O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 01, 2009

O CARRO E A AUTÉNTICA ...CANTA O SEU EIXO TAN BEN QUE A SEÑARDADE ME ESPANTA!!


O carro e o home é un filme de 1941, sen dúbida unha das mellores aproximacións ao mundo rural galego que se fixeron nunca e unha das referencias fundamentais do documental etnográfico no estado español. A obra débese á acción do seu director, Antonio Román, e dun dos etnógrafos máis importantes da historia galega, Xocas.

O relato iníciase coa corta dunha árbore da que tirar a madeira para o carro, e remata co seu enterramento. O obxectivo do documental é achegarse á cultura popular e empregar as posibilidades da linguaxe cinematográfica para divulgala. Nun intre no que só nos falta xunguir os burros ó xugo imponse a revisión dista xoia de cinema nacional para afrontar en condicións e en plenitude os grandes retos que temos diante...cargai no carro un mundo de xente , escribe o poeta nun dos versos do noso himno, que conecta coa obra do fundamental Xocas e dos Auténticos Fuxan os Ventos:

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!