O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 18, 2009

O APALPADOR CHEGA ISTE DOMINGO ÁS PISTAS E ÓS CORAZÓNS DA LNB!!


Dende o Courel , xa todo preparado para que o unico referente no Natal Galego invada as pistas da LNB cargado de lambetadas para agasallar a tódolos palanadores e palanadoras que iste domingo 20 van acudir á loita polos galos, galiñas e polo Turrón de Licor Café que a partires das 16h. se vai desputar no pavillón de Pontecarreira na Conf. Centro. Ademáis xa podes ver as listaxes clasificatorias nas que en homes dominan os Furabolos pero en clave feminina son as Trouleiras as que lideran unhas clasificatorias que botan lume......A LNB rexeita turróns brandos, duros , de améndoas ou chocolate e afianza a proposta brutal do Turrón de Licor Café .


E como na conf. centro vai comezar o seu reparto de lambetadas o Apalpador , dende a pista de Tordoia montado no seu carriño tirado por porcoteixos vai chimpar ate Mos para poder apalparlle as barrigiñas dos palanadores e palanadoras da Conf. Sur donde a partires das 16 h. se vai desputar o Aberto da galiña de Mos, unha aposta por reivindicar ista pita galega de seu nos nosos menus de Natal rexeitando así a tortura etílica dos Pavos e alimentaria e física dos capóns criados en gaiolas sen movimento, un xeito ademáis de solidarizarnos na LNB coa decisión adoptada no parlamento catalán de tramitar a ilegalización das touradas que dende sempre desexamos coma o touro desexa embestir ó toureiro chegue a prohibición á Galiza. Pero ademáis dista espectacular enganchada billardeira ista find , as equipas do sur teñen actividades paralelas ás que todos temos que estar alí , bota un ollo: Treze-Catorce e Almuinha.


E se falamos de tradición, na conf. mater atopamos un dos estalos que a LNB mantén con puntual firmeza, non se entende un Natal billardeiro sen a cita co Torneo do Galo na conf. norleste, incluso aqueles que nalgún intre formaron parte da serpe multicor da LNB férvelles a sangue ó achegarse ista gran cita e máis sabendo que o Galo en xogo chega directamente doado do galiñeiro de Celeiro de Mariñaos de Marita e Ginés dos Cornería Team. Unha cita coa história que non podes perder e mais agora co dóbel fronte da Quinibillarda Aberto Norleste que consolida a explosiva iniciativa posta en marcha dende a Conf. Sur. E non sabemos se será nun avión medicalizado do estado español coma o que levou a Aminetu ó Aaiun , ou nun aeroplano secuestrado en Alvedro, pero o caso é, que se as forzas de intervención rápida non o impiden o Apalpador tamén tocará barriguiñas e repartirá lambetadas entre os palanadores e palanadoras da Conf. NorLeste.


E o Natal Billardeiro tamén invade Asturies e faino nunha pista xa coñecida polos palanadores e palanadoras da Auténtica, a pista de Piedras Blancas vai ser o esceario do I Alcuentru de Liriu de Navidá que continúa trazando o camiño dunha revolución en marcha que ten no horizonte sementar de Lirius e Machorras a década que entra.

ÚLTIMA HORA: A LNB CONFIRMA CONTACTOS ENTRE O OLENTZERO E O APALPADOR!!



E moita atención porque o Apalpador comeza a realizar xestións internacionais e podemos anunciar que entre o nativo do Courel e o Carboeiro Euskaldum , mundialmente coñecido coma Olentzero , xa se estableceron os primeiros contactos e comunicou ó Apalpador que o Olentzero xa iste natal vai agasallar ós nenos de Euskal Herria con lambetadas e Txirikilas para sementar unha revolución que despois do Aberto de Pasaia xa é imparábel . Sidra basca e licor Café para selar unha firme alianza entre o Orentzero e o Apalpador que vai facer tremer ós cimentos do Natal do mundo enteiro....