O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 22, 2009

COMPOSTELA CELEBRA A ESPERTADA DO APALPADOR E DUNHA GRAN SELECCIÓN GALEGA A PEITO DESCUBERTO!!


Iste sábado 26-D de costas ás isntitución deportivas e por iniciatica dos irmáns de siareir@s galeg@s , de novo poderemos desfrutar dun novo episodio na loita polo recoñecemento oficial da selección galega de futbol e de tódalas demáis. Ista vez nos haberá palco de autoridades nen autobuses subvencionados, ista vez no estadio de Santa Isabel en Compostela a LNB estará a peito descuberto apoiando ó unico referente deportivo válido niste país, siareir@s galeg@s. Ademáis teremos a grande honra de abrir lume nista histórica xornada de festa e loita coa depusta ás 12 h do II Aberto da Auténtica de Billarda na pista de terra do parque de Belbís ,Compostela, donde o campión ou campiona levará unha fantástica e exclusiva botella de Licor Café do país para brindar cunhos chupiños pola oficialidade das selección snacionais galegas....


Catalunya ista noite ven de vencer á selección arxentina por 4 goles a 2, nun camp nou a punto de estourar pola emoción dunha cidadanía país que vai conquistando espazos pouco a pouco nas hurnas e nos campos de xogo. E tanta lexitimidade ou máis ca os Cataláns teñen os futbolistas bascos que foxen por segundo ano da farsa que se agacha baixo a frase: unha vez ó ano non fai dano, e menos cando os xogadores non lles está permitido xogar baixo a denominación lexítima de Euskal-Herria. Galiza ,como non podía ser menos , afronta un dilema que podiamos denominar coma a terceira vía do nen arre nen só, as institución deportivas actuais negan o seu apoio á celebración do partido e é a cidadanía alegre e combativa agrupada en siareir@s galeg@s e un feixe de xogadores quen toma a magnífica inicitaiva de botarse ó campo de xogo e desputar o que será de seguro o mellor de todos cantos partidos se leva desputada a selección galega de futbol


Por se queres escribirlle a carta ó Apalpador , aquí vos deixamos a folla realizada polos irmáns da Gentalha do Pichel que iste 24-D realizan a fantástica Espertada do Apalpador que de seguro vai sentar as bases dunha tradición que se vai espallar polo país adiante, e se ves que non vas poder dormir ista noite aproveita para escribir a carta ó Apalpador mentras agardas por un explosivo agasallo producido na Conf. Sur que vai aparecer en Tele-Varal durante ista madrugada na que o Apalpador traballa a reo na sua Palloza do Courel.