O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 04, 2009

PACO GALEGO DO "OLYMPIQUE DE XENEBRA" SERÁ O 1º PALANADOR GALEGO DAS LIGAS EUROPEAS EN FORMAR COA AUTÉNTICA!!


ESPECTACULAR GOLPE NA MESA DO NOVO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA , GINÉS RODRÍGUEZ RACHA COA LIÑA DOS SEUS PREDECESORES E REVOLUCIONA TOTALMENTE A LISTA DE CONVOCADOS CHAMANDO Ó GRAN PALANADOR DOS OLYMPIQUE DE XENEBRA, A FRANQUICIA BILLARDEIRA SUIZA NA QUE MILITA O RAPEIRO E PALANADOR GALEGO , POPULARMENTE COÑECIDO NO PAÍS TRANSALPINO COMA PACO GALEGO . FUNDADOR DA CREW MAFIA GALLEGA CON SEDE NA CIDADE SUIZA ISTA FIND DÁ UN CHIMPO DENDE O CENTRO DE EUROPA PARA DEFENDER COAS ZOUPAS DUN GALO DE PELEXA A COPA CANTÁBRICA NO INFERNO DA PISTA DE PIARNU ( ASTURIES). É A PRIMIERA VEZ NA HISTÓRIA QUE UN PALANADOR DAS GRANDES LIGAS EUROPEAS É CONVOCADO PARA FORMAR PARTE DA AUTÉNTICA, UN FITO DE DIMENSIÓNS ESTRATOSFÉRICAS CO QUE O NOVO SELECCIONADOR GALEGO QUER LANZAR UNHA MENSAXE A TOD@S OS PALANADORES E PALANADORAS GALEGAS ESPALLADOS POLO MUNDO:
- non importa o chan que pisedes nen o aire que respiredes , só importa a intensidade coa que golpexedes!!



E Atención porque Paco , non só se vai quedar empurrando o palán e enfundando a camiseta da Auténtica, senón que vai participar activamente no Koro poliaphóniko da Auténtica á hora de interpretar o himno pra coller recortes e moi posibelmente incluír no futuro disco da República Billarda a tan desexada versión rap da letra agasallada polo poeta xabier cordal á revolución . Paco, aproveitando ista convocatororia da Auténtica vai realizar unha pequena xira por Galiza para afianzar os lazos co exilio interior polo que é moi posíbel que o sintades se sintonizades Radio Oceánica ou Planeta Furancho da Radio Galega Música. Ademais pode que a versión rapeira do himno da Auténtica a realice incluso no propio país , converténdose no seu primiro estalo rexistrado en terra mae e pode que sexa en compañía do Xevi do colectivo Malandrómeda, versión que de realizarse de seguro que terá o pouso disa espectacular concerto realizado por ambos no centro galego de Frankfurt pondo así a semente ó que pode ser a futura e tan desexada inmersión da Auténtica en no país alemá e na centro europa....pobo que esperas? Adiante co Varal!!