O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 13, 2009

BIXI CAMPIÓN, FRÍO POLAR NA PONTRAGA E ARRINCOU A HISTÓRICA CONFERENCIA NOROESTE!!


NON HAI PALABRAS PARA DEFINIR A EMOCIÓN TOTAL DE TODOS CANTOS PALANADORES E AFECCIONADOS ESTABAN NO PAVILLÓN DE BARREIROS ISTE DOMINGO 13-D CANDO BIXI, XOGADOR DOS BÍTERES, SE FIXO CO BOTELO PROCLAMÁNDOSE ASÍ CAMPIÓN DO ABERTO NUNHA DESPUTADA FINAL A TRES. REMITIMOS Ó CRÓNICO NO WEB OFICIAL DA CONF. NORLESTE SÓ CUN APUNTE ABRUMADOR, FOI A PRIMEIRA VEZ NA HISTÓRIA QUE UN PALANADOR RECIBE UNHA AVALANCHA A APLAUSOS QUE SUPEROU O MINUTO. NORABOA BIXI , ERES UN AUTÉNTICO CAMPIÓN E UN EXEMPLO PARA TODA A LNB!!

Extremecedor documento, Suso dos Remourelle Bulls comunicounos que o palán co que ia xogar fora utilizado repetidas veces coma arma do crime, de feito aínda se podía ver a punta tinguida de sangue...sangue dos coellos que reciben o golpexo na caluga antes de serlle cortado o pescozo. Esspeluznante e aterrador, case tanto como saber que a tribo da conf. centro realizara a súa enganchada na Pontraga ó ar libre , desafiando totalmente á friaxe soviética de Tordoia e a chuvia que apareceu nos estalos finais. Toño dos Furabolos venceu no aberto da friaxe do que logo imos ter noticias frescas coma o tempo no seu referecial activo web oficial.

A HISTÓRICA CONFERENICA NOROESTE ABRE LUME NO FRONTÓN DE RIAZOR E ESTABLECE COORDENADAS HORARIAS E CALENDARIO A SEGUIR!!


E coa mellor nova posíbel afrontamos a recta final do ano, ás caladiñas pero coa forza dun xabaín ferido a histórica e referencial Conf. NorOeste despois de esquivar atrancos infinitos na cidade da Coruña botan a andar e fano no tan desexado Frontón de Riazor , o domingos en horaio de mañán os palanadores e palanadoras da Coruña xa teñen espazo , xa teñen ademáis calendario guindano no seu web oficial, clasificación xeral e o que é moito máis importante os desexos de reafirmarse cara a un título nacional no estadio de Conxo.

Claro dominio dos Filloas de Sangue que empezan con forza a tempada, 3 varados de dous palanadores. eiqui tedes os resultados clasificación.


feisbuc propio que xa leva funcionando dende fai unha semanas e por donde navegan os seus palanadores e palanadoras , polo que non dubides en sumarte para como din no seu propio web que nas próximas xornadas haxa mais palanadores é sobretodo mais franquicias. Toda a LNB estoura de ledicia ó ver en marcha e plenitude absoluta ós irmáns da Conferencia NorOeste!!