O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 29, 2009

ZURRO , PURÍN E BILLARDAS ...... ACHÉGATE A CONXO FERTILIZAR A GRAN MUIÑADA!!



LIGA NACIONAL DE BILLARDA
PLAY OFF NACIONAL

finais pola mañan:


11:30 h >> feminina

NorLeste: Lola, Geni, Demelsa , Gloria + 1

Sur: Chus , Ana , Fátima, Diana, Pilar
NorOeste: Iolanda , Leti


12:30 h >> equipos:

Furabolos – Paquete Pinchas – Remourelle Bulls

XANTAR ABERTO: 12 EUROS


finais polo serán:


16:30 h >> varados

Norleste: Markitos, Andrés , Ginés , Hugo

Sur: Rubén Otero, Fuco, Xosé Miguel, Santiago

NorOeste: Iván, Serxio, Anxo, David Lamas


17:30 h >> individual absoluta

NorLeste: Andrés, Edelmiro, Ginés R., Markytos, Daniel, Martinho, Hugo e Franco.

Sur: Chupi, Rubén Otero , Xosé Miguel, Elvis, Agus , Alberte, Pablo Álvarez , Amil

NorOeste: Iván, Toño, Serxio , Maceiras, X.Antón, Anxo, Rafa, Roi.



[ Non haberá pantallas xigantes no Obradoiro, nen na Quintana...nen puta falla que fai, catro históricas finais nacionais na pista e unha nova gran final para toda a LNB fóra dela, a da autoxestión absoluta na realización e na difusión dos estalos dista Gran Muiñada...moita sorte a tódol@s finalistas e ánimo compañeir@s porque a victória é nosa, vémonos en Conxo!! ]

PLAY OFF NACIONAL >> MARKITOS DISPOSTO A ESQUIVAR AS LABAZADAS DOS ASPRANTES!!


Markytos coma campión nacional absoluto actuará de sherpa da Conferencia NorLeste nun territorio hostil plagado de palanadores e palandoras do NorOeste e do Sur que tentarán derrubar como sexa o muro de contención que permite ós palanadores da Conferencia luguesa reter os catro títulos nacionais no seu poder....e por se non fora pouco o impacto, LABAZADA , o grupo referencial do rap-metal galego dende Compostela Apuñala ó imperialismo cun espectacular e exclusivo tema de apoio á revolución billardeira , descarga AKÍ , que vai facer tremer a terra de Conxo e do país enteiro.... Iste domingo 31 de Maio tod@s a Conxo acender o tractor estartelado da LNB para encher de zurro , purín e billardas o país enteiro!!

quarta-feira, maio 27, 2009

PLAY OFF NACIONAL>> COMEZA A CONTA ATRÁS CARA Á GRAN MUIÑADA RADIOACTIVA!!


A Gran Muiñada da LNB fai saltar todos os medidores radioactivos e convertirá iste domingo 31 de Maio Compostela no Pyongyang galaico pola espectacular condensación de protóns e electróns Billardeiros que farán frever a pista de terra do Campo de futbol de Conxo. Unha vez máis o fotógrafo experimental galego Nachok dá un paso firme e pon cara a iste perigosísmo ensaio nuclear en chan galego que fará saltar todas as alarmas no mundo occidental....

Atención:

Dende a LNB queremos felicitar a tod@s os clasificados das tres conferencias para desputar iste de seguro histórico Play Off Nacional de Billarda que sen o durísimo traballo de absolutamente todos os elementos da enorme tribo billardeira non podería facerse realidade.

Parello ás finais na terra batida todos desputaremos outra durísima e inclusive máis importante final , a de sacar todo isto a diante. É por elo que queremos remarcar o caracter de autoxestión total do Play Off en colaboración cos irmáns da Asociación de Xogos tradicionais de Compostela , Mario, Xaquín e cia nativos de Conxo que nos abriron todas as portas e arrimaron o hombro para que iste soño radioactivo puidera saír adiante un ano máis.

Nota Importante:

Pregamos que os clasificados para as finais e os membros de conferencia que vaian asisitir ó Play Off Nacional o vaian notificando ós seus respectivos coordiandores de confencia.

Do NorLeste partirá a Guagua-LNB da estación de buses de Ribadeo ás 8:15 h , realizando as paradas establecidas [ se alguén quere unirse no traxecto Ribadeo-Conxo: 619.570976 ]

Do NorOeste e Sur: planéase a carabana de carros para chegar Conxo xunto coa Guagua polas 11 h.

Xantar Play Off:

Comedor a pé de pista cun menú de 12 EUROS
empanada + churrasco con ensalada + pan + viño e postre

PLAY OFF NACIONAL>> COÑECE A EXPEDICIÓN DO NORLESTE E A SÚA TEMERARIA INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS!!


Chanta a ollada no espectacular video-estalo do play off local do NorLeste e coñece ó completo a perigosísima expedición que vai tentar iste domingo na terra batida de Conxo reter no seu poder os catro títulos Nacionais polo de agora ten no seu poder. Markytos coma campión nacional absoluto e o palanador Italo-Galego Franco actuarán de sherpas nun territorio hostil que como sexa tentará rematar coa hexemonía dos palanadores e palanadoras do Norleste. Para elo na explosiva festa de peche de tempada na Taberna de Lola de Remourelle un dos meigos do tribo atemoriza ós palanadores das restantes conferencias nun brinde invocando a axuda dos espíritos que se revolveron adoecidos baixo a terra...

terça-feira, maio 26, 2009

PLAY OFF NACIONAL>> O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE RECIBÍU EN COMPOSTELA Á COMISIÓN-LNB!!

Moitos recordades que o pasado Play Off Nacional a LNB apresentou nas instalacións da consellesería de deportes o explosivo evento , pois ben , nista ocasión e coincidindo tamén coa sempre excitante semana da Gran Muiñada unha Comisión da LNB integrada por representantes das tres conferenicas foi recibida no despacho do recén nomeado Secretario Xeral para o deporte José Ramón Lete. Se na anterior ocasión focos das cámaras apuntaban cara nós ista vez a intimidade foi a estrela dunha reunión que comezaba cunha enorme tensión que se mascaba no ambiente presidido por dúas enormes bandeiras. A LNB expuxo os seus puntos de vista e Lete os da secretaría á que representa , se ben a primeira vista hai un avismo xa que o señor Lete nen coñecía nen sabía ren sobre o noso deporte amosou , unha vez pasado o primeiro tramo da reunión, un certo interese e respeto absoluto cara ás nosas disposicións e pareceres cousa que realmente agradecemos. A gran eiva? a de non ter a Billarda un recoñecemento legal coma deporte, a dificultade de establecer unha federación cousa que arrastramos dende o anterior governo que non soubo dar respostas senón largas ó igual que de seguro atoparemos nista sempre ilusionate etapa que agora tod@s afrontamos... A idea básica é que veremos chegar e marchar moitos secretarios e concelleiros pero a LNB sempre estará presente para esixir o que lexitimamanete nos corresponde , a legalidade coma deportistas galegos de seu que somos . Polo dagora nengún responsábel de nengún goberno tivo a suficiente valentía... Triplas fainas calquera pero para facer Varados hai que botarlle peito , Adiante compañeir@s e iste domingo 31 de Maio tod@s a Conxo acender o tractor estartelado e encher de zurro , purín e billardas o país enteiro!!

segunda-feira, maio 25, 2009

CARA Ó PLAY OF NACIONAL >> A REBELIÓN DAS PALANADORAS SERÁ A ESPECTACULAR 1º PEDRA DE CONXO!!


TELE-VARAL en clave totalmente feminina para amosar ó mundo o espectacular cadro de palanadoras que representarán á Conferencia Norleste, Lola ,Geni, Gloria e a gran Demelsa que se reivindicou no play off local de Ove e que pon sobre a mesa as credenciais para facerse co prestixoso título nacional feminino diste domingo 31 de Maio. Atención porque xa está en producción o explosivo estalo do play off local absoluto e a explosiva festa de peche de tempada na Taberna de Lola de Remourelle con tremendos golpexos e berros adicados dende o NorLeste ás conferencias en loita que farán retorcerse incluso ós corpos baixo terra...

domingo, maio 24, 2009

OVARAL >> Ouriolo TWITTER!!


OS FURABOLOS APEAN EN SADA ÓS XARUTOS DA GRAN FINAL NACIONAL EN CONXO E ACOMPAÑARÁN REPRESENTANDO Á CONF. NOROESTE ÓS PACOTE PINCHA E ÓS REMOURELLE BULLS NA LOITA POLO TÍTULO NACIONAL POR EQUIPOS .

Paso obrigado polo web oficial do NorLeste para coñecer a listaxe dos clasificados para a gran muiñada de Conxo e inmersión obrigada no web oficial do NorOeste para saber tamén os palanadores e palanadoras que acompañarán ó Furabolos nas explosivas finais do Play Off Nacional diste vindeiro domingo 31 de Maio en Compostela.

sexta-feira, maio 22, 2009

A GALA DO SUR PÁSALLE O RELEVO ÁS SALVAXE "ASALTO-GALAS" DO NORTE!!


Chega o tan agardado video-estalo da pasada gala peche de tempada regular na conf. sur, un deplegue de glamour billardeiro froito dunha imparábel actividade que fixo que o concello de Mos abrira as portas gostoso do seu impresionante auditorio municipal para acoller iste espectacular gala repleta de estrelas . Pegade os ollos á pantalla porque ista find na Pista de Ove a Conf. Norleste pilla o relevo para desputar apartires das 19 h o explosivo play off Local que terá a súa gala coa pertienente dose de glamour na Taberna de Lola de Remourelle ó remate da cal as estrelas do cantábrico farán travesía nocturna para na madrugada pasarlle o relevo á Conf. NorOeste que realizarán en Sada un último asalto-gala que fará chimpar ós marraxos das profundidados do Atlántico .

quinta-feira, maio 21, 2009

OVE E SADA, A CARA DE CANS NUNHA FIND MÁIS DE INFARTO NA LNB!!

Metras o sur camiña ista find sobre as alfombras vemellas de toxos e molido dofestival de cans as dúas conferencias do norte xóganse a vida nunha derradeira xornada regular que dilucirá as incógnitas en Ribadeo e Sada sobre quén estará loitando na Gran Muiñada de Conxo iste vindeiro 31 de Maio.

Sábado 23 na pista de Ove a partires das 19 h. Play Off Local na Conferencia NorLeste, os enfrontamentos a cara de can por unha praza na Gran Muiñada están desmenuzados nunha espectacular anásile no seu web oficial , bota un ollo e atrévete a facer as apostas!!

Atención porque unha vez finalizado o asalto en Ove a festa de fin de tempada transladarase á mítica Taberna de Lola de Remourelle donde se celebrará unha festa-cea donde se degustarán os manxares acadados durante toda a tempada polas tribos do Norleste, dende o Galo da LNB , pasando pola Cachuca do All Stars de Ourense ou o mesmisimo lacon do Aberto de Lugo.

Pregamos pois que toda a xente que vaia particinar nista festa-cea se dirixa ós seus capitáns de equipo para confirmar asistencia coordina o xantar Marcos dos Remourlle Bulls: chankli_12@hotmail.com / 605.316896

- Domingo 24 , a parites das 17 h a serpe multicor do NorOeste invade por primeira vez o concello de Sada para definir nunha loita que terá a centos de km dúcias de ollos chantados para saber se Xarutos ou Furabolos serán os que acompañen a Pacote Pinchas e Remourelle Bulls na gran muiñada por equipos de Conxo máis a confirmación definitiva da delegación do NorOeste cos 8 primieiros espadas na categoría de absoluta e os clasificados nas cateforías de Varados e Feminia para o tan agardado Play Off Nacional de Conxo.Na LNB non se coñece a palabra tregua polo que bótate ás pista porque estamos en guerra e hai que palanear!!

terça-feira, maio 19, 2009

IN THE GHETTO , ELVIS PON A GUINDA EN CASTRELOS A UN HISTÓRICO FIND DAS LETRAS, >>Dalle ó play!!

Fai uns anos cando na mariña comezaron asubiar as billardas , alguén pensou que se podería chegar a ista maravillosa loucura na que estamos inmersos? . Ista e moitas outras cuestións son as que se analizan no tren do serán da Radio Galega unhas horas depois que o furacán billardeiro invadira o país cun impresionante asedio de billardas no maís combativo día das letras dos celebrados en moitos anos, dálle ó Play e chanta os ollos!!

COMPOSTELA E A CORUÑA , EPICENTROS DO NORTE!!

12 valentes palanadores desafiaron o temporal de chuva que azotou compostela este pasado sábado para darse cita no 1º Aberto da Gentalha coincidindo coa festa do 17.

Foron bastantes o palanadores que se deron cita ao comezo do aberto e que xogaron un rato. Xente maior que pasaba por alí, outra xente que disfrutaba da festa da Gentalha, curiosos, peregrinos, turistas, etc. Pero coa chuva, so 12 decidiron tomar parte na competición. Na alameda compostelana comezaba o torneo con xente de varios puntos do país coma Cuntis ou Navia.


Pouco a pouco íanse desputando unhas carreiras moi igualadas nas que case sempre se chegaba ao desempate. E foron pasando as roldas e a final chegaron Marcos da Gentalha e Cholo. Cada un gañou unha carreira e na definitiva Marcos alzouse co triunfo. Este aberto pode formar parte da xestación da futura conferencia centro.

Tamén chamou a atención o coñecemento da xente da LNB preguntando bastante xente que donde estaba televaral e o seu famoso micro.

INTERCONEXIÓN ENTRE AS CONFERENICAS E OS CONTINENTES!!



Moito se está a falar xa do mítico Voo de Alberte de Almuinha pese ó cal non puido evitar a victoria do xa temido Toño dos Furabolos na final do Aberto de Marin , pero algo moi salientábel acontecido en Marín tamén, e que está a protagonixar os corriños , é a masiva presenza da colonia magrebí niste aberto que pode abrir as portas para unha posíbel futura inmersión africana da Auténtica.


Furabolos do Pino a máis nómade franquicia de toda a LNB non podía faltar nista find de infarto , e elexiron Marín para apoiar coa súa prrsenza e o seu xogo o Aberto coordinado polo compañeir@s de Almuinha.


Un sol de tarde Vigués aplacou a humidade dun terro de xogo que non impedíu o espectacular desenrolo diste aberto das letras coordiando polos compañeiros da Faisca e da Conf. Sur, ademáis chegaban ó parque de Catrelos palanadores co insoportábel mono billardeiro despois da suspensión pola chuvia do Aberto da Illa de Samertolomeu.


Billardeiros + Os Outros invadindo dende o Norleste as terras do Sur, cita de auténticas estrelas no parque de Castrelos, Daniel e Elvis protas dunha espectacular final .


Elvis , inconmensurábel pechou cunha histórica xornada vencendo a un moi guerrilleiro Daniel das tribos do NorLeste que tentará en Ove meterse na gran muiñada de Conxo para desquitarse do poderoso palanador dos Pacote Pinchas. Mantede o sinal porque TELE-VARAL estivo surfeando nas pozas de Castrelos!!

quinta-feira, maio 14, 2009

ESPECTACULAR "LABAZADA" NA ZONA CERO DA ARAÑEIRA BILLARDEIRA!!


Agárrate forte e evita as escordaduras porque coma B.S.O da espectacular arañeira de Abertos que ista find das Letras que van golpexar o país enteiro apresentamos o explosivo tema co que os implacábeis irmáns de LABAZADA agasallan a ista imparábel revolución . Fosi e o seu indomábel exercito de Túzaros non puideron agardar nen un minuto maís e xa guindaron fai unhas semanas iste explosivo tema gravado ao vivo na sala Zona Cero de Ponteceso . Dentro duns días entran no estudio para deixar a pel nista auténtica xoia nu metal billardeiro , un luxo e un orgullo para toda a LNB recebir ista implacábel LABAZADA nos fuciños....non imos a parar ata xogar en todas partes, TODOS SOMOS LABAZADA!!

Nota Importante: A LNB pide activimo total na súa rede social polo que ademáis de asistir ós abertos armados cos paláns levade cámaras para fotografar a revolución e emitir os excitantes crónicos que os outros medios van silenciar...a visibilidade na loita depende de todos nós polo que xuntos daremos unha nova labazada ó boikote mediático!!

ABERTO DAS LETRAS [ COMPOSTELA ]



-Alameda de Santiago de Compostela 17:00 horas – Aberto da Gentalha.
toda a LNB quere ademáis solidarizarse nista Aberto cos irmáns da Gentalha do Pichel que de xeito ruín e mesquiño están sendo perseguidos por un individuo chamado Conde Roa que acusa á Gentalha de ser un niño de serpes , teña coidado sr. concelleiro co beleno que levamos dentro!!

ABERTO DAS LETRAS [ A CORUÑA ]



Este SABADO 16 DE MAIO no
PARQUE SANTA MARGARIDA II FESTIVAL DAS LETRAS

Apartir das 17.00...

ABERTO DE BILHARDA

Apartir das 20.30... (com puntualidade inglesa)

Concertos de... ( BERRI TXARRAK, O SONORO MAXIN E CHAMALLE XIS ).

Os concertos remataran sobre as 00,30, isso da posibilidade de sair de relax ou ter umha noite de concertos DE BALDE e despois sair de "rachi" pola Corunha endiante a rachar coa noite!!

Por se o tempo nom acompanha... HABERÁ CARPA PARA DESFRUTAR SEM MOLHARSE.

Vemonos o ESTE SABADO em ST. MARGARIDA!


ABERTO DAS LETRAS [ MARIN ]


-II Festa da Lingua da Marin , Aberto de Billarda no pavillon de Sequelo organiza A.C. Almuinha


DOMINGO 17:

ABERTO DAS LETRAS [ ILLA DE SAMERTOLAMEU ]

-Aberto de Billarda da Illa de Samertolameu (Moaña) organiza a asociación Meiramar-Axouxeres e a A.C A GHUDALLA


Faise dentro das xornadas “V Feira Tradicional Arte Na Illa” que organiza a asociación Meiramar-Axouxeres. Premio de artesanía para os 3 primeiros clasificados. Invitación ao remate a tomar un pincho e unha bebida de balde para toda a xente da LNB que acuda a xogar nun bar da zona. De momento non teño o cartaz das xornadas pero temos un feito para o aberto:


ABERTO DAS LETRAS [ VIGO ]



-Vigo: Aberto de billarda + Taller de Billarda para nenos e iniciantes no Parque de Catrelos organiza: Axencia Muxicas en colaboración co Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vigo.


terça-feira, maio 12, 2009

TELE-VARAL SUBACUÁTICA , O ESPECTACULAR VIDEO-CRÓNICO DO XERRO!!


Moitos dos que estivemos en Xil aínda estamos refregando os ollos, imaxes distorsionadas e sombras de cores voltan á nosa mente ó recordarmos ista nova edición do Xerro do Salnés que se tornou como se previa explosiva e que pasará a história coma a de maior molladura. TELE-VARAL reafirma os recordos cun espectacular video-estalo que nos devolve o brilo ás pupilas e a forza ás pernas para movernos de novo nista find das letras ós Abertos de billarda que van minar o país enteiro de cachizas, estornelas , pinchas....e filosofía LNB para defender cos paus na man a nosa lingua e nosa saliba, atentos á LABAZADA!!

O SUR OLLA CARA Ó PLAY OFF NACIONAL PARA VINGARSE DO XERRO NA AREA DE CONXO!!


Chegan escalofriantes novas dende o Sur que din que o acontecido no Xerro foi para disimular, para elo TELE-VARAL destapa iste espectacular documento do multitudinario último asalto celebrado en Mos donde Fátima Sío, Chupi e os "Pacote" Pincha encabazarán da Conf.Sur no Play Off Nacional do 31 de Maio en Compostela donde amiazan con vingarse pegando donde máis dóe...os paláns xa están en alto!!

segunda-feira, maio 11, 2009

ERIC TRAE O XERRO PARA O NORTE MENTRAS A AUGA E O VIÑO DESFAI OS CAMIÑOS DO SUR!!


A explosiva II edición do Xerro do Salnés deixou intactas as cunetas da parroquia de Xil xa que a case total maioría dos palanadores asistentes ó Aberto nen probaron, nen sequera tocaron a auga pese a rematar tanto o tropical combinado de sur , coma os esquimós de norte, absolutamente empapados e pingando baixo os impresiontes xostregazos de auga coa que nos agasallon os deuses no treito final dista nova edición do mítico Xerro.

Ista vez foi o Norte quen primeiro chegou á porta da Taberna da Cancela, o punto de encontro establecido donde ó cabo dos minutos foron chegando as unidades do combinado Sur.

Con saída ás 8:15 de Ribadeo a Guagua do Norte foi recollendo palanadores e palanadores dispostos a vingarse e traer de volta o tan desexado Xerro . Como estaba sinalizado o Restaurante O’cadaval era o punto establecido para pillar forzas tomando a parba e a estación imaxinaria para que un se unira á expedición un dos palanadores máis impotantes da Conferencia NorOeste , estamos a falar de Xosé Antón, o xogador dos Furabolos uníase ó combianado esquimó disposto a arrimar o hobreiro na revancha billardeira.

Non foi o único pasaxeiro que asaltou a Guagua en marcha xa que en Compostela e para demostrar a total fraternidade LNB, Manu, o palanador do Faisca unísase en total harmonía e irmandade á expedición billardeira cara ás terras de Meaño.

A ruta polos Furanchos foi o primeiro contacto entre os cambinados donde cada un deles amosou o seu estado de forma . Cuncas de penalti , beizos amoratados e esixencia de tapas ós camereiros indicaban que o ambiante comezaba a ser xa o das grandes citas, e non era para menos , estábamos inmersos xa no labirinto das previas do Xerro do Salnés. Nunca estiven nunha final dun mundial de futbol pero pouco pode distar a ista maravilla chamada Xerro do Salnés.

Sabémolo e todos que tendes os ollos postas aquí o sabedes, a filosofía LNB implica un proxecto global e un dos deus principais frontes é o musical, e todos os que estivemos no Xerro tivemos a enorme sorte e o luxo de compartir tazas e suores cos autores dunha espectacular canción que se fixo grupo , FACHENDA GALEGA, con ise metro-sexual chamado Manolo Abuín á cabeza que estivo na previa dos Furanchos e na loita polo xerro pondo o seu poderoso grau de area para o sur .

Ademais ate iste zulo mediático chegan ecos dunha espectacular actuación de Fachenda Galega na Taberna da Cancela en exclusivo unplaged para os palanadores do Sur unha vez que a expedición do norte abandoara na guagua o campo de batalla da anagada pista das Angustias.

FACHENGA GALEGA abren pois a gran posibilidade de convertírense no primeiro grupo en xira polas conferencias , ademáis anunciamos espectaculares novas de carácter sonoro que porá frenético ritmo ó anuncio dos Aberto do día das letras.

E por se non fora suficiente emoción, antes do xantar visita guiada ás adegas CASTROCELTA donde se prepara o posibelmente mellor Albariño do mundo , un luxo para toda a LNB ter coma amigos e compañeiros de viaxe a ista maxistral xente de Xil.


Xantar no Restaurante o Noso Bar e volta á pista das Angustias para enfrontarse á história. O desgaste físico dos palanadores era xa evidente despois das ferventes horas de aclimatación e a moitas das unidades do sur acusaban xa o jet lag trececatorceiro do espectacular festival e aberto de billarda celebrado o día anterior na veciña Salceda de Caselas.

Comezou a loita no aberto a dúas pistas pola espectacular afluencia de palanadores , Norte e Sur de novo fronte a fronte e mollados por dentro e a partir do ecuador do partido empapados por fóra polo impresionate dilubio que converteu a pista das angustias nun mar invadido por palanadores surfeando na adversidade.

Final do Xerro entre dous mestres do Combinado Norte , o atrevento da xuventude de Eric dos Outros contra a sabedoría e a experiencia nas grandes citas de Franco dos Billardeiros Musicais. Baixo uns espectaculares chuzos de punta Eric foi quen que dobregar ó palanador Italo-Galego nunha espectacular final que podemos intitular coma golpexando baixo a chuvia.

Maxistral lección de toda a LNB que sen apoios de instutución ningunha un ano máis fomos quen de facelo , especial mención a toda a xente de Xil que de novo acolleu a toda a tribo LNB niste mítico torneo. O Xerro xa está no norte , na mítica Taberna de Lola de Remourelle, atreverase o Sur para o ano a reclamalo??

De momento dende as cálidas terras do sur chegaron xa as primeiras análises:

A valoración de onte é que gañou o único que non bebeu, por tanto hai que impugnar o aberto, xa que en Meaño so se debería poder xogar a billarda con bastantes cuncas de viño encima. Para o ano temos que levar un alcoholimetro e o que de menos de 0,5 non xoga.

OVARAL >> TWITTER!!


XIL QUENTE E MOLLADO , O NORTE CARGA O XERRO E DEIXA Ó SUR ESFOLADO ATE O ANO!!

[coa electricidade e o viño aínda correndo polas veas temos que botar man dos xostrazos da linguaxe twitter para realizar iste primeiro comunicado , dunha espectacular e explosiva nova edición do Xerro do Sanés, atentos e non troquedes de canal....]

quinta-feira, maio 07, 2009

TODO DISPOSTO PARA VIVER UNHA, GRANDE E CHEA FIND DO XERRO DO SALNÉS!!

Hai veces que faltan as palabras e unha delas é ista, cando unha xente tan reputada, dinámica e activa coma de UNHA , GRANDE E CHEA que co lanzagranadas situado no corazón do Salnés e por iniciativa propia nos agasallan con iste maravilloso video-estalo resumo absoluto e emocionante da filosofía dunha revolución en marcha e ca recén estreada B.S.O dos Fachenda Galega , só nos queda decir que un millon de grazas UNHA e que istas sons as cousas que en verdade nos dán forza e impulso para seguir adiante cada día, cada minuto e cada segundo..... pese ós milleiros de obstáculos que nos imos atopando no camiño maravillas coma ista son as que nos indican que imos na mellor das direccións posíbeis, e máis se ven acompañado diste grandioso texto:

Pequena homenaxe de Unha Grande Chea a Liga Nacional de Billarda, o "deporte rei" do noso pais.


Todo disposto e o ambiente fervendo , quedará o Xerro nas cálidas terras do Sur donde permaneu todo iste ano ou virá para o xélido norte acompañando ós temidos esquimós na súa xa mítica guagua-trineo empurrada por unha larada de asilvestrados cans de palleiro?

A resposta a partires das 17 h , na pista das Angustias de Xil , xusto diante da Meca Billardeira do Salnés chamada A Taberna da Cancela que vai ser a que patrocine a botella de viño do campión do Aberto no que a suma das puntacións dos 10 mellores clasificados de cada combinado decidirá en cal dos hemisferios terá o xerro o seu lar durante un ano.

TOMA NOTA E PROGRÁMATE:

8:15 H >> saída da Guagua de Ribadeo, coas paradas paradas habituais.

10:30 H >> parada técnica no Reataurante O Cadaval para a tomar a parva e lugar no que se sumará a delegación dos Furabolos do Pino

12 H >> chegada á Taberna da Cancela, punto de encontro das delegacións do Sur e norte para iniciar o Tour polos Furanchos.

14:30 H >> xantar de irmandade

17 H >> ABERTO DO XERRO DO SALNÉS

E O PREVIO DO XERRO NA II FESTA TREZECATORCEADORA:

Pero o sábado o Xerro xa vai comezar a fungar na espectacular II Festa Trececatorceadora dos compañeiros do 13-14 , como tod@s sabedes franquicia LNB ademáis de activos dinamizadores da vida social e cultural de Salceda de Caselas donde iste sábado 9 , a atan só unhas horas de invadir a Pista das Angustias de Xil moitos dos palanadores da Conferencia Sur quentarán motores no Aberto de Billarda e cos chimpos diante do escenario do espectacular concerto da noite. Adiante pois, sen un paso atrás nen para coller impulso!!

terça-feira, maio 05, 2009

FACHENDA GALEGA ENCHE O XERRO DO SALNÉS CO SABOROSO VIÑO SONORO DA "rebelión das estornelas" !!



A LNB sabe que para pisar forte é fundamental vestir os pés con zapatillas de deporte , é posíbel que dende as novas institucións deportivas nos acusen de apoloxía ou de algunha outra cousa peor por reivindicar que nos nosos torneos os palanadores e palanadoas da LNB vistan zocas coma calzado oficial . Pero coma xa sabedes, o que pensen nas altas instancisa tanto nos ten polo que chamamos á desovediencia total na estética polo que iste domingo vente á desputa do Xerro do Salnés na parroquia de Xil e viste as zocas para acompañar co seu golpexo no chan o espectacular estalo do grupo nativo do salnés que se fan chamar " FACHENDA GALEGA". Como vos anunciamos -a rebelión das estornelas- tema que podes descargar akí vai estourar nos furanchos , nos carros e na propia pista de xogo do Aberto Nacional do Xerro do Salnés . Atención porque é tal a presión que senten os membros de Fachenda Galega que permanecen en paradeiro desconocido pero é posíbel que o domingo compartan con todos nós a explosiva incursión billardeira na pista das Angustias de Xil. Beizóns Fachenda e vémonos no xerro!!

segunda-feira, maio 04, 2009

POR FIN CHEGA A DESPOLITIZACIÓN Á POLÍTICA DEPORTIVA GALEGA!!


José Ramón Lete toma posesión coma secretario xeral para o deporte do novo goberno galego , polo que será o máximo cargo institucional do novo organigrama do equipo pilotado por Feijoó. Nós non fomos convidados á súa toma de posesión , como se pode ver no video , surpresa do presidente cando se atopa con Álvaro Pino , e olladas cómplices co resto de "campións" alí presentes. Lete chega dende Madrid do equipo de goberno de Esperanza Aguirre e supomos polas verbas do presidente, disposto a bañar o deporte galego cun estrano xarope antipolitización cousa da que nos aledamos enormemente:

Durante a presentación do secretario xeral para o Deporte o presidente da Xunta comprometeuse coa "despolitización" do deporte galego que, segundo el dixo, caracterizou ao Goberno anterior: "queremos cambiar a politización do deporte pola política do deporte". Nesta liña falou de traballar para facilitar a práctica deportiva á cidadanía.


Por fin pois , van importar os suores e non a cor do que súa , a ver se é verdade se ó novo secretario de deporte, vasco de nacemento, ademáis de non importarlle as cores non lle importan os cheiros dos que suamos e non lle dá á LNB coa porta nos fuciños cando poñamos riba da súa humilde mesa do despacho as nosas tamén humildes esixencias coma deportistas galegos e galegas , despolitizados e despoilitizadas que somos. Polo momento e ate que non se adapte ó sempre duro clima dista terra , aconsellámoslle que tome repouso mentras nós iste domingo desputamos en Xil , o de seguro multitudinario Aberto Nacional do Xerro do Salnés donde os irmáns de unha , grande e chea xa comezan facer ferver o ambiente e as barricas !!