O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 04, 2009

A LNB , SIAREIR@S E OS OULIGANS ABREN UNHA PODEROSA FENDA BILLARDEIRA NO SUR-LESTE GALEGO!!


Do dochorno do estadio Franz Horr de Viena no que os grupos neonazis austríacos convertiron a nova embestida europea do Bilbo , á explendosora festa vivida no estadio do Couto en Ourense donde os irmáns de Siareir@s Galeg@s celebraron a seu encontro o pasado sábado.

Plantexábase un día explendido e co Aberto da Castanha coma primeiro prato botou a andar ista xornada de futbol concienciado, rugbi , Bilharda e xantar de irmandade.....pero para recordarnos a crudeza da sistuación actual que tanto os Siareir@s coma a LNB estamos vivindo o sol tornou en tormenta que anagou o campo e nen sequera permitíu poder rematar o Aberto Bilhardeiro.

Espectacular implicación dos Ouligans , un dos colectivos que fai fenda e amiaza con espallar o lume bilhardeiro na franxa do Sur-leste do país e do continente que por natureza nos pertence ......Bóveda, Bamako, Paradela, Naoirobi, Antas de Ulla, Abuja, Rodeiro, O Cairo, Chantada, Malabo, O Saviñao, Trípoli, Monforte, Luanda, Ourense, Monrovia, A Merca, Arxel, Allariz, Banxul, Celanova, Dakar, Xinzo, Praia, Chandrexa, Freetown, Monterramo, Yamena, Sarreaus, Yibuti, San Xoan de Río, Kigali, A Cañiza, Maseru, Verín, Pretoria....

Xantar anti-popupar dun espectacular churrasco de Corzo que abre a porta como anunciabamos fai uns días a unha futura alizanza Cazador@s Galeg@s-LNB.

Choveu por fóra pero tamén choveu por dentro, viño do pais , cervexa e licor café na barra da Cantina de Siareir@s que fixo as funcións de perfecta trincheira contra os elementos .


A luita continúa pois nas bancadas , nas rúas e nas pistas de billarda , é por elo que agardamos poís ó programa artellado por Siareiros do 26-D no que a Auténtica selección galega de futbol ( e non un combinado de mercenarios) se enfrontará a unha selección internacional no campo de Santa Isabel de Compostela, e nise día e nise lugar case con total seguriade podemos afirmar que se celebrará o II Aberto da Auténtica de Bilharda. Ide preparándovos pois e para coller folgos deixámosvos cun gran evento que nos mete de pleno no Nadal billardeiro:

- No Courel: Os veciños da aldea de Forzán organizan iste domingo a"Festa da Pisa da Castaña Seca". Achégate ate a terra do Apalpador e coñece o proceso tradicional ó que se someten as castañas para poder seren consumidas durante todo ano, e atención , porque é moi posíbel que o Apalpador acoda ós Abertos de Nadal da LNB para entregar os premios e agasallar con castañas e lambetadas ós nenos e nenas antes de o 25 de Nadal pasar por tódolas casas da Galiza.

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home