O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, outubro 02, 2009

SÁBADO PORRIÑO, DOMINGO A CORUÑA , A PONTRAGA E VOTAR NA GENTALHA!!


A polos 100!! , ise é o espectaculardesafío que a tribo da Conf. Sur lanza á súa tropa , sexan un cento ou unha ducia de centos , o arrinque brutal co puñetazo na mesa de Redondela vai ter continuidade en territorio xa coñecido como son as terras e o granito de Porriño ademáis en plena celebración das festas do Cristo , a cita iste sábado 3 a partires das 16 h no Monte do Risco para non colapsar o centro da cidade.


E o domingo 4 de outubro , para os que non queren unha taza dúas tazas de poderoso caldo billardeiro:

- Na Conf. Noroeste: Arrinca na Praza da Sardiñeira apartires das 16 h. a Superliga en pleno corazón da Coruña confirmando a plenitude absoluta da nosa proposta nos ámbitos puramente urbáns.

- Na Conf. Central: A Pontraga en Tordoia, é o sitio elexido e as 16 h a hora marcada para botar andar oficialmente iste tan agardado estreo de conferencia. Aquel brinde de licor Café co que a LNB selou o bautismo de carraxe da área estornela confirmarase dentro dunhas horas cun feixe de equipos dispostos a loitar pola dignidade dun deporte e dun xeito de entender a sociedade.

CONF. CENTRAL , TAMÉN PROCESO ELECTORAL!!

Pero antes de acudir á Pista da Pontraga , atención palanadores da Área estornela porque o sábado 3 tod@s temos unha cita inexcusábel coas furnas xa que os irmáns de Seioque organizan un referendo para decidir o noso futuro coma cidadán da República Billarda. Erika Seven , a explosiva reporteira de Seioque , fai un percorrido entre Aríns e Compostela pulsando o ambiente cara ó referendo que terá mesas electorais situadas no Gentalha do Pichel .

Centro Social que ó día seguinte mutarase en franquicia LNB no estreo mundial na Pontraga da Conf. Central.