O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 15, 2009

VERBA DE VARAL : A NOVA PRODUCCIÓN DE TELE-VARAL INTEGRA TAMÉN Á COMUNIDADE XORDO-MUDA GALEGA!!

Mesa de Redacción, O grilo en Ruta, O golpe, son programas de Tele-Varal que marcaron época na producción audiovisual independente galega e agora coma gran preludio dos espectaculares agasallos que o Apalpador traerá ás pistas da LNB na súa explosiva visita ós Abertos do vindeiro domingo 20. VERBA DE VARAL é o espectacular nome da nova gran producción de Tele-Varal , estalos verbais a pé de pista dos protagonistas en plena boráxine billardeira , e atención, porque Verba de Varal dá o grande paso adiante para achegarse á comunidade xordo-muda galega subtitulando cada un dos estalos verbais.....Verba de Varal , abrindo os ollos que asan carne!!

1 Comments:

Postar um comentário

<< Home