O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 29, 2009

MADIA-LEVA , "O GRANDE SUCESSO" NO ARRINQUE DO NORLESTE!!


Madia-Leva , o centro social con sede en Lugo apresentouse mutado xa en franquicia oficial da LNB no estreo na pista de Vilamartín Pequeno da Conferenia Norleste, e como se poder ver no espectacular análise no web oficial de conferencia , @s Madia chegan dispostas a ir a por todas, Borxa na cuarta clasificación empatado a puntos co segundo dunha xeral encabezada por Hugo, e por se non fora pouco , @s Madia son que lle pisan os talóns ós Billardeiros Musicais na clasificación por equipos. No Norleste cualla a idea da expanasión xeográfica por toda a provincia luguesa , se a terra cha e lugo cidade son territorio coñecido os compañeiros do festival do Castanhazo Rock de Chantada xa contan na presentación oficial do evento cun explosivo Aberto de Billarda co que se dará continuidade á semente de victoria deixada o ano pasado na explanada das aforas da feira do gando. Nista find que se apresenta inabarcábel con xornada en tres conferencias ( sur-noroeste e centro) no norleste ollan cara o horizonte e preparan os paláns para avanzar polos valados e silveiras!!

segunda-feira, setembro 28, 2009

E O SANGUE CHEGA Á PISTA DA LNB NO ARRINQUE DA SUPERLIGA NA CONF. NORLESTE!!


Non foron só as miles olladas que dende todo o país tomaban altura para a vista de rapiña ollar o inicio da Superliga na Conferencia MATER. Dende Xenebra no corazón da vella europa os ollos dun raper tornábanse húmidos ó ver que Vilamartin Pequeno era a parroquia elexida para comezar a acción na Conferencia Norleste. Paco Gallego , o Corleone de Mafia Gallega, fillo a partes iguais de Vilamartin Pequeno e Lourenzá , anúncianos nunha emocionada comunicación que as condición son xa case as adecuadas para que o lume billardeiro comece arder imparábel nas terras Suizas: Hace ya un rato que no me pasaba por O Varal pero veo que esta igual de impresionante, y bueno, apertura de superliga en villamartin pequeno, menudo lujo ;)

Pues aqui en ginebra el virus de la gripe a esta retrasando un poco la expansion del virus billardeiro pero cuando pase el primer brote toda suiza deberia de rendirse a la evidenzia de que la billarda es sin duda el deporte del futuro. A ver si consigo convecer al Servette de que dejen el poco de futbol que aprendieron y se cambien a la billardo. A nivel de espectadores creo que el estadio de ginebra y sus 30'000 plazas pronto seran pocas, supongo que habra que construir otro.

Paco fala premoritoriamente de que 30.000 localidades no estadio de xinebra non van ser sufientes, Vilamartín Pequeno foi xa un reflexo diso, de histórica e referencial para colectivos é o paso adiante dádo polos irmáns de Madia-Leva, sen redes abandoaron a cidade de Lugo e se botaron ó monte unicamente guiados por un sherpa de luxo, Toño Randeeira arrastra xa unha lexión de seguidores na súa facerta de enviado de guerra e son centos os que o ven xa coma o Muntadar al Zaidi Galego , disposto a lanzar en calquera intre a súa zoca ó primeiro imperialista que se achegue polas pistas da LNB. Del é ademais a extremecedora foto da Corza da LNB asinada a pé de pista e de toda a reportaxe que podes visitar no Foto-Varal do Aberto de Vilamartín Pequeno. Hugo conquistou o Requeixo co que endulzar o seu xa segundo título da LNB . As poderosas incorporacións da franquicia Madia-Leva que arrastrou tamén a inmersión de panaladores de Mondoñedo , a presencia e o retorno de históricos coma Vicente o Beckham da Billarda fan agora máis importante ca nunca que todos prestemos moita atención ás reflexións de Xosiño vertidas no final do video-estalo do San Xoan degolado.....porque como di Paco e vendo o tremendo xaque-mate de Vilametín Pequeno un estadio con capacidade para 30.000 espectadores vainos quedar en breves moi pequeno!!

sexta-feira, setembro 25, 2009

O ABERTO DO SAN XOAN DEGOLADO ABRE A VEDA NA CONF. NORLESTE!!



Iste domingo 27 ÁS 16 H. arrinca a Superliga na Conferencia Mater da LNB e faino no marco brutal da parrquia de Vilamartín Pequeno ,xusto ó carón da capela-zulo donde habita o único santo ó cal veneran por igual ateos, protestantes, musulmáns, católicos e budistas....estamos a falar do San Xoan degolado. E atención porque nista conferencia norleste vai producirse un feito histórico que é a inmersión dunha franquicia luguesa creada entorno ó centro social Madia-Leva. Nun intre no que A gentalha do pichel confirma a súa militancia na conferencia centro , o norleste acolle con total emoción ó centro social referente absoluto na cidade das murallas e non queda ahí a cousa xa que entorno ó C.C Buril e á LNB se coce a creción dun centro social en Burela que sexa referncia nas terras da mariña. E por se non fora pouco o campión do aberto do san xoan degolado ademáis da gloria vai levar para a casa dous kilos de Requeixo Made in Vilamartin Pequeno como postre perfecto despois dunha xornada a do domingo , que vai ser acompañada por obra e graza da asociación de veciños de V. Pequeno dun espectacular bufet livre de torrezmos e tortilla. Pero se non queres chegar agarrotado iste sábado no marco do aniversario do Centro Social madia-Leva celebrarase un espectacular Aberto de Billarda antes de tomar alento para apagar os dous enormes fachos de cupreanos, toma nota:

LUGO: ABERTO DE BILHARDA II ANIVERSARIO MADIA LEVA!!


Em quanto ao aniversário, a isso das 12h30 começa a sessom vermú com relevância para as reformas feitas no local assim como a inauguraçom do 1º andar. As 14h30 o jantar (há que anotar-se antes da sexta-feira 25 no local ou no tlf. 664 20 70 10 e o preço seram 5 ouros). Pola tarde participa no incrivel aberto de bilharda sobre erva, como prévio ao começo da LNB (o domingo em Barreiros). Aliás da foliada que se organice no local, às 19h00 imos dar por rematada a nossa festa para achegar-nos ao Zumbanocoiro, festival de música tradicional, organizado pola Volta do Agro, que contara com as actuaçons d´A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón, celebrará-se na praça de Campo Castelo.

quinta-feira, setembro 24, 2009

SAN XOAN DEGOLADO, BILLARDA , TORTILLAS E TORREZMOS...Vilamartín Pequeno REVOLUTION AROUND THE WORLD!!


Despois de ver iste video-estalo do Michel Gondry da billarda , é o intre perfecto para darlle a razón a aqueles que lle negan a billarda o status de deporte, ista xoia da creación audiovisual demostra ás claras que iste universo entolecido de loops, billardas, paláns e imaxes é xa moito máis ca un deporte e confirma a máxima que se ven constatando dende que arrincou ista loucura , na LNB e nos seus elementos satélites congrégase a xente máis válida diste país , ós feitos e a cada movimento da brutal serpe multicor nos remitimos , fóra da LNB o abismo e a inocua.


Cando un recibe o impacto asinado por Pablo Suengas para inmortalizar o Aberto de Redondela imposíbel non pensar no Star Guitar dos Chemical Brothers, no The Hardest Button to Button dos White Stripes e como non nise videoclip que xa ten o caliz de obra mestra firmada a medias por Daft Punk e o propio Michel Gondry, os androides do around the world son o reclamo perfecto para anunciar a apertura da Superliga iste domingo na Conf. Norleste na parroquia de Vilamartín Pequeno , atención porque se fala de torrezmanda para os omnívoros , tortillas para os ovolacteaos e para os vexetas puros hai tomates e leitugas nas hortas dos veciños solidarios......e por se fora pouco vai estar aberta a capela pegada á pista de xogo para os que desexen adourar ó único santo que a LNB recoñece : O San Xoan degolado....revolución LNB around the world!!

quarta-feira, setembro 23, 2009

O ABERTO DO BONITO SITÚA VARIOS AFROPALANDAORES NAS AXENDAS DAS FRANQUICIAS DO NORLESTE!!


O Final da costeira marcou o máis internacional dos Abertos realizados nas terras da Conf. Norleste, un marco espectacular xusto no corazón salgado da vila de Burela acolleu a un poderoso exercito internacional de palanadores que fixo saltar todas as alarmas da autoriades portuarias e de terra sobre o alcance que pode chegar a ter o inicio de tempada nista conferencia iste vindeiro domingo na parroquia Barreirense de Vilamartín Pequeno. Tele-varal estivo en Burela para amosar as roldas finais entre Hugo, Eric e Daniel dun aberto que sumou case medio cento de palanador@s e que rematou co peixe en mans dun prolífico Daniel que coma a formiga traballou a reo no verán paracontar con reservas davondas nista tempada que comeza. Mención especial ó irmáns do Buril que exercerón de maiorets magníficas na entrega de premios e na espectacular organización dun torneo xa referencial xa nistas poderosas terras do norte , demostrando así o seu total e firme compromiso coa revolución billardeira polo que de seguro non será moi complicado voltar a atopalos armados ate os dentes nun dos nosos campos de batalla.

Olla o Foto-Varal completo diste Aberto Afrogalego de Burela , antesala do arrinque da tempada en Vilamartín Pequeno iste domingo ó carón da Capela do San Xoan Degolado. E MOITA ATENCIÓN TRIBO DO NOROESTE: porque confírmase definitivamente o domingo 4 de outubro ás 16:30 e a Praza da Sardiñeira ( detrás do pavillón) coma fechas e pista definitiva do arrinque da Superliga na Conferencia NorOeste . Seguiremos informando pero se queredes información segundo a segundo ademáis do seu web oficial son a primeira conferencia LNB con espazo propio no Feisbuc , buscaos e faite inimigo do imperialismo para seguir os estalos do seu poderoso muro!!

quinta-feira, setembro 17, 2009

PROHIBIDO REDES , ISTE DOMIGO EN BURELA A LNB SÓ ADMITE O CURRICÁN!!


O gran batuxo da LNB xa se prepara para abandoar as augas do río da Pontenova , para iste domingo preparar o curricán co que captuar un espectacular Bonito do Norte en Burela, avisamos que coma o acoso que están a sufrir os mariñeiros galegos nas costas de Somalia é posíbel que os palanadores e palanadoras sufran o acoso dos piratas pro-horario peninsular , para elo a LNB xa contratou os servicios dun comando Para-Billardeiro dispostos a defender ate a última gota de vinagre o exitazo total da pesca do Bonito nas augas bravas da pista de basket do parque Rosalía de Castro.


O CURRICÁN HORARIO DOS IRMAOS DE BURIL MARCARÁ O INICO DA PESCA SALVAXE!!



Os Para-Billardeiros do Buril
, responsábeis da seguridade do Aberto que se prevé maís multicultural de cantos se teñen desputado no NorLeste , van saír do seu zulo dispostos a apoiar unha revolución billardeira que sincroniza os reloxos en horario NH e que pide a urxente segregación europea do concello de burela para pasar formar parte do continente africano.

E se eres o campión ou campiona do Aberto do Bonito e che apetece reservar o trofeo para un intre especial , non te preocupes, iste sábado , segundo nos informa dende a Conferencia Central , Cocky da Ponte, facendo equilibrios subido na súa cucaña , poderedes asistir nise paraíso dos pementos chamado Herbón, a un espectacular curso de conserva de productos ecolóxicos que realizan os compañeiros da asociación sementar . A actividade terá un custo de 6 euros para aquelas persoas que sexan maiores de idade e non pertenzan ao colectivo. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico sementar@gmail.com ou no teléfono 617.260.670. A xornada é a segunda do curso de agricultura e gandería ecolóxicas que Sementar puxo en marcha o 29 de novembro cunha actividade de iniciación a compostaxe, a que asistiron preto de 30 persoas. Xa o sabedes, iste domingo bota a caña , que akí non se perde nada!!

quarta-feira, setembro 16, 2009

FART@ DA NACIONALIDADE QUE SINALA O TEU DNI? REVÉLATE E FAITE CIDADÁN DA REPÚBLICA BILLARDA NO FEISBUC!!


Nacíanche os dentes dende que sentiche o mítico estalo de Radio-Varal no que se anunciaba a irrupción brutal do proxecto sonoro da LNB no fesibuc , coa dirección do comandante Randeeira nista selva dixital rosa , verde, laranxa que é o facebuc arrinca ista aventura encamiñada a desembocar en edición do Libro-Disco República Billarda , faite republican@ billardeir@ e sigue a actualidade de xeito activo colaborando enviándonos os teus estalos sonoros ou literarios con prazo aberto ate o 15 de decembro.

Pero non é ista a única nova que toca índa que sexa tanxencilamente o Feisbuc e a LNB xa que se prepara a estación de probas de Radio-Varal Live emisións en directo coa actualidade da LNB bañadas con sesións de música non comercial para aplacar as túas noites de insomnio e carraxe.

terça-feira, setembro 15, 2009

BILLARDA 3MILLÓNS: UNHA REVOLUCIÓN A MILES DE METROS DE ALTITUDE!!


Con Evo de visita no estado español a LNB destapa iste espectacular video-estalo instalado no web oficial dos indíxenas de Soutipower gravado fai unhas semanas no Aberto de Soutipedre por un equipo de enviados especiais de Tele-Varal , encabezados polo comandante Toño Randeeira. A maldita uefa prohibíu desputar partidos de futbol en La Paz por motivos de altitude, en solidaridde co pobo Boliviano a LNB berra dende os picos galegos futbol nunca máis en Bolivia nen en ningún lado , billarda deporte indíxena ó nivel do mar e nos altiplanos!!


E se extremecedor son as verbas de Luis, unha faria pegada a un home pegada , e de Cristian, afectado pola baixura das terras de Soutipedre , prepárate para alucinar coa espectacular colección de fotos do Aberto de Redondela que xa podes visitar íntegra no Foto-Varal.


E atención porque os servicios informativos de TELE-VARAL traballa a reo para en breves intres destapar o video-estalo dista primeira xornada de Superliga en Redondela. Atentos á xogada!!

SINCRONIZAMOS OS RELOXOS POLA HORA GALEGA E TOD@S A BURELA A POLO BONITO DE BURIL!!


Coa Superliga xa en marcha na Conf. Sur o resto dos frontes billardeiros quentan motores para arrincar coa desbordante potencia da tribo do hemisferio Sur . Unha das enganchadas que promete ser histórica é a que se prepara para iste domingo na Conf.NorLeste con Burela coma grande teatro de operación da alianza Buril-LNB que vai rachar moldes e fronteiras incluso entre continentes e contidos. Afiade as billarda e sincronizade os reloxos pola hora galega porque iste domingo vémonos en Burela cun espectacular Bonito do Norte agardando polo gañador ou gañadora do aberto....

O próximo domingo, 20 de setembro terá lugar o I 'Aberto do bonito' na pista desportiva do parque Rosalia de Castro. Teremos dous encontros de duas das nossas prácticas desportivas tradicionais que parecia que iam ficar para a história dos jogos populares, mas que ano após ano voltam com mais força e com vontade de ficar para sempre e ajudar-nos a escrever a nossa história futura: estamos a falar dos bolos celtas e da bilharda.

Queremos que @s noss@s velh@s, que lembram jogar e ver jogar a estes jogos em Burela quando meninh@s, voltem viver mais umha jornada de autêntico furor pataqueiro. Para isso contaremos com
a colaboraçom inestimável d@s amig@s boleir@s de Jove e polo pessoal bilhardeiro da Liga Nacional de Bilharda, liga que começava o passado fim-de-semana superando todas as epectativas previstas pola organizaçom.



Às 16h00 (15h00 hora galega) terá lugar o Aberto de bilharda e a seguir, por volta das 18h00 (17h00 hora galega) vibraremos com o Aberto de bolos celtas. Arranchade os vossos bolos, arranchade as vossas varas, porque @ ganhador/a levará o nosso mais prezado trofeu, sim, estamos a falar do autêntico bonito do norte! só apto de ser pescado polos marinheiros mais fortes, nessas 'mareas' onde os galegos vamos da mao dos irmaos crioulo-lusófonos de Cabo Verde, para dar caça ao grande túnido do norte coas nossas varas (vai ser que somos um país experto em varas).

Adiantamos que estamos prontos a fechar negociaçons para o grande encontro do ano do bilhardismo intercontinental: o Cabo Verde-Galiza. Estamos à espera de que a Federaçom cabo-verdiana autor
ice a sua equipa para o esperado jogo.

O nosso grande berro de guerra será: Avante a crioulo-lusofonia!



Para já, entoamos o hino nacional cabo-verdiano, o grande Cântico da Liberdade!

Canta, irmão
Canta, meu irmão
Que a liberdade é hino
E o homem a certeza.

segunda-feira, setembro 14, 2009

REDONDELA : 95 IALMAS DEIXAN Ó BORDE DO DESBORDAMENTO O INCIO DA SUPERLIGA!!


Extremecedoras novas chegan dende a Confererencia Sur donde o comezo da Superliga de billarda rachou todos os muros de contención que estaban previstos pola espectacular treboada de palanadores e palanadoras que non querían por nada quedar fóara da invasión billardeira na vila de Redondela. O perígo de desbordamento estivo presente en todo moemento mentras que os membros da LNB carrexaban sacos de area para conter a marea humana nas dúas pistas marcadas para o histórico estalo que fixo reflexionar na posibilidade de habilitar ate catro espazos simultaneos LNB en vindeiras enganchadas ante o volumen de palanadores presentes iste primeiro Aberto puntuábel para a Superliga de Billarda que xa ten os seus primeiros referentes no pico da clasificación: Chupi en individual, A Ghudalla do Morrazo en equipos , Pauliña dos 13-14 na táboa feminina e Xosé Miguel en Varados comandan as clasificacións nun aberto con record absoluto de inscripcións : 95 ialmas fan saltar as alarmas da intensidade brutal e do referente absoluto en participación e organización que xa é a conf. Sur para todo o resto de conferencias LNB. Mentrás agardas polo estalo de TELE-VARAL sumerxete no espectacular crónico e análise da primeira xornada guindado xa no web oficial da conf. sur.


E como o movimento se demostra andando no Norleste xa se preparan palán e anzó para en Burela atrapar a xoia do mar do Norte iste vindeiro domingo no Aberto do Bonito organizado en colaboiración co C.C Buril. Vai facendo boca co espectacular video-estalo do pasado B.M + Os Outros Vs Resto do Mundo.

quinta-feira, setembro 10, 2009

BILLARDA 3MILLÓNS...... UN PAÍS ENTEIRO EN CHAMAS [pasa o veleno e racha co cerco mediático]

Arrinca unha nova edición edición da Superliga e faino de xeito embravecido no contexto brutal da Foliada Galego-Catalá de Redondela , donde grupos de ambos países compartiran estalos despois que na pista de futbito ó carón do auditorio da Xunqueira, apartires das 16:30 do serán as pinchas da conferencia sur rachen o xéo dando comezo a loucura dunha nova tempada LNB que terá nada máis nen nada menos que catro frontes abertos. A LNB invade por primeira vez Redondela e faino nun festival de caracter internacionalista xusto a mesma filosofía de expansión e irmandade entre pobos que defende a revolución billardeira.

Redondela acende a mecha no palleiro billardeiro da Conf. Sur que se espallará por tódas restantes conferencias nunha nova edición da Superliga que intitulamos coma : BILLARDA 3MILLÓNS, somos 3 millóns e pico de galeg@s, deixamos o pico para os deportes minoritaios e agresivos co medio e centrámonos nos 3 millóns de galeg@s coa dignidade suficiente para participar dista revolución que prendeu nas raices dun país en marcha, para elo apresentamos o cartaz-axenda de arrinque de tempada coa imaxe da rá velenosa , o único ser da terra capaz de equipararse ó veleno billardeiro que impregna cada acción e movimento da LNB do cal xa naide está inmune. A revolución non será televisada, e a LNB tampouco… vas ter que estar alí!

terça-feira, setembro 08, 2009

SEM MEDO: LABAZADA COA BILHARDA E A BILHARDA CON LABAZADA!!


Coa man aberta está xa toda a LNB para dar unha monumental Labazada ó panorama deportivo galego iste sábado en Redondela donde comezarán as billardas a bruar ista nova edición da Superliga 09_10 e cos instrumentos preparados están xa os irmáns de Labazada apoiando a reo o proxecto República Billarda do cal eles son punta de lanza absoluta. Do seu exitazo coma finalista no apologhit diste ano donde compatiron rolda final cos tamén replicanos Fachenda Galega , ó seu inminiente novo Ep: Sem Medo. Sen sangue non hai poder e sen Labazada xa non hai billarda, aquí está a súa espectacular entrevista en Komunikando donde amosan o seu total compromiso con ista revolución que arrinca os chantos e que invadirá tamén os escenarios!!

Labazada coa Bilharda e com novo EP

O grupo kompostelá Labazada, infóma de que participa num recompilatório onde todos os que queiram podem participar, tráta-se da BSO da Bilharda , um projecto da LNB [Liga Nacional de Bilharda], ademais de Labazada, estám incluidos GalegoZ, Fachenda Galega, Zimmer103 e Mafia Gallega.

Por outra banda, Labazada comenta-nos que está já preparado o que será o seu novo EP, "Sem Medo", que incluirá 4 temas e foi grabado e mesturado nos estudos Mafia Record's do Carbalhino.

segunda-feira, setembro 07, 2009

SALVATERRA CONSTATA A ALIANZA DA LNB COA CULTURA RASTAFARI, FRAN 13-14 E HAILE SELASSIE!!


Fai uns anos O Varal foi creado para narrar minuto a minuto toda a intensidade brutal dunha revolución en marcha , xa o anunciabamos en Radio-Varal e co epectacular estalo chegado da Conf. Sur certificamos dúas cousas primordiais a día e hoxe: As billardas da LNB invaden o feisbuc cun planeta randeeira exercendo de referente absoluto cunha unha multitude de setélites xirando ó redor comunicando segundo a segundo a actualidade dunha revolución , a nosa , que arde imparábel , e a outra... foi a plasmación en Salvaterra da temíbel alianza LNB coa cultura rastafari. Niste espectacular video-estalo do II Aberto da Poesía podedes ver ó primeiro palanador rastafari da história da LNB , a mesma loita na mesma pista ollando cara Etiopía buscando ó emperador Haile Selassie.

O RESTO DO MUNDO REFREGA OS OLLOS DESPOIS DA PANADEIRA DO TAMDEM RIBADENSE!!


Bulen polo feisbuc coma o lume nunha palleira as maxistrais fotos tomadas nista nova e trepidante edición do partido B.M + Os Outros Vs Resto do Mundo , unha edición que pasará a história pola firme alianza do indixenismo astur-galego como mostra ista foto de Carlos Suari con Toño Randeeira e pola munumental vinganza do tamdem ribadense a un resto do mundo desestabilizado pola forza dos polos.

Aínda saboreando o exquisito Año cociñado e xantado na mítica Taberna de Lola de Remourelle os palanadores e palanadoras puideron facer a dixestión nunha magnícia tarde de fin de verán das que xa poucas se van poder desfrutar.

E cun aborixe bureles no combinado internacional do resto do Mundo como é Baño , sherpa absoluto da revolución nisas terras da patacas laranxa donde prende dun fío a confirmación dun espectacular Aberto en pleno centro da vila luguesa antes do comezo oficial da competición na conferencia mae noutro dos puntos máxicos do mapamundi billardeiro: Vilamartin Pequeno.

domingo, setembro 06, 2009

B.M. + OS OUTROS ARRASAN NO TORNEO DAS FESTAS PATRONAIS RIBADENSES Ó RESTO DO MUNDO!!

O tamdem billardeiros musicais - os outros vingáronse sen piedade das anteriores edicións do partido contra o resto do mundo. A temeridade da alineación dun potentísimo combinado ribadense fixo mella dende o principio na selección internacional na que os irmán do CNL de asturies chegaban con Pravia e Carlos Suari dispostos a facer a dixestion na pista dun año parroquial maxistralmente cociñado na taberna de lola e todo o seu equipo. Foron moitos os membros do resto do mundo que o tentaron incluso contra elementos da propia selección internacional empeñada en por sitematicamente a "zankadinha" a una revolución en brutal expansión en tódolos frontes. Do barrido incontestábel do tandem dos B.M-Os outros ó resto do mundo nada se pode dicer , do resto só salientar o lamentábel espetáculo dádo pola sección protaurina do combinado do resto do mundo do cal nada xa nada se poderá comentar fóra do burladeiro único espazo nas pistas da LNB ó cal eles mesmos se condearon.

sábado, setembro 05, 2009

"SITIO DISTINTO" E "A BILLARDA", AS DÚAS ÚNICAS XOIAS DE 24 ANOS DE TELE-LIXO NA GALEGA!!


Nun contexto , o actual , de desmantelamento da radio e televisión pública só podemos afirmar que dende o 1985 que a curta Mamá Asunción inaugurou as emisións da televisión galega .....só dous programas pasarán a história , Sitio Distinto e A Billarda. De pé no bidón vermello do Jalifa Reixa, podemos berrar orgullosos o exitazo acadado no II Aberto das festa da Poesía no que Fran palanador dos Trece-Catorce, foi quen se se fixo co viño que o acredita coma campión diste aberto que pese a estar situado en horario de mañá fixo que medio cento de palanadores e palandoras desafiaran as lagañas. Informacións contradictorias din que en horario de madrugada 00:38 é posíbel que iste domingo 6 se reemita o micro-espazo A Billarda , os que decidan desafiar o sono que vaian ó baño antes xa que os poucos, pero intensos minutos dista auténtica xoia do audiovisual galego poden irse polo retrete se non estás atento á xogada....estamos en guerra pero hai que refrexionar!!

quarta-feira, setembro 02, 2009

ISTA FIND O AÑO DO PARROQUIAL RESUCITA NOS PRATOS DA TABERNA DE LOLA EN REMOURELLE!!


Non hai coche que sen gasofa ande , polo que tampouco hai palanador que sen tragar funcione e máis no contexto tan brutal no que imos estar inmersos, coas catro conferencias preparándose para arrincar na máis esixentes e multitudinarias da edición de todas cantas Superligas galegas de billarda se teñen realizado. É por elo que iste domingo 6 de setembro, coincidindo ademáis coas festas patronais de Ribadeo na que se celebra a III edición do partido Billardeiros Musicais+ Os Outros Vs Resto do Mundo. Os campións da última edición do Año Negro , a selección parroquial de Vilamar, celebran o xantar de irmandade na Taberna de Lola de Remourelle no que se vai despachar o trofeo en forma de aña acadado na finalísima a tres fronte ós Furabolos e ós Billardeiros Musicais.

-RIBADEO: DOMINGO 6 DE SETEMBRO




13 h: Sesión Vermute do Año Negro

Sesión Vermute do Año no BAR NEVADA en Ribadeo , na rúa peatonal Ramón González ( moi preto da praza de abastos) , encontro das delegacións participantes no xantar que o desexen antes de tirar cara Remourelle.

14:00 h: Xantar do Año Negro na Taberna de Lola (Remourelle)

Haberá representación de tódalas delegacións participantes no parroquial tanto das equipas do NorLeste coma da Conferencia Central e dos irmáns do CNL de Asturies , prezo moi asequíbel polo que pregamos a tod@s aqueles que quiran asistir que confirmen o antes posíbel a súa asistencia para facilitar a laboura de Lola e do seu magnífico equipo de cociñeiros e camareir@s. Contacto Reserva: chankli_12@hotmail.com / 605.316896

16:3o h: Partido BM+ Os Outros Vs Resto do mundo

Durante o xantar se fará a inscripción para participar no combinado do resto do mundo que a partires das 16:30 horas se enfrontará na pista do IES Gamallo Fierros de ribadeo ó poderoso tamdem BM+ Os Outros.

-SALVATERRA
: SÁBADO 5 DE SETEMBRO:

Pero o domingo mentras uns brindan nas terras do Norte , outros membros da tribu nas terras do Sur estarán de resaca billardeira despois diste sábado 5 de setembro realizar a segunda edición do Aberto no festival da Poesía do Condado en Salvaterra , a organización premia cun lote de libros e viño ó campión diste aberto e para amortiguar os efectos iste explosivo coctel decidiron marcar a hora do inicio a unhas intempestivas 12 h. do mediodía....un simple quencemento de bonecas para o 12 de setembro facer retemblar Redondela no arrinque da Superliga na Conf. Sur

E como non hai quen se atreva a dar sedes oficias á LNB seguimos okupando bares xa que na Zona Estornela anuncian reunión de capitáns aberta a todo palanador que o desexe no Bar Puentes de Compostela para o 27 arrincar a tempada de Superliga tamén na Conf. Central....camareiro unha cunca que nos desidratamos con tanto lume [ descultas polos erros motivados polo fume entre os ollos]

terça-feira, setembro 01, 2009

CALVETE REAPARECE EXPLÉNDIDO NO ABERTO DAS TROITAS DE SANTALLA!!


Por encima de calquer análise e resultado dun espectacular Aberto das Troitas da Pontenova temos que situar o retorno á competición da gran estrela do universo billardeiro. Calvete , o único referente filosófico e ideolóxico para a LNB reapareceu expléndido en Santalla e fixoo cun rendemento espectacular chegando ate a final e confirmando a súa total posta a punto para seguir liderando o noso máxico proxecto de golpexos e suores...

Como sabedes todos , Calvete natural de Sigrás , foi o padriño de todas conferencencias LNB, na Zapateira exerceu a súa función outorgando entidade propia á tribu do NorOeste , naquel xa mítico torneo de Cervo deulle validez plena ós irmáns da Conf. Sur para comezar o seu tremendo fungar e como non podía ser menos, apresentamos en exclusiva mundial outra instantanea para a história. Calvete nos montes do Santalla exercendo de padriño e transmisor de forza e sabiduría para os compañeir@s da recén estreada Conf. Centro outorgando a súa poderosa bendición a un emocionado Xosé Antón coma representante da zona estornela....

A LNB voltou ó seu recuncho entre valados en Santalla , xusto no intre no que a Conf. NorLeste asina o contrato de visivilidade co xornal El Progreso para emitir os crónicos de cada asalto da nova tempada no suplemento A Mariña , de feito iste mesmo martes podedes ver un intenso artigo sobre o presente e futuro dun lume que arde xa baixo a terra imposíbel de aplacar.

Pero a Conf. NorLeste ten os ollos moito máis aló da mariña mais cando dende Lugo cidade son incesantes as adesións de palanadores coma foi o caso niste Aberto de Santalla de por exemplo Carlos que incluso expuxo a idea de facer do seu bar Diveca da Praza de Ferrol un campo base máis da revolución en pleno centro cidade das Murallas.

Markytos adestrando todo iste verán coas baquetas na intensa xira coa súa poderosa banda-folk CÁDABA demostrou, vencendo no concurso de Varados e quedando segundo no Aberto das Troitas , que está disposto a loitar de novo por facerse co trofeo de campión nacional.

E POR FIN.....HUGO CAMPIÓN!!

E nunha intensa final que necesitou desempate , Hugo desfíxose do seu propio maleficio nas finais e celebrouno bacinándose cun magnífico kilo de troitas que o acredita coma campión do Aberto das Troitas da Pontenova....seguide atentos porque ista brutal actividade revoluciona as troitas e tabeiróns das augas máis bravas!!