O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 15, 2009

TXIRIKILA-BILLARDA: MEDO , PÁNICO, TERROR ... A UN PLANETA BASCO !!


Recordamos o inxerto sonoro de Reixa na obra dos Negu-Gorriak para apresentar o estalo-fotográfico de dimensión histórica sobre o que tendes os ollos postos, a tan desexada irrupción da LNB nas terras da Euskal Herria producíuse ista find na Praza de Santiago de Pasaia, atención porque isto é so un adianto do extremecedor documento videogáfico que xa temos nas nosas mans e que deixará xa ás claras que a txirikila e a billarda se misturan xa de xeito imparábel coma as linguas do país basco e galiza na lingua de Mourinho , o representante LNB en Pasaia. Maite e Kepa foron ademáis os nomes propios dunha final de infarto nun Aberto que deixou ás claras o poder e a contundencia dos palanadores e palanadoras bascos acadando ambos postos finalistas transladando a precisión e a forza dos pelotaris ó golpe preciso sobre a Txirikila producindo ademáis un feixe enorme de Varados e consolidando a espectacularidade diste deporte que se espalla xa polas terras da Euskal Herria coma o lume na herba seca. Non perdedes a sintonía porque o comando formado por Santi e Xosé Miguel deixou atado e ben atado a compromiso de fluxo continuo de ambos afluentes para alimentar ise brutal río billardeiro que xa amiaza con desbordase e levar todo por diante.....