberto que estaba predestinado para a praza da sardiñeira, atención ó seu web oficial e sobre todo ó seu feisbuc porque dende a coruña están dispostos a contar cada resguño.....

-E a ista hora estamos facendo a historia , chovendo a chuzos na Pontraga a tribo da conf. central está a cuberto construindo a golpes a súa epopeia de vida que poderemos ver no seu web oficial. Máis de medio cento de palanadores e palanadoras están rachandpo o bloqueo ..... adiante pois no noso barco de buxo!!