O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 22, 2009

ÏNSCRÏBETE XA !!!



Atención: A Auténtica chama a filas!!!

A LNB afronta en Novembro o maior dos seus retos de ámbito internacional , se Alemaña foi un éxase absoluto foi motivado porque A Auténtica amosou o seu total compromiso na Copa Cantábrica que desputamos contra a selección de Asturies e que fixo posíbel que os nosos irmáns alemás viran viable o noso xa mítico enfrontamento. No Horizonte hai moitas metas, unha delas é Cabo Verde e moitas das bandeira que poboan o mapa do puño que busca o palán. Por elos queremos facer a toda a LNB participe diste primeiro European Tour da Aténtica comunicando que estamos a preparar as viaxes que nos levarán cas as terras irmáns de Asturies e Euskal Herria, aténción toma nota e únete á aventura!!

- Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru". Ginés dos Remourlle Bulls encabeza a listaxe da Selección Galega ó imporse no Aberto da Auténtica celebrado na previa daquel mítico Galiza-Iran de futbol na Coruña , ademáis vai facer as función de xogador-seleccionador polo que será quen mova os peóns da Auténtica na pista axudado ademaís pola capitana da selección que será Carmiña. A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída ás 9 h da estación de buses de Ribadeo cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros:.
Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976

-Sábado 14 de Novembro: I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda]
I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Atención: Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será que o sábado pola mañá de coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com



- Venres-tarde (13 novembro): Palestra sobre a bilharda,
a súa historia, o processo de recuperaçom do jogo e a
LNB, o Varal, etc..

- Sábado-manha (14 novembro): Torneio de
bilharda-txirikila (num principio será individual) na
praça de Pasai Donibane.

- Sábado-tarde (14 novembro): MAGOSTO POPULAR.

- Domingo-manhá (15 novembro): Homenagem aos
marinheiros mortos no mar.


SÁBADO 24 ÁS 16:30 H>> ABERTO DE BILLARDA DO CASTAÑAZO DE MACEDA!!


A xente que ademáis de participar no Aberto queira ir á cea posterior de irmandade de 6€ ou durmir gratis no pavillón comunal ten que irse apuntando xa para confirmarlles á organización o número de xente da LNB que acudirá a cita. Rubén Otero , Xosé Miguel da conf. Sur máis cun comando LNB formado por xente de Salceda van ser os coordinadores diste acto de explosivo canibalismo billardero. O malo é que igual o tempo non acompaña, pero coma sempre teremos que buscar alternativa, unha que ten moitos boletos para ser a escollida é mollarse por dentro e por fora para á notechimpar coma posuídos polo diaño billardeiro diante do esceario diste espectacular Castanhazo de Maceda. / 647.190789


DOMINGO 25 >> ARRINCA A COMPETICIÓN NA CONF. NOROESTE NO FRONTÓN DE RIAZOR!! ( aprazado por causas alleas á LNB non poder dispor do frontón)

Atención tribo da Coruña e xente dos redores , porque iste domingo a partires das 16 h o frontón de Riazor vai ser un fervedoiro de palanadores e palanadoras armados ate os dentes para deixar claro que a máis urbana de tódalas conferencias está disposta a combater ó asfalto e a todo o se lle poña por diante para coma sempre fixo dende o principio dos tempos arrimar por os seus poderosos grans de uranio enriquecido para realizar a gran bomba atómica que é a LNB. Pregamos puntualidade xa que o a pista está pillada para as 14-16 horas , os capitáns das franquicias xa o saben pero se ti estás na cidade e nunca practicaches o noso deporte pero adoeces por facelo , pásate polo frontón de Riazor e únite á tribo LNB!! / 667.372989

E se pensas que é mentira todo o que contamos , os 101 dálmatas do Porriño están akí para demostralo. Esquivando os ataques Tele-Varal sáe ó ar e só podemos reafirmarnos no comentario que Iolanda deixou no web oficila da Conf. Sur: Pablo merecese unha homenaxe, a de chollo que leva a montar o vídeo, que por certo faino caralludo, e inda por riba censuranllo, ala vai! volta a montar a música.Moiiiiitas ghracias Pablo!!!! Saudos