O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 11, 2009

CON MÁIS FAME CA AMINETU , ASÍ AFRONTA A LNB ISTA NOVA FIND DE ACTIVISMO BILLARDEIRO!!


Xa todo disposto e coas albardas cheas o espectacular Carro-Taska móbil da Conf. Centro para iste domingo afrontar unha nova enganchada da competición regular , ista vez será na Pontraga, no Concello de Tordoia , coordiando ademáis por isa equipa que xa está rachando moldes chamado a ser ademáis, xunto cos Trouleiros e o respo de franquicas da área estornela os que lles desputan o liderato ós todopoderosos Furabolos. A cita a paritres das 16 h con pavillón xa reservado por se amiaza tormenta. Telf. de contacto directo para calquer tipo de consulta : 660.268654


E mentras na Conf. Centro quenta motores o Carro-Taska ás 11 h. diste domingo dende ribadeo tamén partirá a carabana de carros organizada polos compañeir@s de Queremos Galego á que se irán sumando autos de tódos os concellos da mariña tendo como punto de encontro Burela. Pero donde se pode sumar un á auténtica e poderosa serpe multicor é a partires das 15:30 h no pavillón de San Miguel de Reinante ( Barreiros) donde se vai desputar o Aberto do Botelo , un novo estalo na Conf. Norleste no que se prevé unha intensidade brutal xa que Ginés Rodríguez , o palanador do Remourelle Bulls, pode realizar o seu primeiro Hat Trick de 3 Abertos consecutivos. Con máis fame que Aminetu Haidar, a activista palestina que leva máis de 20 días de folga de fame no aeroporto de Lanzarote, así chega Ginés e toda a tribo-LNB disposta a botelizarse por completo. Contacto: 619.570976