O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 30, 2009

HORA NATURAL GALEGA E APALPADOR@ DANÇA PARA O ANINOVO 2010 E PARA AS 8.760 HORAS RESTANTES!!


A LNB volta reafirmarse firmemente no apoio incondicial á gran iniciativa criada polos irmáns do Colectivo Buril que dende o ano pasado veñen celebrando unha grande festa de benvida do aninovo en horario natural galego. Unha iniciativa sen precedentes que dende a LNB animamos ferventemente a que celebres esteñas donde esteñas , ou ven acudindo ós Centros Sociais ou garitos donde ista costume xa comeza imporse ou mesmamente na intimidade da túa casa.


O Pub Penta na rúa Marqués de Sargadelos en Burela é a cita, alí poderás atopar ós membros diste perigoso comando relaxados e a cara descuberta dispostos a armar festa cunha explosiva sesión de música galega que vai invocar ó espírito dise tan perigoso demo radiofónico para o actual goberno chamado Aberto por Reformas.


Orgullo máximo o que exprimentamos ó ver incluídos no arsenal de guerra os paláns e billardas da LNB ó carón do fouciño chantado na pataca radioactiva e do tan necesario licor licor café coma poderosos e intimidatorios argumentos horarios cos que a ORGANIZAÇOM REVOLUCIONÁRIA ARMADA POLA NOSSA HORA (ORA-NH) se dirixe de novo nistas datas ó famento povo galego , desexoso un ano máis dun referente ideolóxico-horario que remate coa secular colonización das nosas terras , mentes e reloxos.


E como explicar a emoción ó ver que a gran chama prendida en Burela polos irmáns do Buril se espalla polo páis adiante coma o lume na herva seca, son moitos os locais que xa abrazaron ista tan potente iniciativa polo que se te atopas en Compostela non podes deixar de acudir puntual por horaio natural galego claro está , á festa de fim de ano que organizan os irmáns da Gentalha do Pichel donde ademáis te convidan a ir caracterizado con algún elemento de igrexa e donde ademáis durante a festa poderás unirte ó brutal coro dos apostatador@s.

Apostatar no Pichel para non confesar xamais e bailes inconfesábeis en Marín no C.S Almuninha donde dende despois de tomar as uvas pola hora galega teñen prevista a espectacular actuación do ALMUINHA SOUND SYSTEM , un colectivo de DJs que amizana tamén con invadir cos seus pratos as pistas da LNB e que ista noite van facer mover o esquelete ó propio Apalpador que a istas horas se debate na súa palloza do Courel entre os diferentes saraos espallados polo país a ver a cal acode realizar a súa explosiva danza da electo-pirusalda.

APALPADOR@ DANÇA: A ELECTRIZANTE DANZA DO APALPADOR!!


E atención porque tivemos acceso a un documento que afianza brutalmente o mito do Apalpador, aquí o vemos uns meses antes do Natal practicando co grupo galego Maedi Visna a electrizante e contaxiosa electro-pirusalda que leva o nome de Apalpador@ Dança . Recibe o ano e as 8.760 horas restantes coa Apalpadora Dança e en horario natural galego!!